Solapas principales

Departamento de Cultura

    • Dirección: Casa da Cultura do Milladoiro. Travesia do Porto, s/n, O Milladoiro. 15895 Ames.
    • Teléfono:  662 37 74 44
    • Responsable municipal: Concejalía de Cultura
    • Responsable técnico: María José Vázquez Bermúdez, Técnica Animación Sociocultural
Otros Datos: 
  • Programación AmesON agosto 2020
  • Programación AmesOn fin de semá agosto 2020
  • Programación escolas culturais 2020-2021
  • Funciones:
    • Gestionar las actividades y eventos que desde el Departamento de Cultura se ponen en marcha, responsabilizándose de su adecuado desarrollo.
    • Informar y asesorar a los grupos y entidades culturales del ayuntamiento, así como al público en general, valorar las demandas de los ciudadanas e incentivar la participación
    • Gestionar los programas culturales que oferta la Diputación, Red Cultural, Xunta de Galicia, AGADIC y Cultura en el Camino. Solicitud,desarrollo, justificación.
    • Tramitar las ayudas económicas corresponsales al área de cultura, tanto las que se solicitan desde el Ayuntamiento, como las que se convocan desde la Concejalía de Educación y Cultura de apoyo las entidades culturales y comisiones de fiestas.
    • Coordinar y gestionar las Escuelas Culturales Municipales.

Noticias del departamento

Continúa a programación do ciclo “Música na noite”. Quedan tres concertos que se desenvolverán durante este mes de setembro. O primeiro celébrase este domingo, 6 de setembro, ás 20.00 horas, na praza da Maía, en Bertamiráns, a cargo de Havana Group. Este concerto é de balde e o aforo limitado para manter a distancia e as medidas de seguridade e hixiene que impón a loita contra a Covid-19. Esta iniciativa forma parte do programa AmesON, encadrado no Plan Reactiva Ames, co que o Concello pretende dinamizar os sectores cultural e comercial de Ames.

Este vindeiro martes, 22 de abril, poñerase o peche final a unha nova edición do programa Abril de Cine, unha iniciativa enmarcada dentro da programación deseñada polo departamento de Cultura do Concello de Ames e que nace coa finalidade de achegar o cinema galego á veciñanza. Desta volta, as protagonistas serán as curtametraxes, pois nesta última xornada do ciclo de cine proxectaranse catro curtas de temáticas diferentes mais con varios nexos en común. A sesión terá lugar ás 20.00 horas no auditorio do Milladoiro e contará coa presenza dos directores de cada unha das curtas. As entradas xa se poden adquirir a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames.

A vindeira semana continúa o ciclo Abril de Cine, unha iniciativa encadrada dentro da programación deseñada polo departamento de Cultura do Concello de Ames. O obxectivo deste proxecto é achegar o cinema clásico á veciñanza amesá. A terceira proxección será este martes, 16 de abril, co filme The Straigth Story (Unha historia verdadeira). O  martes 23 de abril poderase ver In the mood for love (Desexando amar). Todos os filmes serán proxectados en versión orixinal subtitulada no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro, ás 20:00 horas. Nas dúas proxeccións que quedan poder facer, haberá un coloquio en cada unha, nas que participarán o cineasta Alfonso Zarauza e a actriz e directora Jaione Camborda.

O Concello de Ames, a través do departamento de Cultura, impulsou unha programación cultural específica para a celebración da Santa Icía, que recolle actividades musicais e un espectáculo de danza. A primeira cita do programa será mañá na Casa da Cultura do Milladoiro, onde a Escola Municipal de Música de Ames ofrecerá un concerto ás 19:00 horas. O xoves 21, ás 20:30 horas, o músico Luis Fercán chegará coa súa xira “Postales perdidas” á Casa da Cultura de Bertamiráns.

O Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, acollerá este mércores, 26 de maio, ás 20:00 horas, a presentación de Un señor elegante, a última obra de Suso de Toro. Trátase dunha novela de aventuras publicada pola editorial Xerais. En dita presentación participarán o alcalde de Ames, Blas García, e maila concelleira de Cultura, Natividade González. Esta actividade enmárcase na programación das Letras Galegas e no ciclo de presentación de libros que organiza a Biblioteca municipal no Pazo da Peregrina.

O Concello de Ames e a Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) organizan para este sábado, 18 de febreiro, un desfile de Entroido, que se celebrará no Milladoiro. Dito desfile partirá ás 17:00 horas da Casa da Cultura e percorrerá diversas rúas ata finalizar na praza de Manuel Murguía. Ademais, contará con animación a cargo das Pompeiras e dos Dinos Bailongos. Poden formar parte del todas as persoas que o desexen, así como asociacións, comunidades, colexios... Os participantes entrarán nun concurso no que se repartirán 2.000 euros en premios. Os veciños/as interesados en anotarse poden facelo enviando os seus datos ao correo electrónico xuntanzaempresariosames@gmail.com ata a medianoite de mañá, 15 de febreiro. Así mesmo, todos os que desexen inscribirse o propio día do desfile poderán facelo, presencialmente, ata media hora antes de que dea comezo. Premendo nesta ligazón pódense consultar as bases do concurso.

Este sábado, 20 de xullo, a partir das 21:00 horas, terá lugar unha nova edición das “Noites en Vela” na Ponte Maceira. Trátase dun evento que une aos concellos de Ames e Negreira dende o ano 2016, e que só puido interromper a pandemia durante as edicións do 2020 e 2021. Este ano os encargados de amenizar a noite serán o coro “Son Elas”, que darán paso a “Lontreira” e estes a un espectáculo pirotécnico que finalizará a velada. O acceso ao evento é de balde.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, organizou para este sábado, 28 de decembro, ás 20:30 horas, o Encontro de Nadal de agrupacións de corais no que se darán cita varias corais do concello. Neste encontro actuarán a Coral Antonio Santomil de Bugallido, a Coral de Piñeiro e Ames, a Coral Lojo Batalla de Tapia e mailo Coro de Oca. Cada un destes grupos interpretará tres temas. Este concerto terá lugar no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Esta actividade está dirixida a todos os públicos. A entrada é de balde ata completar aforo.

Durante esta fin de semana continúa  a programación de actividades de Nadal. Nesta ocasión dende a Concellaría de Cultura organízase este sábado, 4 de xaneiro, ás 19.30 horas, un Encontro de agrupacións de música e baile tradicional, que se desenvolverá no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. O espectáculo está destinado a todos os públicos e a entrada é de balde ata completar o aforo.

O festival de Jazz celebrarase na noite deste sábado 4 de xullo, coas actuacións de Os Bregadiers e Manuel Gutierrez Trío. O primeiro dos grupos actuará ás 21.00 horas, mentres que o segundo está programado para as 22.30 horas. Este ano, como principal novidade, levarase a cabo un pasarrúas co grupo Os Bregadiers.

Eventos del departamento

O 18 de outubro, ás 20:30 horas, a Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá a representación da obra teatral "Go Home", da compañía Etiqueta Negra. Trátase dunha peza dirixida por Tito Asorey e protagonizada por David Amor e Josito Porto que observa o mundo cara a cara, así como as súas problemáticas asociadas a Galicia. As entradas poden adquirirse na Billeteira electrónica do Concello de Ames.

A obra de teatro "Sofía e as Postsocráticas", da compañía Inversa Teatro, representarase no Milladoiro ás 20.30 horas. 

O 29 de novembro, ás 20:30 horas, a Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá a representación da obra teatral "Testosterona", de Malasombra Produccións. Esta peza propón unha reflexión profunda sobre a desigualdade laboral por razóns de sexo, pero de xeito que o público se sorprenda cun sorriso debuxado nos beizos vendo as peripecias das personaxes protagonistas. As entradas poden adquirirse na Billeteira electrónica do Concello de Ames.

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle a estrea desta peza teatral de Teatro do Noroeste. Cunha duración de 90 minutos, está destinada a un público adulto. As entradas xa se encontran dispoñibles na billeteira electrónica do concello.

A programación teatral do segundo semestre de 2020 comeza este venres, 18 de setembro, da man de Producións Teatrais Excéntricas, que representará na Casa da Cultura de Bertamiráns, o espectáculo Medida x Medida de Shakespeare.

A obra de teatro do absurdo "O Montacargas", da compañía Ainé Producións, representarase en Bertamiráns ás 20.30 horas o vindeiro venres 23 de abril. A historia, adaptada por Evaristo Calvo, de 55 minutos, mestura o humor co horror. Aínda quedan entradas dispoñibles que se poden mercar as entradas na Billeteira electrónica. A entrada xeral ten un prezo de 4 euros, mentres que as entradas con prezo reducido custan 2 euros.

Obra de teatro pertencente á Mostra de Teatro Aficionado organizada polo Concello de Ames. Terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro, é de entrada gratuíta e está destinada a todos os públicos.

O Pazo da Peregrina acolle a VII edición do programa Ames Jazz os días 5 e 6 de xullo. A iniciativa engloba os concertos de María Toro Trío e de Kin García Quinteto, así como a proxección do documental “A film about kids and music: Sant Andreu Jazz Band” e o faladoiro “Dende Galicia para o Mundo”.

A asociación cultural Os Castros volve a organizar o seu tradicional xantar – foliada. Dende a asociación convidan aos socios/as e á veciñanza a participar nesta xornada festiva na que poderán bailar, tocar, cantar... e sobre todo pasalo ben. Aínda que está xornada está dirixida ás persoas que pertencen a esta entidade tamén está aberta todos aqueles veciños e veciñas que queiran participar.

A cita é o sábado, 25 de maio, ás 14.00 horas, no local de Trasmonte. Haberá sesión vermú con cantina desde as 13:00 horas e moita música. Para participar nesta xornada, haberá que mercar entrada entre o 6 e o 19 de maio.  O prezo das entradas é de 17 euros para menores de once anos, e de 35 euros para os adultos

Ás 17:00 horas haberá unha foliada na que actuará a escola de Os Castros, e a partir das 18:00 horas será foliada libre, na que poderán todos os grupos que o desexen, así como calquera persoa que saiba tocar un instrumento tradicional ou queira animarse a bailar

O Milladoiro acollerá un ano máis o festival Millarock, unha das citas máis esperadas na localidade amesá e que este ano chega á súa décimo cuarta edición. O evento, organizado polo departamento de Cultura do Concello de Ames en colaboración coa da Rede Cultural da Deputación da Coruña, ten como obxectivo promover o rock galego e impulsar a grupos emerxentes da contorna de Ames. Esta cita musical celebrarase o vindeiro 1 de agosto na Travesía do Porto, onde actuarán os grupos Ruxe Ruxe, Battosai e Ulex. Ademais, por segundo ano consecutivo, o persoal da escola de rock “A Casa do Rock” encargarase dos concertos didácticos e de impartir obradoiros musicais coa proposta “Merenda Rock”. Como novidade, nesta edición búscase achegar o rock a todos os públicos e ofreceranse servizos para que as persoas con discapacidade tamén poidan gozar do festival.