Solapas principales

Departamento de Cultura

    • Dirección: Casa da Cultura do Milladoiro. Travesia do Porto, s/n, O Milladoiro. 15895 Ames.
    • Teléfono:  662 37 74 44
    • Responsable municipal: Concejalía de Cultura
    • Responsable técnico: María José Vázquez Bermúdez, Técnica Animación Sociocultural
Otros Datos: 
  • Programación AmesON agosto 2020
  • Programación AmesOn fin de semá agosto 2020
  • Programación escolas culturais 2020-2021
  • Funciones:
    • Gestionar las actividades y eventos que desde el Departamento de Cultura se ponen en marcha, responsabilizándose de su adecuado desarrollo.
    • Informar y asesorar a los grupos y entidades culturales del ayuntamiento, así como al público en general, valorar las demandas de los ciudadanas e incentivar la participación
    • Gestionar los programas culturales que oferta la Diputación, Red Cultural, Xunta de Galicia, AGADIC y Cultura en el Camino. Solicitud,desarrollo, justificación.
    • Tramitar las ayudas económicas corresponsales al área de cultura, tanto las que se solicitan desde el Ayuntamiento, como las que se convocan desde la Concejalía de Educación y Cultura de apoyo las entidades culturales y comisiones de fiestas.
    • Coordinar y gestionar las Escuelas Culturales Municipales.

Noticias del departamento

Este xoves, 23 de outubro, comezou a vixésima edición do Festival Internacional de Maxia de Ames, que se vai a celebrar ata o domingo 26 de outubro. Este festival organizado polo Concello de Ames, en colaboración coa Deputación da Coruña, conta cun amplo programa de espectáculos e obradoiros para todos os públicos. O festival comezou co espectáculo “Imposible?!” do galego Mago Rafa, e co espectáculo “O Baúl da Maxia”, da caravana máxica da maga arxentina Lore Lavand, que estivo o xoves 23 na praza de Chavián, en Bertamiráns. A programación continua ao longo do venres, sábado e domingo. Aínda quedan algunhas entradas dispoñibles as dúas sesións da Gala Máxica Internacional, en Bertamiráns, e para os obradoiros de maxia, que poden adquirirse a través da Billeteira electrónica.

Este domingo bota a andar o programa musical O domingo á tarde, unha nova iniciativa da Concellería de Cultura. Trátase dun programa musical no que van participar artistas locais de Ames. Cada domingo, ás 20:00 horas, unha banda musical tocará en rigoroso directo en liña. Este domingo, 14 de marzo, estrearase o programa coa actuación de Javier Constenla e Pilar Martínez, cun repertorio selecto de clásicos do Jazz. O próximo domingo 21 de marzo, o espectáculo correrá a cargo do grupo de mozos Battosai, que veñen recentemente de ser premiados no Xuventude Crea. Rematarase o domingo 28 co grupo de pandereteiras As Maianas. Para ver ditas actuacións hai que acceder a esta canle de YouTube.

Este mércores, 7 de abril, comeza o programa Abril de cine, unha nova iniciativa posta en marcha pola Concellaría de Cultura. Dito programa ponse en marcha no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns coa proxección do filme Ons. Ademais, contarase coa presencia do director, Alfonso Zarauza, que participará nun faladoiro sobre o filme antes da súa proxección. Para ver esta película xa non quedan entradas dispoñibles. A seguinte sesión será o 14 de abril co filme A Illa das mentiras, na Casa da Cultura do Milladoiro. A terceira e última sesión realizarase o día 21 de abril, tamén na Casa da Cultura de Bertamiráns. Neste caso proxectarase o filme Trote. Todas as proxeccións serán ás 20.00 horas. A entrada é de balde e débese reservar o convite a través da billeteira electrónica do Concello de Ames. Este programa está patrocinado pola Deputación da Coruña.

O vindeiro martes, 12 de novembro, comeza unha nova edición do ciclo Cine de Outono, unha iniciativa encadrada dentro da programación deseñada polo departamento de Cultura do Concello de Ames. Ao longo do mes de novembro proxectáranse os filmes As Neves, +Cuñados e Os Espazos en Branco. Todas elas serán proxectadas no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro os martes 12, 19 e 26 de novembro ás 20.00 horas. Ao final das proxeccións haberá un pequeno coloquio sobre os filmes. As entradas xa se poden adquirir a través da Billeteira electrónica.

Por quinto ano consecutivo, os Seráns de Ames volven a traer diferentes actividades musicais, teatrais e de circo ás parroquias do rural amesán para todos os públicos. Desta volta, incorpórase por primeira vez como sede dentro do programa o lugar de Cruxeiras, pertencente á parroquia de Ames. Ademais, repiten como sedes Tapia e Biduído. O programa deste ano, que inclúe catro propostas, está organizado polos departamento de Bibliotecas, Cultura e Mocidade. Os Seráns desenvolveranse os xoves, 9 e 16 de xullo e os xoves 13 e 27 de agosto. O programa comeza este xoves, 9 de xullo, ás 19.00 horas, na praia fluvial de Tapia co espectáculo de novo circo Enredos de Avela Circo. Este espectáculo está subvencionado polo programa Cultura no Camiño da Xunta de Galicia.

Hoxe venres, 1 de agosto, darase inicio a dez días de festexos, troula e música en Ames. Por cuarto ano consecutivo, o programa “Ames en Festas”, encadea as festas da Madalena, do venres 1 ao martes 5 no Milladoiro, e as da Peregrina, do mércores 6 ao domingo 10 de agosto en Bertamiráns, formando un cartel conxunto dos dous principais núcleos poboacionais de Ames. Como va vén sendo habitual, o festival Millarock será o encargado de dar comezo ás festas. Hoxe, a partir das 19.00, no Anfiteatro, haberá obradoiros impartidos polo persoal da escola “A Casa do Rock”, mentres que a música comezará a partir das 22.00 horas na Travesía do Porto coas actuacións de Battosai, Ulex e Ruxe Ruxe. As festas do Milladoiro continuarán mañá co pregón inicial dos festexos, ás 22.30 por parte de integrantes da asociación Arcea-Adames, e, a partir das 23.00 horas comezará a música coa actuación da orquestra Os Satélites. 

O alumnado da Escola Municipal de Música amosa estes días o aprendido durante este curso a través dunha serie de audicións que se prolongarán durante todo o mes de abril. As audicións comezaron o xoves, día 8 co alumnado de canto. Debido as restricións sanitarias que marca a loita contra a COVID19, este curso as audicións realizaranse na propia escola e co único público dos/as estudantes de cada especialidade.

O próximo luns 10 de xaneiro darán comezo as reformas na Casa da Cultura de Bertamiráns, que mellorarán o seu alumeado, renovarán pavimentos e falsos teitos no primeiro andar e engadirán novos espazos ao carón do auditorio, que se empregarán para un almacén, unha zona de acceso ao escenario e unha sala de lactancia. O proxecto fora adxudicado no pasado mes de agosto e incluía actuacións nos dous centros socioculturais amesáns, cun orzamento de 96.800 euros sufragado con fondos do POS+ 2020 da Deputación da Coruña. Varios servizos veranse afectados polas obras, como a biblioteca, a sala de estudo e a Aula CeMIT, que pechan dende o luns, ou os departamentos de Medio Ambiente e Turismo, que traballarán de xeito telemático.

Por cuarto ano consecutivo, os “Seráns de Ames” volven a traer diferentes actividades musicais, teatrais e de circo ás parroquias do rural amesán para todos os públicos. Desta volta, incorpóranse por primeira vez como sedes dentro do programa Ortoño, Covas e Trasmonte. A iniciativa, organizada polo departamento de Bibliotecas coa colaboración das áreas de Mocidade, Cultura e Normalización Lingüística, trae un total de seis propostas en cinco parroquias do concello, que se desenvolverán os xoves dos meses de xullo e agosto, sempre a partir das 19.00 horas. Os seráns comezan este xoves, 3 de xullo, cun pregón a cargo de Inés Suárez, do grupo As Maianas, e co espectáculo de circo dirixido ao público infantil e familia, Ghop!, Teatro ao cubo. O espectáculo 'Ghop!, Teatro ao cubo' está subvencionado pola Xunta de Galicia dentro do programa Cultura no Camiño 2025.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, volve a programar un ano máis a Mostra de Teatro Afeccionado. Deste xeito, o auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acolle desde hoxe, día 5, e ata o 8 de decembro un total de catro representacións teatrais a cargo de compañías de Ames, Brión, Muxía e Santa Comba. Nas catro funcións encherase o auditorio, xa que reservaronse a maior parte dos convites. Aínda así quedan algúns convites dispoñibles, que se poden adquirir na Billeteira electrónica, ou o propio día do espectáculo, no caso de non esgotarse previamente. 

Eventos del departamento

A programación de artes escénicas do Concello de Ames para o primeiro semestre do ano 2026 conta con doce espectáculos de teatro, danza e circo, todos de compañías galegas. O Concello de Ames conta coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), para a realización da programación de artes escénicas do primeiro semestre do ano 2026. Pódese consultar o cartel completo na seguinte ligazón. As entradas están dispoñibles na Billeteira electrónica desde o 8 de xaneiro.

O sábado 10 de agosto, a comisión de festas da Peregrina organizou por segundo ano conscutivo unha romaría urbana no parque do Ameneiral. Comezará ás 13:30 horas cunha sesión vermú. Ao longo de toda a tarde haberá diversas actuacións musicais a cargo de Sr.Salvaje, Stormy Trucks, Michu da Rocha e V-Roc, así como inchables e unha festa da espuma para os máis pequenos.

Co gallo da celebración da Santa Icía, patroa dos músicos, do 20 ao 24 de novembro o concello encherase de música con distintas propostas. Durante a fin de semana, domingo 24, ás 19:00 horas, no auditorio de Bertmairáns. Nela actuará o violinista Anxo Gómez Piñeiro acompañado ao piano de Haruna Takebe.

Co gallo da celebración da Santa Icía, patroa dos músicos, do 20 ao 24 de novembro o concello encherase de música con distintas propostas. Durante a fin de semana, sábado 23 de novembro, ás 19:00 horas, a coral de Bugallido organiza un concerto no auditorio de Bertamiráns no que actuarán xunto co coro de Pais Conservatorio de Música de Maia e as pandereteiras da Costaneira.

Co gallo da celebración da Santa Icía, patroa dos músicos, do 20 ao 24 de novembro o concello encherase de música con distintas propostas. O venres 22 de novembro, representarase na Casa da Cultura do Milladoiro o espectáculo de tango “Azúcar, Pimienta y Sal”  no que o cantor de tango Héctor Rial actuará acompañado de cantantes, bailaríns e músicos referentes do mundo do tango. A proposta conta cun amplo repertorio no que se conxugan tangos, valses e milongas de onte, hoxe e sempre, ao que se suman bailaríns, abarcando así todas as expresións deste xénero musical.

Co gallo da celebración da Santa Icía, patroa dos músicos, do 20 ao 24 de novembro o concello encherase de música con distintas propostas. O xoves 21 de novembro, a Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá a actuación do músico Luis Fercán co seu espectáculo "Postales perdidas".

A programación de artes escénicas do Concello de Ames para o primeiro semestre do ano 2026 conta con doce espectáculos de teatro, danza e circo, todos de compañías galegas. O Concello de Ames conta coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), para a realización da programación de artes escénicas do primeiro semestre do ano 2026. Pódese consultar o cartel completo na seguinte ligazón. As entradas están dispoñibles na Billeteira electrónica desde o 8 de xaneiro.

O grupo de pandereteiras Maianas, en colaboración co Concello de Ames, organiza para este sábado, 21 de setembro, ás 21.00 horas, no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, unha Foliada aberta a todas as persoas que queiran acudir. No Serán da Maía actuarán Os Coribantes, Os Roncos (SR Calo), Os Santiaguiños de Boimorto e As Maianas. A entrada é de balde.

Por cuarto ano consecutivo, os “Seráns de Ames” volverán a traer diferentes actividades musicais, teatrais e de circo ás parroquias do rural amesán para todos os públicos. Desta volta, incorpóranse por primeira vez como sedes dentro do programa Ortoño, Covas e Transmonte. A iniciativa, organizada polo departamento de Bibliotecas coa colaboración do de Mocidade, Cultura e Normalización Lingüística, trae un total de seis propostas en cinco parroquias do concello que se desenvolverán os xoves dos meses de xullo e agosto, sempre a partir das 19.00 horas. 

Por cuarto ano consecutivo, os “Seráns de Ames” volverán a traer diferentes actividades musicais, teatrais e de circo ás parroquias do rural amesán para todos os públicos. Desta volta, incorpóranse por primeira vez como sedes dentro do programa Ortoño, Covas e Transmonte. A iniciativa, organizada polo departamento de Bibliotecas coa colaboración do de Mocidade, Cultura e Normalización Lingüística, trae un total de seis propostas en cinco parroquias do concello que se desenvolverán os xoves dos meses de xullo e agosto, sempre a partir das 19.00 horas.