- Dirección: Praza do Concello, nº 2, Bertamiráns.
- Teléfono: 981 88 30 02
- Horario de atención al público:
- De lunes a viernes, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
- Responsable municipal: Concejalía de Promoción Económica
Solapas principales
Departamento de Promoción Económica y Empleo
Servicios y programas
Noticias del departamento
Os voluntarios de Protección Civil do Concello de Ames colaboran coa recollida de produtos hixiénicos de primeira necesidade para os afectados pola erupción do volcán Cumbre Vieja organizada pola Asociación Nacional de Protección Civil. A recollida vaise realizar o xoves 21 e o venres 22 no Milladoiro e en Bertamiráns. Ademais, onte pola tarde o alcalde de Ames, a concelleira de Promoción Económica, voluntarios de Protección Civil e representantes de XEA mantiveron unha videoconferencia co Presidente da Agrupación de Protección Civil de Santa Cruz de La Palma para establecer as necesidades da agrupación e manter unha canle de axuda activa.
O Roteiro Maker, unha furgoneta que organiza obradoiros itinerantes gratuítos relacionados coa ciencia e a tecnoloxía, visitará os colexios de Agro do Muíño, A Maía, Barouta e Ventín entre os días 20, 21, 22 e 23 de febreiro para conmemorar o Día da Muller e a Nena na Ciencia. O salón de Plenos da Casa do Concello acolleu esta mañá a presentación desta iniciativa coa que o Concello de Ames busca dar a coñecer a figura das mulleres en diversas áreas científicas. A empresa Mirabelle Comunicación Audiovisual elaborará un vídeo sobre esta iniciativa que servirá para difundir o Roteiro Maker na Red Innpulso.
O departamento de Promoción Económica e Emprego do Concello de Ames informa sobre os datos que vén de publicar o Servizo Público de Emprego Estatal. Segundo as estadísticas que manexa o SEPE durante o pasado mes de marzo baixo o paro en Ames en 82 persoas. No pasado mes de febreiro o número de desempregados/as era de 2.095, polo que despois de descender o paro en 82 persoas, na actualidade hai 1.983 persoas (808 homes e 1.175 mulleres) desempregadas no concello de Ames. O sector servizos, con 1.558 persoas desempregadas, é o máis castigado, seguido do sector da construción. Dende o Concello de Ames desenvólvense programas integrados e obradoiros duais de emprego, compartidos co Concello de Brión, e que contan con financiamento da Consellería de Emprego e Igualdade, co obxectivo de insertar no mercado laboral a aquelas persoas que participan nestes programas.
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica e Innovación, elaborou un vídeo resumen da presentación feita na sede central de Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN), por parte do alumnado de cuarto de primaria do CEIP de Barouta, sobre a aplicación da tecnoloxía e a intelixencia artificial no sector gandeiro. Esta iniciativa, que desenvolveron entre todos como traballo de aula, busca facilitar o traballo dos gandeiros e gandeiras ofrecendo información meteorolóxica en tempo real que lles permita mellorar o rendemento das explotacións. Durante a presentación o alumnado estivo acompañado de persoal do centro de ensino, así como do alcalde de Ames e das concelleiras de Promoción Económica e Educación. O obxectivo é dar a coñecer esta iniciativa na Red Innpulso.
Esta mañá a directora xeral de Formación e Colocación da Xunta de Galicia, Zeltia Lado, achegouse ata a Casa do Concello, onde foi recibida polo alcalde de Ames, Blas García, e por unha ampla representación do Goberno municipal e do grupo municipal popular. Alí o axente de desenvolvemento local explicoulle a proposta presentada á Consellería de Emprego e Igualdade para poñer en marcha un centro para o impulso e o despregue das enerxías renovables e a eficiencia enerxética. De seguido, visitaron a UAF, a Unidade de Acción Formativa que a Xunta de Galicia ten en Ames, onde se pretende crear o devandito centro de enerxías renovables de Ames. A visita rematou no Centro de Formación de Emprego do Concello de Ames, onde a directora xeral coñeceu o traballo que están a realizar os 20 alumnos do obradoiro dual de emprego en enerxías renovables Renova IV.
Este venres 26 de novembro celébrase o Black Friday ou venres negro. Este día inaugura dende hai uns anos a temporada de compras de Nadal e converteuse nunha das datas de maior facturación para moitos negocios. A Unión de Consumidores de Galicia, que acaba de asinar un convenio de colaboración coa Concellaría de Promoción Económica, quixo aproveitar a ocasión para publicar un decálogo para mercar a través de internet e outro para utilizar a banca electrónica de xeito seguro. Entre os consellos atopamos cousas tan sinxelas como mercar en páxinas oficiais, non deixar gravados os datos da tarxeta bancaria ou fuxir dos prezos demasiado baixos.
O alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, e mailo axente de desenvolvemento local do Concello de Ames, Jorge Couñago, mantiveron o pasado 23 de febreiro unha xuntanza coa presidenta da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, María País Fajín, e coa técnica desta entidade, Rosa Mary Cardeso Trillo. Tratouse dunha xuntanza de traballo na que se estableceu unha primeira toma de contacto entre ambas entidades para estudar a posible sinatura dun convenio de colaboración.
Este venres, 14 de outubro, o Concello de Ames e maila empresa amesá do sector da tecnoloxía, Tecalis, que ten a súa sede no parque empresarial do Milladoiro, van a participar en Valencia na sexta edición de Innpulso Emprende, o evento máis representativo da Rede Innpulso, que ten como obxectivo principal facilitar o encontro entre responsables municipais e o tecido emprendedor, á vez que se premian as iniciativas máis innovadoras dos distintos municipios. Acudirán o alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, o director xeral de Tecalis, Isidoro Martínez, e maila directora de asuntos corporativos e gobernanza, Berta Caro.
Esta mañá o alcalde de Ames, Blas García, e mailo director xeral de Tecalis, Isidoro Martínez, presentaron o proxecto Tecalis Avatar Identity Technology na sexta edición de Innpulso Emprende que se celebrou en Valencia. Trátase do evento máis representativo da Rede Innpulso, que ten como obxectivo principal facilitar o encontro entre responsables municipais e o tecido emprendedor, á vez que se premian as iniciativas máis innovadoras dos distintos municipios. Tamén acudiron ao evento a concelleira de Promoción Económica do Concello de Ames, Ana Belén Paz; e maila directora de asuntos corporativos e gobernanza de Tecalis, Berta Caro. Dito evento contou coa participación de 53 cidades pertencentes á Rede Innpulso. De Galicia acudiron os Concellos de Ames e da Coruña.
O Salón de Plenos do Concello de Ames acolleu onte a entrega de premios da terceira edición do concurso de fotografía Enfoca Ames.
- ‹ anterior
- 28 de 48
- siguiente ›
Trámites del departamento
Eventos del departamento
Música e moito humor. O actor, guionista, humorista e veciño de Ames, Pepo Suevos, a cantante Fátima Pego e o músico Josep Ruíz, compoñentes da orquestra "Panorama", soben xuntos ao escenario para amosarnos “Fase Festa”, unha especie de verbena en pequeno formato, adaptada aos tempos que nos toca vivir.
- ‹ anterior
- 12 de 12