Pestanas principais

Departamento de Xuventude

    • Enderezo:
      • Luns, mércores e xoves na Casa do Concello. Praza do Concello, nº2 Bertamiráns. 15220 Ames
      • Martes e venres na Casa da Cultura de Milladoiro. Tavesía do Porto s/n Milladoiro. 15895 Ames
    • Teléfono: 616 08 32 29
    • Horario de atención ao público: 09:00 a 14:00 horas.
    • Responsable municipal:  Concellaría de Mocidade
    • Responsable técnico: Pilar Villaverde Cutrín, técnica de mocidade e información xuvenil.
Outros Datos: 
  • Funcións:
    • Orientar e asesorar á mocidade de Ames,  garantindo que toda a poboación xuvenil do concello teña acceso a unha información ampla, obxectiva e actualizada en relacion aos seus intereses e necesidades.
    • Organizar, xestionar e promover programas e actividades formativas no marco da educación non formal orientadas a facer efectivas a igualdade de oportunidades e o desenvolvemento integral da mocidade a nivel formativo, laboral, familiar, etc.
    • Abordar medidas de cara a mellorar a calidade de vida da poboación xuvenil en diferentes ámbitos como o lecer e tempo libre, saude, educación en valores (igualdade de  oportunidades, interculturalidade,  violencia  de xénero, discapacidade…).
    • Favorecer a participación activa da mocidade na vida social e comunitaria, a través da dinamización de grupos informais e asociacións xuvenis.
    • Dar resposta a cantas dúbidas ou inquedanzas xurdan na mocidade apoiando e dando forma ás súas propostas e iniciativas en calquera ámbito de actuación do seu interese (cultural, formativo, ocio,...).
  • Novas relacionadas
  • Axenda.
  • Normativa
    • Lei 6/2012, de 19 de xuño, de xuventude de Galicia (DOG nº 139 do 20 de xullo de 2012).
    • Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das administracións públicas
    • Lei 7/2007 do Estatuto básico do empregado público
    • Lei 2/2015 da función pública de Galicia
    • Lei 7/1985 das bases do réxime local

 

Novas do departamento

As estritas medidas de seguridade que impón a pandemia do coranavirus  non impiden aos mozos e as mozas de Ames gozar dos campamentos que a  Concellaría de Mocidade organiza este verán. Grupos reducidos, máscaras,  respecto da distancia de seguridade e das normas de hixiene e  actividades por quendas son algúns dos cambios que a nova situación  impón nos campamentos de verán. 30 rapazas e rapaces amesáns viven esta  semana a experiencia en Mougás, no municipio de Oia. Actividades  acuáticas, rutas sendeirismo, visitas ao Grove, a Baiona e as Illas Cíes  son algunhas das actividades que realizarán até o domingo que volven a  Ames. Está previsto que o luns 13 parta outro grupo, neste caso de mozos  e mozas de 1º e 2º da ESO. O destino: o cámping de "O Terrón", en Vilanova de Arousa.

A Concellaría de Mocidade, en colaboración con EUROPE DIRECT Coruña e a Asociación Ingalicia, punto de información da Rede Europea Eurodesk, desenvolverá este martes 31 de maio a acción informativa “Somos Moitos Tour: Xuventude 2030”. O alumnado de 1º de Bacharelato do IES do Milladoiro poderá achegarse de 16:00 a 18:30 horas a catro carpas con diferentes actividades relacionadas co emprego, a formación ou o voluntariado, que se instalarán nos propios exteriores do centro educativo.

A Concellería de Mocidade presenta o concerto da banda Pauliña que se celebrará o vindeiro venres, 12 de marzo, ás 19.30 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. O grupo presentará o seu último traballo, A Malfalada, onde mesturan rock, folk country e blues. Por mor das restricións hixiénico-sanitarias, haberá límite de aforo e asignarase unha butaca, ben individual ou por agrupamento familiar, de forma automática na billeteira electrónica. Poderanse reservar como máximo 4 convites por persoa. Pódense reservar os convites na billeteira electrónica do Concello de Ames.

O Concello de Ames, a través do seu departamento de Xuventude, organiza unha nova edición do curso de monitor de tempo libre. As clases, impartidas pola ETL Aventeira Escola, terán lugar no Pazo da Peregrina de Bertamiráns e desenvolveranse ao longo dos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril durante as fins de semana, en horario de 9:00 a 14:00 e de 15:30 a 20:30 horas. Cun prezo de 172 euros, este curso está dirixido a mozos/as maiores de 18 anos que sexan técnicos auxiliares en formación profesional ou que conten co graduado en educación secundaria ou equivalente. Ofértanse un total de 25 prazas que se cubrirán por orde de inscrición. Pódense consultar as bases da convocatoria e o calendario de clases premendo nesta ligazón. O formulario de inscrición pódese descargar premendo aquí.

A Concellaría de Xuventude organiza para o mes de novembro unha nova actividade para a mocidade amesá e para persoas en xeral con perfís profesionais educativos. Desta volta, organiza un curso de formación en igualdade para perfís educativos denominado Lentes Violetas, que se vai desenvolver o 22 de novembro, de 10.00 a 12.00 horas, no Pazo da Peregrina. Trátase dunha actividade que é de balde, pero para participar hai que inscribirse. Para elo hai que enviar ata o 16 de novembro o impreso de inscrición ao enderezo xuventude@concellodeames.gal.

O Concello de Ames, a través do departamento de Xuventude, organiza unha nova edición do curso de monitores de tempo libre. As clases, que se impartirán no Pazo da Peregrina e na Casa da Cultura de Bertamiráns, desenvolveranse ao longo dos meses de marzo, abril e maio, durante as fins de semana e os días festivos, e en horario de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas. O curso, que ten un prezo de 172 euros, está dirixido a mozos/as maiores de 18 anos que conten co graduado en educación secundaria ou equivalente, ou ben que sexan técnicos auxiliares en formación profesional. Ofértanse 25 prazas, que se irán cubrindo por rigorosa orde de inscrición. As bases ao completo e o calendario de clases pódense consultar premendo nesta ligazón. A ficha de inscrición pódese descargar premendo aquí. 

A concelleira de Mocidade, Escarlata Pampín, mantivo unha xuntanza cos/as usuarios/as que empregan o local de ensaio da Factoría, co obxectivo de escoitar as súas proposta no referente a mellorar o servizo e máis este local que se emprega para o ensaio musical. Na actualidade, hai 13 grupos que están facendo uso destas instalacións. Os estilos musicais dos grupos que están usando estas instalacións son variados xa que van dende a música tradicional, o pop rock, o blues, o swing/jazz, etc. A través deste servizo trátase de contribuír a impulsar e fomentar a creación musical. No mes de xullo abrirase o prazo para a renovación do servizo.

Esta mañá o salón de plenos da Casa do Concello acolleu a presentación do novo Club Xuvenil de Ames, unha iniciativa impulsada pola Concellería de Mocidade. Neste grupo poderán participar ata 30 mozos e mozas de entre 13 e 18 do Concello de Ames, e as actividades que se leven a cabo estarán coordinadas por dous monitores da empresa Aquelando SL, coworkers do espazo colaborativo A Proa. As actividades estenderanse de marzo a decembro, facendo un parón durante o verán nos meses de xullo e agosto.

A Concellaría de Xuventude do Concello de Ames propón neste mes de maio unha nova actividade enmarcada dentro do programa Trouleando que conxuga natureza, deporte e diversión: unha xornada no Ecoparque Multiaventura de Marín. Será o sábado 27, e ofrecerase servizo de autobús dende Bertamiráns e O Milladoiro. Os mozos e mozas interesados en participar deben anotarse enviando a ficha de inscrición cuberta ao enderezo electrónico xuventude@concellodeames.gal entre os días 10 e 14 de maio. As prazas son limitadas e asignaranse por orde de chegada dos correos.

A Oficina Municipal de Información Xuvenil de Ames (OMIX) organiza para o vindeiro sábado 5 de outubro, un novo curso de dinamización de eventos infantís. O curso, que estará orientado ao desenvolvemento de actividades de entretemento, desenvolverase na Casa da Cultura de Bertamiráns, en horario de 10:00h a 14:00h e de 15:30 a 19:30h. Para participar deste curso é preciso anotarse, enviando a ficha de inscrición cuberta xunto cunha fotocopia do DNI ao enderezo de correo electrónico omix@concellodeames.gal. O curso está dirixido a mozas e mozos maiores de 18 anos. O prazo de inscrición permanecerá aberto entre o 25 de setembro e o 2 de outubro. Ao remate desta nova poderás obter o impreso de inscrición.

Eventos del departamento

Celébrase no prazo da Peregrina entre as 16:00 e as 20:00
Os obradoiros están dirixidos a persoas mozas dende os 14 anos, e conta con prazas limitadas.
Para inscribirse débese enviar a ficha de inscrición cuberta.
O prazo para inscribirse está aberto desde o 13 de outubro.
Hai que facelo a través do enderezo electrónico  con.sentido@agasex.org

A segunda xornada dos Seráns de Ames desenvolverase o xoves 14 de xullo no campo da festa de Bugallido, coa actuación musical do grupo La Nasa, ás 21:00 horas.

O sábado 9 de xullo realizarase, no campo da festa de Biduído, unha nova edición do SolporSon de Ames. A festa arrancará ás 18:30 cunha Holi Party, trátase dun espectáculo participativo no que lanzarán 150 quilos de po de cores ao ritmo marcado polos DJ´s Dumore e Enter. Despois da festa tomará o relevo Boyanka Kostava, considerados os pioneiros do trap en galego. Para asistir haberá servizo de buses dende O Milladoiro e Bertamiráns tanto para acudir como para volver á Holi Party e ao concerto.

A Concellaría de Xuventude do Concello de Ames propón neste mes de maio unha nova actividade enmarcada dentro do programa Trouleando que conxuga natureza, deporte e diversión: unha xornada no Ecoparque Multiaventura de Marín. Nel, os participantes poderán gozar de circuítos suspendidos nas árbores con máis de 70 xogos, salvando obstáculos como lianas, tirolinas, rocódromos, redes, pontes de mono, troncos, táboas... para demostrar a súa habilidade e destreza en altura. A actividade desenvolverase o sábado 27, e ofrecerase servizo de autobús dende Bertamiráns e O Milladoiro. Os mozos e mozas interesados en participar deben anotarse enviando a ficha de inscrición cuberta ao enderezo electrónico xuventude@concellodeames.gal entre os días 10 e 14 de maio. As prazas son limitadas e asignaranse por orde de chegada dos correos.

A Concellaría de Mocidade ten programada para o venres 29 de outubro unha nova actividade do programa Trouleando, que está dirixida aos/ás mozos/as de Ames. Neste caso, organizouse unha xornada de Nova Jump. O prazo para inscribirse nesta actividade estará aberto do 15 ao 21 de outubro.

A Concellaría de Mocidade propón neste mes de maio unha xornada de “hidrospeed” no río Ulla, unha actividade que consiste en descender por augas a bordo dunha táboa acuática flotante coa propulsión dunhas aletas. Será o próximo sábado 21 de maio, nas proximidades de Padrón, con dúas quendas de mañá e tarde dende Bertamiráns e o Milladoiro. As persoas interesadas poden inscribirse enviando esta ficha de inscrición cumprimentada ao enderezo electrónico omix@concellodeames.gal, entre o martes 10 e o venres 13 de maio. As prazas asignaranse por orde de chegada e están abertas á mocidade a partir dos 12 anos (nada no 2009).

A Concellaría de Xuventude de Ames organiza para o 22 de xuño, a través do programa Trouleando, unha xornada no Aquapark de Cerceda, un parque acuático cunha ampla e variada gama de atraccións nas que pasar unha xornada de ocio con aquatubos, piscina de ondas, roaller coaster, tobogán de donuts, kamikaze, etc. As persoas interesadas poden anotarse entre os días 8 e 14 de xuño (ambos incluídos). As prazas para participar son limitadas e asignaranse por orde de chegada. 

A Concellaría de Mocidade, a través do programa Trouleando, propón para o martes, 28 de xuño, unha refrescante xornada no aquapark de Cerceda. As persoas interesadas poden inscribirse enviando esta ficha de inscrición cumprimentada ao enderezo electrónico omix@concellodeames.gal, entre o 15 e o 18 de xuño. As prazas asignaranse por orde de chegada e están abertas á mocidade a partir dos 12 anos (nada no 2009).

Tras un breve descanso no verán, a Concellaría de Mocidade propón neste mes de outubro unha nova actividade do programa Trouleando, desta volta cunha saída a Vedra, onde se xogará a laser tag e se realizará un pequeno tramo en caiac polo río Ulla. Será na mañá do sábado 22 de outubro, con servizo de autobús dende Bertamiráns e o Milladoiro. As persoas interesadas poden inscribirse enviando esta ficha de inscrición cumprimentada ao enderezo electrónico omix@concellodeames.gal, entre o martes 11 e o venres 14 de outubro. As prazas asignaranse por orde de chegada e están abertas á mocidade a partir dos 12 anos (nada no 2009).

A Concellaría de Xuventude do Concello de Ames organiza para este mes de novembro unha nova actividade do programa Trouleando. Nesta ocasión proponse unha saída a un centro de ocio escape room para desfrutar de dous xogos cheos de retos. Será o sábado 26 de novembro, e haberá servizo de autobús dende Bertamiráns e O Milladoiro. Os interesados en participar poden inscribirse enviando un correo ao enderezo electrónico omix@concellodeames.gal adxuntando a seguinte ficha de inscrición debidamente cumprimentada entre o 14 e o 17 de novembro. As prazas para participar son limitadas, e asignaranse por orde de chegada.