Pestanas principais

Agrón celebra esta fin de semana as súas festas na honra de San Andrés e a Virxe do Rosario

Venres, 06 de outubro de 2023

A parroquia de Agrón celebra este sábado 7 e domingo 8 de outubro as festividades na honra de San Andrés e a Virxe do Rosario. Durante a fin de semana haberá misas e procesións, así como verbenas e sesións vermú. Neste senso, o Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, colaboran coas festas a través do programa “Música nas parroquias”, coa actuación da banda municipal de Brión. Haberá carpa, servizo de cantina no campo da festa e aparcadoiro gratuíto.

A parroquia de San Lourenzo de Agrón celebra este sábado 7 e domingo 8 de outubro as festas na honra de San Andrés e da Virxe do Rosario. As celebracións están organizadas pola Asociación Cultural e a Comisión de festas de San Lourenzo de Agrón, e contan coa colaboración do Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura.

A primeira xornada de festa, o sábado 7, comezará con pasarrúas polas aldeas da parroquia a partir das 9.30 horas a cargo da charanga Os Celtas. Posteriormente, ás 13:00 horas haberá unha misa solemne na honra de San Andrés. A continuación haberá sesión vermú, a cargo da charanga Os Celtas e do grupo Mar de Arousa. Pola noite haberá verbena co grupo Mar de Arousa e a disco móbil Chocolate.

Xa no domingo 8, o día comezará ás 13:00 horas, de novo cunha misa solemne na honra da Virxe do Rosario. Deseguido, e como parte do programa “Música nas parroquias” da Concellaría de Cultura, haberá sesión vermú a cargo da banda municipal de Brión e do Trío Rubí. Tralo xantar, ás 18.00 horas, haberá sesión de tarde a cargo do Trío Rubí.

Servizo de polbeira
Ademais, o domingo 8 contarase con servizo de polbeira no campo da festa. O menú inclúe empanada, polbo, churrasco, pan, postre, viño, refrescos, café e chupitos. O prezo do menú para as persoas adultas é de 35 euros, mentres que os nenos e nenas de 5 a 10 anos pagan 15 euros por menú. As persoas que queiran adquirir os tíckets de xeito anticipado, pódeno facer contactando cos integrantes da comisión de festas.

Cartaz das festas de Agrón

Multimedia

  • Cartaz das festas de Agrón