Solapas principales

Este sábado, 4 de xaneiro, celebrarase un Encontro de agrupacións de música e baile tradicional no Milladoiro

Viernes, 03 de enero de 2020

Durante esta fin de semana continúa  a programación de actividades de Nadal. Nesta ocasión dende a Concellaría de Cultura organízase este sábado, 4 de xaneiro, ás 19.30 horas, un Encontro de agrupacións de música e baile tradicional, que se desenvolverá no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. O espectáculo está destinado a todos os públicos e a entrada é de balde ata completar o aforo.

Este sábado, 4 de xaneiro, ás 19.30 horas, celebrarase no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro un Encontro de agrupacións de música e baile tradicional. O espectáculo está destinado a todos os públicos e a entrada é de balde ata completar o aforo.

No encontro participarán a Asociación Cultural Terras de Ames, a Asociación Cultural Follas Novas, a Asociación Cultural Os Catros, Airiños do Paseo de Colón e as Maianas. Cada unha das agrupacións deleitará aos asistentes con dúas pezas.

Finalmente, debido a unha indisposición dun dos/as integrantes da Asociación Cultural Os Retranqueiros, este grupo non poderá asistir a dito encontro.

Esta actividade súmase a celebrada o sábado 28 de decembro en Bertamiráns, onde houbo un Encontro de agrupación de corais do concello de Ames.

Concerto de Nadal

Multimedia

  • Concerto de Nadal