Pestanas principais

> XVII FestiMax: Gala máxica infantil

Venres, 21 outubro, 2022
ás 17:00 horas

A programación do XVII Festival internacional de Maxia de Ames “FestiMax”, está composta por catro grandes espectáculos que se van a realizar os días 21, 22 e 23 de outubro nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. As actividades comezan o venres 21 de outubro, ás 17:00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns coa Gala máxica infantil. O mago inglés Cliff The Magician presentará o espectáculo Magical Mistery Tour. Este mago é especialista en realizar espectáculos para os máis cativos e cativas. Conta cunha longa traxectoria levando a súa maxia a diferentes teatros e centros educativos de diferentes países. As entradas para o espectáculo xa están dispoñibles na Billeteira electrónica do Concello de Ames.

O XVII Festival internacional de Maxia de Ames, organizado polo Concello de Ames coa colaboración da Deputación da Coruña, conta cun programa repleto de espectáculos e obradoiros dirixidos a todos os públicos. Este ano como novidade inclúese na programación unha gala de novos talentos da maxia. Ademais, haberá unha gala máxica infantil, obradoiros de maxia e maila gala máxica internacional. Preme nesta ligazón para descargar o programa do festival de maxia.