Pestanas principais

Aberto o prazo para inscribirse no obradoiro “Música e Rosalía”

Xoves, 15 de febreiro de 2024

O programa Apego continúa o seu programa de actividades co obradoiro “Música e Rosalía”, de Leticia Falcón, que se vai desenvolver na Casa da Cultura do Milladoiro o xoves 22 de febreiro, ás 18:00 horas. Os/as interesados/as en anotarse poden facelo enviando un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal desde hoxe e ata o 21 de febreiro, no que se indiquen nome e apelidos das persoas asistentes, idade dos nenos/as e un número de teléfono de contacto. A programación do Apego para o primeiro semestre do 2024 pode consultarse premendo nesta ligazón.

Hoxe, 15 de febreiro, abre o prazo de inscrición para a actividade “Música e Rosalía”, un obradoiro de estimulación musical temperá para achegar as crianzas á música e á lingua a través dos textos de Rosalía de Castro. Deste xeito, as familias asistentes coñecerán novos e sinxelos métodos para integrar a música e a lingua nas súas actividades cotiás.

Este obradoiro realizarase na Casa da Cultura do Milladoiro o xoves 22 de febreiro, ás 18:00 horas. Está dirixido a familias con crianzas de 0 a 6 anos. É unha actividade de balde pero é preciso inscribirse canto antes.

As persoas interesadas en inscribirse só teñen que enviar un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal no que se indiquen nome e apelidos das persoas asistentes, teléfono de contacto e idade das crianzas que vaian participar. O prazo para anotarse está aberto dende hoxe ata o vindeiro 31 de xaneiro. As prazas asignaranse respectando a orde de recepción das solicitudes, e non se admitirán inscricións fóra de prazo.

No caso de esgotarse as prazas das 18:00 horas, está prevista unha segunda sesión.

O programa Apego, un vehículo de transmisión da lingua
O programa Apego é un proxecto colaborativo no que participan varios concellos, entre os que se inclúe Ames, e que vai dirixido ás familias que estean a esperar un bebé ou que teñan crianzas entre 0 e 6 anos. O seu obxectivo é promover, apoiar e normalizar o uso do galego na socialización da primeira infancia, empregando distintas actividades e recursos.

As familias interesadas en sumarse á iniciativa poden facelo poñéndose en contacto co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames, escribindo un correo a normalizacion@concellodeames.gal ou chamando ao número de teléfono 662 377 215. Así mesmo, tamén poden facelo cubrindo o formulario “Súmate ao apego”, que está dispoñible na páxina web do programa, apego.gal.

 Aberto o prazo para inscribirse no obradoiro “Música e Rosalía”

Multimedia

  •  Aberto o prazo para inscribirse no obradoiro “Música e Rosalía”