Actualidad

O programa Apego rematará o seu programa de actividades do primeiro semestre de 2026 co concerto “A Landra viaxeira e o amigo Lambón” do grupo Os Jalochos, que se vai desenvolver na Casa da Cultura do Milladoiro, o sábado 13 de xuño, ás 18:00 horas. As persoas interesadas en anotarse poden facelo enviando un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal desde hoxe e ata o venres 11 de xuño, no que se indique o nome da actividade, nome e apelidos das persoas asistentes, idade dos nenos/as e un número de teléfono de contacto. A programación do Apego para o primeiro semestre do 2026 pode consultarse premendo nesta ligazón.

O Concello de Ames, a través do departamento de Normalización Lingüística, presentou esta mañá a VII Festa do Apego, unha xornada aberta e chea de espectáculos, actividades e recursos lúdico-educativos para favorecer unha crianza positiva, creativa e en galego, que se celebrará o vindeiro sábado, 6 de xuño, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Un espazo de encontro para familias, e tamén para docentes e outras persoas interesadas, no que o apego polo noso é protagonista.

O proxecto Apego continúa o seu programa de actividades durante o mes de maio co espectáculo teatral “Tilintilonia”, que se vai desenvolver na Casa da Cultura do Milladoiro, o venres 29 de maio, ás 18:00 horas. As persoas interesadas en anotarse poden facelo enviando un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal desde hoxe e ata o xoves 28 de maio, no que se indique o nome da actividade, nome e apelidos das persoas asistentes, idade dos nenos/as e un número de teléfono de contacto. A programación do Apego para o primeiro semestre do 2026 pode consultarse premendo nesta ligazón.

A programación con Apego volve cunha nova actividade. O venres 8 de maio o grupo Golfiños trae a Ames o seu espectáculo “AIELÉ. De colo en colo, de canción en canción”, ás 18.00 horas na Casa da Cultura do Milladoiro. Este é un concerto participativo con cancións orixinais, inspiradas na tradición oral para crear un espazo cheo de xogo, música e emoción. O prazo de inscrición xa está aberto e rematará o xoves 7 de maio. Para poder participar, as persoas interesadas deberán enviar os seus datos persoais a normalizacion@concellodeames.gal. A entrada é de balde.

Desde a Concellaría de Normalización Lingüística lémbrase que está aberto o prazo para participar na XXIII edición do Certame Literario de Ames, no que todas as persoas que o desexen poden presentar os seus textos inéditos de temática libre escritos en lingua galega. O prazo de presentación está aberto ata o vindeiro día 30 de abril. Pódese consultar o resumo das bases do certame na seguinte ligazón e descargar a ficha de participación nesta outra ligazón. Así mesmo, tamén se pode consultar o folleto con toda a información desta edición do Certame Literario na seguinte ligazón.

A explanada do pavillón de deportes de Bertamiráns acolleu este venres, 17 de abril, o festival de música infantil, Modo Galego, actívao! onde se xuntaron centos de rapaces e rapazas xunto as súas familias, para cantar e bailar co grupo de música tradicional amesá As Mainas, e con dúas das bandas máis potentes do panorama da música infantil en galego: A Gramola Gominola e Uxía Lambona e a Banda Molona. Con esta gran festa pechouse a cuarta edición deste programa que está organizado polo Concello de Ames e a Real Academia Galega, en colaboración coa Xunta de Galicia.

O auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra acolleu esta mañá a gala de entrega de premios da novena edición do certame Enreguéifate, o proxecto promovido polos servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, Arzúa, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo para fomentar os xéneros de improvisación oral en verso en lingua galega. En representación do Concello de Ames asistiron a concelleira de Educación e Mocidade, Beatriz Martínez, e mailo persoal do Servizo de Normalización Lingüística, Rosa Moreiras e María Hernando.

A explanada do pavillón de deportes de Bertamiráns acollerá este venres, 17 de abril, ás 17.30 horas, o festival de música infantil, Modo Galego, actívao! Trátase dunha festa coa que se pechará a cuarta edición deste programa que está organizado polo Concello de Ames e a Real Academia Galega, en colaboración coa Xunta de Galicia. No dito festival actuarán o grupo de música tradicional amesá As Mainas, e dúas das bandas máis potentes do panorama da música infantil en galego: A Gramola Gominola e Uxía Lambona e a Banda Molona. Poderá asistir todo o alumnado dos centros de ensino de educación infantil e primaria participantes este ano no programa Modo Galego, xunto coas súas familias. Tamén poden recoller un convite no Servizo de Normalización Lingüística as familias que forman parte do Programa Apego. A apertura de portas será ás 17.00 horas.

A programación con Apego volve cunha nova actividade. O xoves 23 de abril festexarase o Día do Libro coa actividade Contos da Tribo, dirixida por Cris de Caldas, ás 18.00 horas na Casa da Cultura do Milladoiro. Esta sesión combinará conto contado, formación e música en directo, e está dirixida a crianzas e persoas adultas. O prazo de inscrición xa está aberto e rematará o mércores 22 de abril. Para poder participar, as persoas interesadas deberán enviar os seus datos persoais a normalizacion@concellodeames.gal. A entrada é de balde.

O departamento de Normalización Lingüística do Concello de Ames organizou este sábado 11 de abril, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns, un acto para presentar o libro antolóxico do XXII Certame Literario. A dito acto acudiron a maior parte dos gañadores e gañadoras do certame literario de 2025, así como varios representantes da Corporación municipal, entre os que se atopaban o alcalde e concelleiro de Normalización Lingüística. O acto estivo presentado pola xornalista amesá Paula Pérez Cantelar e amenizado polo dúo musical Xeito de dous.
- 1 de 43
- siguiente ›




