O domingo 9 de xullo, volve a Ames unha das festas gastronómicas de maior tradición no concello, coa celebración da décimo sétima edición da Festa do chourizo ao viño, acompañada da X degustación da orella de porco cocida. A xornada, organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao Viño, conta co apoio do Concello de Ames a través da Concellaría de Cultura, que achegará a Ortoño ao grupo folk De Vacas co seu programa “Música nas parroquias”, que inclúe numerosas actuacións de agrupacións tradicionais e grupos musicais.