Pestanas principais

Departamento de Cultura

    • Enderezo: Casa da Cultura do Milladoiro. Travesia do Porto, s/n, O Milladoiro. 15895 Ames.
    • Teléfono:  662 37 74 44
    • Responsable municipal: Concellaría de Cultura
    • Responsable técnico: María José Vázquez Bermúdez, Técnica de Animación Sociocultural.
Outros Datos: 
  • Funciones:
    • Xestionar as actividades e eventos que desde o Departamento de Cultura se poñen en marcha, responsabilizándose do seu adecuado desenvolvemento.
    • Informar e asesorar aos grupos e entidades culturais do concello, así como ao público en xeral, valorar as demandas dos cidadás e incentivar a participación.
    • Xestionar os programas culturais que oferta a Deputación, Rede Cultural, Xunta de Galicia, AGADIC e Cultura no Camiño. Solicitude,desenvolvemento, xustificación.
    • Tramitar as axudas económicas correspondentes á área de cultura, tanto as que se solicitan desde o Concello, coma as que se convocan desde a Concellaría de Educación e Cultura de apoio as entidades culturais e comisións de festas.
    • Coordinar e xestionar as Escolas Culturais Municipais.

Novas do departamento

Dende este luns 5 de setembro volve estar aberto o prazo para novas inscricións na Escola Municipal de Teatro de Ames, co fin de que aquelas persoas que o desexen poidan formalizar a súa inscrición e ocupar os 29 ocos que restan nos diferentes grupos. Para inscribirse, cómpre cubrir o impreso normalizado e presentalo na Sede electrónica. Tamén se poderá presentar no Rexistro presencial nas oficinas de Bertamiráns e do Milladoiro solicitando cita previa. Para dispor de máis información pódese consultar o trámite ao completo na web municipal. As clases comezan o martes 20 en Bertamiráns e o mércores 21 no Milladoiro.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, abre este venres, 5 de xullo, o prazo para novas inscricións na Escola Municipal de Teatro de Ames. Os/as interesados/as en obter praza deben cubrir o impreso normalizado e presentalo no Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Ames ou na Sede electrónica do Concello. Tamén se pode presentar no Rexistro presencial nas oficinas de Bertamiráns e do Milladoiro. Para dispor de máis información pódese consultar o folleto informativo da Escola Municipal de Teatro de Ames.

“Monstros, lobos e outros” é o título dos contacontos que o Programa de Animación á Lectura artellou para o mes de outubro. Logo do éxito acadado no Milladoiro nas primeiras sesións, abre o prazo agora para inscribirse nas sesións que terán lugar os días 19, 20 e 21 ás 17:30 na biblioteca de Bertamiráns. A actividade está dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos. Para inscribirse hai que chamar ao teléfono 981 88 48 29 ou enviar un correo electrónico a biblioteca@concellodeames.gal. Desde mesmo xeito poden inscribirse os rapaces e rapazas de 3º a 6º de primaria no obradoiro “Aloute Macchine” que dará a coñecer dun xeito lúdico e práctico os segredos da imprenta e que se desenvolverá o sábado, día 23 de outubro na biblioteca de Bertamiráns ás 11:00 e o venres, 29, ás 17:30 na do Milladoiro.

A Xunta de Goberno Local do xoves 17 de marzo vén de aprobar a licitación da organización e o desenvolvemento das dúas próximas edicións do Festival Internacional de Cine Infantil de Ames, o Cinema Miúdo. O contrato, que inclúe todas as fases da produción do evento, conta cun orzamento base de licitación de 59.870 euros, a repartir entre as anualidades 2022 e 2023. As empresas interesadas poden presentar xa as súas propostas ata o 5 de abril de 2022.

A Escola Municipal de Música de Ames, dependente da Concellería de Cultura, abre un prazo de inscrición extraordinario con motivo do inicio do curso 2019/2020. Desta maneira preténdese dar outra oportunidade aos interesados en inscribirse nalgunha das materias con prazas libres:  Música e Movemento con 5 prazas, Frauta con 1, Violín con 6 e Guitarra con 4. O período está dispoñible ata cubrir prazas.

A programación teatral do segundo semestre de 2020 muda de día a obra “Vida de Cans” por mor das restricións para loitar contra a COVID19 que entraron en vigor onte. A nova data anunciarase a través da web do Concello e das súas redes sociais. Non obstante, a obra de teatro infantil, Lambetadas, representarase como estaba previsto, o venres 16 de outubro. O primeiro pase será ás 17.00 horas e, as 18.30, o segundo.

O Concello de Ames ten preparado un amplo abano de actividades para o fin de semana de Entroido, que comezan hoxe venres 9 e rematan o martes 12 de febreiro. O concurso e desfile de Entroido, programado para este domingo 11 de febreiro, adíase ao domingo 25 de febreiro por causas meteorolóxicas. Porén, mantéñense o resto de actividades: Entroido do programa Amessan, festival da EMMA, festa de Entroido do sábado 10, festa e concurso infantil de disfraces e festa dos maiores.

A Xunta de Goberno Local adxudicou a realización das obras de reparación e mellora das Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro á empresa Área Proyección, Construcción e Servicios S.L.U. Este contrato ten un orzamento de 96.800 euros e está sufragado con cargo ao POS+ 2020.

A Xunta de Goberno Local celebrada o pasado 14 de outubro aprobou a adxudicación do proxecto de instalación, modernización e xestión sostible das infraestruturas das artes escénicas no auditorio da Casa da Cultura de Milladoiro. Dito proxecto está cofinanciado con axudas da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) para a concesión de subvencións á modernización e xestión sostible das infraestruturas das artes escénicas e musicais, ao amparo dos fondos de NextGenerationEU e mecanismos de recuperación e resiliencia do regulamento (Unión Europea), número 2041/241, convocados para o ano 2022.

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a adxudicación do proxecto de reparación e mellora da Casa da Cultura de Bertamiráns. A actuación, sufragada polo plan POS 2021 da Deputación da Coruña, foi adxudicada á empresa Citanias Obras y Servicios SLU por un importe de 161.856,34 euros, IVE incluído. As obras incluirán a renovación da cuberta, os aseos, os falsos teitos, o alumeado e a cafetería, así como a instalación de climatización e de novos estores.

Eventos del departamento

A compañía Talía Teatro achega a Ames, o venres 27 de xaneiro, unha nova obra dentro da programación de Ames Cultural para o primeiro semestre de 2023. A representación terá lugar no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns, ás 20:30 horas. A duración aproximada é de 85 minutos. As entradas xa se poden adquirir a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames

A compañía Ghazafelhos Teatro achega a Ames a representación de "Ninja", que terá lugar no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns o venres 3 de marzo, ás 18:00 horas. Trátase dunha obra lúdica e pedagóxica que aborda o acoso escolar a través de reflexións sobre o respecto, o apoio mutuo e a diversidade. As entradas poden adquirirse na Billeteira electrónica do Concello de Ames. 

A Escola Municipal de Teatro de Ames presenta o 8 de xuño a obra “Non podo máis!”, na Casa da Cultura do Milladoiro. Trátase dunha comedia irreverente sobre os aspectos da vida que conseguen descolocarnos e sacarnos dos nosos cabais. Será a partir das 20:30 horas. O día 18 de xuño, ás 18:00 horas, haberá un novo pase na Casa da Cultura de Bertamiráns. Os convites, que son de balde, pódense retirar xa na Billeteira electrónica do Concello de Ames.

A Escola Municipal de Teatro de Ames representa o 18 de xuño a obra “Non podo máis!”, na Casa da Cultura de Bertamiráns, ás 18:30 horas. Trátase dunha comedia irreverente sobre os aspectos da vida que conseguen descolocarnos e sacarnos dos nosos cabais. Será a partir das 20:30 horas. O día 8 de xuño, ás 20:30 horas, haberá un novo pase na Casa da Cultura de Bertamiráns. Os convites, que son de balde, pódense retirar xa na Billeteira electrónica do Concello de Ames.

Para pechar o mes de xaneiro da programación de artes escénicas de Ames da primeira metade de 2022, o venres 28 de xaneiro, ás 20:30 horas, a compañía Redrum Teatro leva á Casa da Cultura de Bertamiráns “O mozo da última fila”. Trátase dunha comedia que se centra en Claudio, un estudante de dezasete anos que non soporta as clases, e en Xermán, o seu profesor de Lingua e Literatura, co que empeza a compartir relatos a raíz dunha redacción sobre unha fin de semana. As entradas poden adquirirse xa a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames.

A compañía Producións Teatrais Excéntricas achega a Ames a obra “O porco de pé”, unha representación da clásica novela de Vicente Risco. A adaptación da sátira, orixinalmente baseada nos anos vinte do século XX, mostrará un relato de corrupción política, amor e personaxes grotescos e caricaturescos. Será o próximo venres 30 de setembro, ás 20:30 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. As entradas poden adquirirse xa na Billeteira electrónica.

A compañía ButacaZero chega a Ames con "Papagena", unha ópera electrónica baseada na figura do personaxe de "La flauta mágica", de Wolfgang Amadeus Mozart. Trátase dunha produción para analizar e reescribir a Papageno dende unha perspectiva actual e baseada nun dos maiores procesos de progreso político e social dos últimos tempos: a loita contra o sexismo. Os piares da peza son a soprano Esperanza Mara, o barítono Jacobo Rubianes Castelo e o propio compositor da obra, Iago Hermo. As entradas xa se poden adquirir na Billeteira electrónica do Concello de Ames. 

A derradeira obra da programación cultural de artes escénicas do primeiro semestre de 2022 será “Reino da Extinción”, da compañía Amorodio Teatro. “Reino da Extinción” é unha comedia que conta a historia de catro persoas galegas de diferentes etapas históricas, que son forzadas a convivir nun Alén moi distinto do que imaxinaban, poñendo a proba as ideas do público sobre que é ser galego, vivir en Galicia ou falar a nosa lingua. A representación terá lugar o venres 6 de maio, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. As entradas poden adquirirse xa a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames.

A compañía Ibuprofeno Teatro protagoniza unha nova proposta de artes escénicas en Ames neste outono, coa obra “Smoke on the water”. O espectáculo, que combina teatro con música en directo, conta unha historia de amor tinguida de sexo, drogas, e o rock and roll dos anos 70. Será o próximo venres 14 de outubro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. As entradas poden adquirirse xa a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames.

"Apaga o candil", un espectáculo coproducido polo festival FIOT e por Contraproducións, chega ao auditorio do Milladoiro o 20 de outubro, ás 20:30 horas. Nesta obra, o dramaturgo Cándido Pazó achega ao público unha figura clave da tradición popular: Carlos “O Xestal”, un contador, músico e activista. A representación está financiada pola Deputación da Coruña.