Pestanas principais

> Trouleando: escape room

Sábado, 26 novembro, 2022
A partir das 10:00 horas

A Concellaría de Xuventude do Concello de Ames organiza para este mes de novembro unha nova actividade do programa Trouleando. Nesta ocasión proponse unha saída a un centro de ocio escape room para desfrutar de dous xogos cheos de retos. Será o sábado 26 de novembro, e haberá servizo de autobús dende Bertamiráns e O Milladoiro. Os interesados en participar poden inscribirse enviando un correo ao enderezo electrónico omix@concellodeames.gal adxuntando a seguinte ficha de inscrición debidamente cumprimentada entre o 14 e o 17 de novembro. As prazas para participar son limitadas, e asignaranse por orde de chegada. 

Organízanse dúas quendas: unha con saída de bus dende o Pazo da Peregrina (Bertamiráns) ás 10:00 horas, e con regreso ao mesmo punto ás 12:30 horas; e outra con saída de bus dende a Casa da Cultura do Milladoiro ás 11:40 horas e regreso ás 14:15 horas.