Solapas principales

Departamento de Cultura

    • Dirección: Casa da Cultura do Milladoiro. Travesia do Porto, s/n, O Milladoiro. 15895 Ames.
    • Teléfono:  662 37 74 44
    • Responsable municipal: Concejalía de Cultura
    • Responsable técnico: María José Vázquez Bermúdez, Técnica Animación Sociocultural
Otros Datos: 
  • Programación AmesON agosto 2020
  • Programación AmesOn fin de semá agosto 2020
  • Programación escolas culturais 2020-2021
  • Funciones:
    • Gestionar las actividades y eventos que desde el Departamento de Cultura se ponen en marcha, responsabilizándose de su adecuado desarrollo.
    • Informar y asesorar a los grupos y entidades culturales del ayuntamiento, así como al público en general, valorar las demandas de los ciudadanas e incentivar la participación
    • Gestionar los programas culturales que oferta la Diputación, Red Cultural, Xunta de Galicia, AGADIC y Cultura en el Camino. Solicitud,desarrollo, justificación.
    • Tramitar las ayudas económicas corresponsales al área de cultura, tanto las que se solicitan desde el Ayuntamiento, como las que se convocan desde la Concejalía de Educación y Cultura de apoyo las entidades culturales y comisiones de fiestas.
    • Coordinar y gestionar las Escuelas Culturales Municipales.

Noticias del departamento

Desde este xoves, día 22, ata o domingo, día 25, as Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro acollerán a segunda edición do Ciclo de monólogos do Concello de Ames. Esta edición mestura figuras consolidadas do panorama humorístico galego xunto con artistas emerxentes e, ademais, conseguiuse un cartel paritario, no que actuarán o mesmo número de mulleres que de homes, poñendo así en valor á presenza feminina dentro do sector da comedia. Aínda quedan entradas dispoñibles para calquera das sesións, poden adquirirse a través da Billeteira electrónica. Na xornada do domingo contarase con intérpretes de lingua de signos.

Este domingo, 5 de xaneiro, celébrase a noite de Reis, unha das máis esperadas polos cativos e cativas. Por elo, as nenas e nenos amesás daranlle a benvida a Melchor, Gaspar e Baltasar cunha festa moi especial, que se desenvolverá nos pavillóns municipais do Milladoiro e Bertamiráns. Antes da súa chegada, os Reis Magos pasarán polas Oficinas municipais do Milladoiro e pola Casa do Concello de Bertamiráns para deixar a súa firma estampada no libro municipal de sinaturas. Posteriormente, dirixiranse aos pavillóns municipais do Milladoiro e Bertamiráns, ás 17:30 horas e ás 18:30 horas respectivamente. No recibimento aos Reis haberá chocolate con rosca para merendar.

Esta mañá presentouse no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro o XVII Festival internacional de Maxia de Ames, que se desenvolverá os días 21, 22 e 23 de outubro nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. Este festival organizado polo Concello de Ames, coa colaboración da Deputación da Coruña, conta cun programa repleto de espectáculos e obradoiros dirixidos a todos os públicos. Este ano como novidade inclúese na programación unha gala de novos talentos da maxia. Ademais, haberá unha gala máxica infantil, obradoiros de maxia e maila gala máxica internacional. As entradas e convites xa se poden adquirir na Billeteira electrónica.

Ames pechará a súa programación de Entroido de 2025 este venres, día 7, coa celebración do Entroido Amessan. Deste xeito, ponse fin a unhas xornadas que encheron as rúas do concello de música, baile, disfraces e moita diversión. O pasado domingo, día 2, Milladoiro acolleu o desfile e concurso de disfraces, no que participaron máis de 200 persoas entre todas as categorías. Por outra banda, este luns, día 3, celebrouse en Bertamiráns o concurso de disfraces infantil, no que participaron máis dun cento de rapaces e rapazas.

A Concellaría de Cultura de Ames retoma unha vez máis as proxeccións do Ciclo Mestre Mateo, desta volta co filme “Jacinto”, que foi nominado en once categorías nos XX Premios Mestre Mateo. A película conta a historia de Jacinto, un adulto con mentalidade infantil ao que lle cambia a vida a chegada de dúas novas veciñas á súa aldea. Trátase da última das proxeccións deste circuíto, e será o mércores 30 de novembro na Casa da Cultura de Bertamiráns, ás 20:00 horas. Os convites, de balde, xa se poden retirar na Billeteira electrónica do Concello de Ames.

O Concello de Ames reprogramou a actuación da orquestra Olympus para o venres 19 de setembro. Dita actuación, que se enmarca na programación do Ames en Festas 2025, estaba prevista para o martes 5 de agosto como peche das festas da Madalena, pero tivo que ser cancelada por motivos meteorolóxicos (fortes refachos de vento) ao non garantir a seguridade dos asistentes e do equipo da propia orquestra. Finalmente, a actuación da orquestra Olympus farase o 19 de setembro como festa de final de verán, no aparcadoiro do SuperCor, en horario de 21.00 a 00.00 horas.

O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acolleu esta mañá o acto de presentación dunha nova edición do ciclo de cinema Abril de Cine para este 2026, que dará comezo o vindeiro 9 de abril e que está enmarcada dentro da programación deseñada polo departamento de Cultura. Durante todo este mes proxectaranse tres películas de actualidade, todas elas os xoves, a partir das 20.00 horas, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro.  As entradas xa están dispoñibles na Billeteira Electrónica do Concello de Ames.

O festival de cinema infantil e xuvenil do Concello de Ames, que conta co apoio da Deputación da Coruña, abre a convocatoria de filmes a cineastas de calquera nacionalidade que deberán inscribir os seus traballos antes do 4 de setembro. O certame internacional destinado a público infantil e xuvenil celebrarase do 16 ao 19 de novembro nas Casas da Cultura de Bertamiráns e O Milladoiro. A inscrición de curtametraxes está aberta a realizadoras e realizadores de todo o mundo. Nesta sexta edición a programación xirará arredor das familias, facendo fincapé na súa diversidade e amosando familias de todo tipo e varias partes do mundo.

O festival de cinema infantil e xuvenil do Concello de Ames, que conta coa colaboración da Deputación da Coruña, abre a convocatoria para que cineastas de calquera nacionalidade poidan participar cos seus filmes. A inscrición estará aberta ata o 26 de agosto. A sétima edición do certame celebrara do 14 ao 17 de novembro nas Casas da Cultura de Bertamiráns e O Milladoiro. Este ano, a programación xirará arredor do poder educativo e de cambio social que ten o cinema na sociedade. As bases de participación pódense consultar premendo nesta ligazón.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, volve a programar a Mostra de Teatro Afeccionado. Deste xeito, o auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro e mailo local social de Bugallido acollerán, os días 4, 5, 6, 7 e 8 de decembro, cinco representacións teatrais a cargo de compañías de Ames, Teo, Brión, Outes e Ribeira. Os convites poden adquirirse na Billeteira electrónica. No caso de haber convites dispoñibles, tamén se poden coller o propio día do espectáculo. Para ver a obra A Visita en Bugallido a entrada é libre ata completar aforo, non é preciso sacar convites na Billeteira como para as outras representacións teatrais que son no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro.

Eventos del departamento

O espectáculo de danza “Pink Unicorns”, da compañía La Macana, representarase na Casa da Cultura do Milladoiro este venres, 3 0de abril, ás 20.30 horas. Dirixido a un público adulto, mostra as marabillas da relación entre pai e fillo e da pericia de cada un. Aínda quedan entradas dispoñibles que se poden mercar as entradas na Billeteira electrónica. A entrada xeral ten un prezo de 5 euros, mentres que as entradas con prezo reducido custan 2,5 euros. Esta obra está dentro do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames.

Este venres, 15 de novembro, celebrase un espectáculo tangueiro, musical, poético e lunfardesco, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns, a partir das 21.30 horas. Baixo o título de Cando Lorca coñeceu a Gardel, do tango aos poemas galegos, actuarán no escenario Rocío Freijanes como cantante, Daniel Rilo recitando e Nadia Rilo a cargo do espectáculo de danza.

O programa DiversidArte dedicado á inclusión e á diversidade fai parada este venres 23 de xullo na Praza de Chavián, en Bertamiráns. O espectáculo, que intenta visibilizar as capacidades das persoas en risco de exclusión social, dará comezo ás 19:30 coa actuación do guitarrista inclusivo Robert Pier e continuará cun espectáculo de danza integrada. A entrada é de balde.

Este espectáculo infantil, dirixido a nenos e nenas de ata 3 anos, ten como protagonista o folk tradicional. "Almanaque musical", da compañía Percubebés, estarás ás 18.00 horas no Milladoiro ensinando os meses do ano a través da música.

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle co 16 ao 31 de outubro a exposición “25 anos mirando ao ceo” organizada polo Club de astronomía Vega, de Santiago de Compostela. Dita exposición conta coa colaboración do Concello de Ames.

O vestíbulo de exposicións da Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá a partir de mañá, 15 de marzo, unha selección de acuarelas baixo o título “Do Ameneiral ao Rego dos Pasos”. Trátase da primeira exposición da docente e pintora Eva Garea, composta por diversas acuarelas que recollen diversos enclaves de Bertamiráns, o núcleo urbano no que reside.

As terroríficas cabazas elaboradas polos nenos e nenas do CEP de Ventín estarán expostas dende o martes 31 de outubro, pola tarde, ata o venres 3 de novembro na Casa da Cultura do Milladoiro.

A sala de exposicións do Pazo da Peregrina, situado en Bertamiráns, acolle do 8 de novembro ao 4 de decembro, a exposición Lucet, unha mostra de pintura colectiva na que toman parte os seguintes artistas: Rosario Puente Vázquez, María José Puente Vázquez, Mari Carmen Valverde Navarro, Melania Gómez Barral, Julia San Martín del Barrio, Dolores Mato Gómez, Francisco Hervella Rodríguez e Ana Cancela Muras. Esta mostra tamén recolle fotografías de Salvador Galbán Dios.

A sala de exposicións do Pazo da Peregrina, situado en Bertamiráns, acolle do 8 de novembro ao 4 de decembro, a exposición Lucet, unha mostra de pintura colectiva na que toman parte os seguintes artistas: Rosario Puente Vázquez, María José Puente Vázquez, Mari Carmen Valverde Navarro, Melania Gómez Barral, Julia San Martín del Barrio, Dolores Mato Gómez, Francisco Hervella Rodríguez e Ana Cancela Muras. Esta mostra tamén recolle fotografías de Salvador Galbán Dios.

Este martes, 23 de marzo, ás 12.00 horas, inaugurarase a exposición "Don Gaiferos polos camiños cara Compostela" na Casa da Cultura do Milladoiro. Trátase dunha actividade organizada pola compañía compostelá Os monicreques de Kukas. Estará aberta para todos os públicos nun horario de 9.00 a 15.00 horas e de 16.00 a 22:00 horas.