Pestanas principais

> Teatro: "Papagena"

Venres, 10 marzo, 2023
Ás 20:30 horas

A compañía ButacaZero chega a Ames con "Papagena", unha ópera electrónica baseada na figura do personaxe de "La flauta mágica", de Wolfgang Amadeus Mozart. Trátase dunha produción para analizar e reescribir a Papageno dende unha perspectiva actual e baseada nun dos maiores procesos de progreso político e social dos últimos tempos: a loita contra o sexismo. Os piares da peza son a soprano Esperanza Mara, o barítono Jacobo Rubianes Castelo e o propio compositor da obra, Iago Hermo. As entradas xa se poden adquirir na Billeteira electrónica do Concello de Ames. 

Papageno é un paxaro que acompaña a Tamino, o protagonista da peza, nas súas venturas polo mundo. Leva consigo sempre unha gaiola na que encerra os paxaros que caza, e sempre está a falar dos seus desexos de amor. Ao final da peza emparella con Papagena, pero nada sabemos do porvir da parella. Deste xeito, Iago Hermo pon o foco no futuro: que tipo de vida lle espera a unha muller que emparella cun Papagueno? Rematará vivindo nesa gaiola que porta ao lombo?