Pestanas principais

> SolporSon 2022: Holi Party e Boyanka Kostova

Sábado, 9 xullo, 2022
ás 18:30 horas

O sábado 9 de xullo realizarase, no campo da festa de Biduído, unha nova edición do SolporSon de Ames. A festa arrancará ás 18:30 cunha Holi Party, trátase dun espectáculo participativo no que lanzarán 150 quilos de po de cores ao ritmo marcado polos DJ´s Dumore e Enter. Despois da festa tomará o relevo Boyanka Kostava, considerados os pioneiros do trap en galego. Para asistir haberá servizo de buses dende O Milladoiro e Bertamiráns tanto para acudir como para volver á Holi Party e ao concerto.

A festa dará comezo ás 18:30 cunha Holi Party. Ao longo de tres horas haberá tiradas programadas de pos de cores para que a mocidade desfrute saltando, bailando e manchándose uns aos outros. O espectáculo de cores completarase coa sesión de dous dos DJ´s máis aclamados do panorama nacional Dumore e Enter.

Ás 22:30 chega a quenda da música en directo co concerto de Boyanka Kostova. Cibrán García e Chicho son considerados os pioneiros do trap en galego, coas súas cancións encherán a parroquia de Biduído dos seus ritmos urbanos e das súas letras cheas de retranca galega.

Para asistir ao festival haberá servizo de buses dende o Milladoiro e Bertamiráns co obxectivo de que a mocidade poida acudir e volver á Holi Party e ao concerto sen necesidade de utilizar vehículo propio.

Multimedia