Solapas principales

>Sen Lingua no Milladoiro

Domingo, 8 marzo, 2026
Ás 20.00 horas

A programación de artes escénicas do Concello de Ames para o primeiro semestre do ano 2026 conta con doce espectáculos de teatro, danza e circo, todos de compañías galegas. O Concello de Ames conta coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), para a realización da programación de artes escénicas do primeiro semestre do ano 2026. Pódese consultar o cartel completo na seguinte ligazón. As entradas están dispoñibles na Billeteira electrónica desde o 8 de xaneiro.

Serea Teatro achega o seu traballo “Sen Lingua” o 6 de marzo, ás 20.30 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. Na expectante sala dunha coach emocional, un matrimonio enfronta un desequilibro doloroso, unha danza desigual na que a presenza de Amador (o marido), fai invisible á súa parella Amanda.