- Dirección: Praza do Concello, nº 2, Bertamiráns.
- Teléfono: 981 88 30 02


- Horario de atención al público:
- De lunes a viernes, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
- Responsable municipal: Concejalía de Promoción Económica
Solapas principales
Departamento de Promoción Económica y Empleo
Servicios y programas
Noticias del departamento
Todas as prazas cubertas e lista de garda, os obradoiros de Nadal, promovidos pola concellaría de Promoción Económica, reuniron a un total de 352 persoas. Por outra banda, o programa “Concilia co comercio no Nadal” cubriu 423 horas e propiciou, segundo os recibos de compra entregados, preto de 200 compras no comercio local. Nas actividades estiveron implicadas directamente seis empresas do Concello de Ames.
As Concellarías de Promoción Económica e de Educación e Mocidade organizaron a terceira edición das xornadas “Volta ao cole co comercio”, unha iniciativa que ten como obxectivo dinamizar o comercio e a hostalaría local coincidindo co inicio do curso lectivo. Esta iniciativa contou coa colaboración de Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) e co patrocinio da empresa de telecomunicacións Evoa Redes SL. A primeira xornada realizouse o pasado mércores, 4 de setembro, na área verde próxima á Travesía do Porto, no Milladoiro, mentres que a segunda xornada celebrouse este pasado venres, 13 de setembro, en Bertamiráns, no parque do Ameneiral. Estímase que máis de 4.000 persoas participaron nestas xornadas. Nesta edición superouse amplamente a asistencia de 2023 que foi de 2.500 persoas.
O local da asociación Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) acolleu este pasado xoves, 5 de febreiro, o sorteo dos catro premios incluídos na sétima edición da campaña de promoción do comercio local “Ilumina o teu sorriso”. No certame participaron un total de 53 persoas, superando a participación de edicións anteriores. As persoas premiadas foron María Hernando, José Luis Noya e Belén Pita, que recibirán tres vales de 250, 150 e 100 euros, para gastar en comercios amesáns adheridos a XEA. Ademais, este ano súmase a novidade do Premio Especial XEA, dotado de de 300 euros para gastar en Recunchos, que foi para Vanesa Davó Ortuño.
A Concellaría de Promoción Económica, en colaboración coas Concellerías de Mocidade e Benestar Social, e coa Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), desenvolve por terceiro ano consecutivo as xornadas “Volta ao cole co comercio”, unha iniciativa que ten como obxectivo dinamizar o comercio e a hostalaría local de cara ao inicio do curso lectivo. A primeira xornada realizouse este pasado mércores, 4 de setembro, na área verde próxima á Travesía do Porto, por onde pasaron máis de 600 persoas ao longo da tarde. A segunda xornada estaba prevista para este venres, 6 de setembro, en Bertamiráns, pero vaise adiar ao venres 13 de setembro, por mor da previsión meteorolóxica.
Este martes, 15 de marzo, é o último día para adquirir ou recargar as tarxetas bono Ames Progresa. Para facilitarlle á veciñanza a compra ou recarga destas tarxetas, mañá martes haberá unha carpa na praza da Maía, en Bertamiráns, e outra na rúa da Travesa, no Milladoiro, en horario de mañá de 11:00h a 13:30 horas, e de tarde, de 17:00h a 19:30 horas. As tarxetas poderán empregarse ata o 30 de abril para facer compras nos 219 establecementos adheridos á campaña.
Dende que abriu o prazo para solicitar as axudas o pasado 10 de novembro, o Concello recibiu máis de 300 solicitudes. Para dar resposta a esta alta demanda de axudas, vaise a reforzar o departamento de Promoción Económica, responsable da tramitación das axudas e subvencións de dito plan, para axilizar á súa concesión, xestión e seguimento e facilitar así a dinamización da actividade económica. Os fondos para ditas contratacións tamén foron previstos no Plan de reactivación e dotados e aprobados no suplemento de crédito do pasado mes. As microempresas e autónomos/as amesás que se viran prexudicados economicamente pola Covid19 poderán presentar a súa solicitude ata ás 14.00 horas do vindeiro 25 de novembro.
A USC traballa na definición dun marco estable de relación con todos aqueles concellos da súa contorna máis inmediata así como naqueles outros con importancia para a súa comunidade. Deste xeito, preténdese definir un marco xeral que permita regular a colaboración en ámbitos diversos dun xeito áxil. Este é o caso do Concello de Ames, no que vive unha parte significativa da comunidade universitaria e xunto ao cal, a USC acaba de trazar un protocolo xeral de actuación estruturado en tres eixos relativos á mobilidade; a transferencia, emprendemento, promoción económica e desenvolvemento local; así como a colaboración en actividades culturais e deportivas.
O programa “AmesON” culmina o mes de xullo co concerto de Xosé Constenla Grupo. O cuarteto, formado por músicos de primeiro nivel, será o encargado de poñerlle o broche de ouro ao mes de xullo. O concerto celebrarase o sábado 31 na praza da Madalena, no Milladoiro, ás 20.00 horas.
Música, cine, literatura, teatro, obradoiros, xogos... preto de setenta actividades compoñen o programa “AmesON” co que as distintas concellerías xuntan forzas este verán para dinamizar a cultura e a economía en Ames durante os meses de verán. Cómpre salientar que moitos e moitas das artistas que desfilarán polo AmesON son veciños e veciñas de Ames. Dará comezo o xoves 16 de xullo coa actuación de Xoan Curiel no Milladoiro e a presentación do fotopoemario “Os exilios que somos” de Xabier Ron e Irene Tomé no Milladoiro. A programación espallarase polas rúas, as prazas, os parques e mesmo os escaparates de varios comercios de Ames cun investimento próximo aos 100.000 euros. O obxectivo é dinamizar os sectores culturais e comerciais de Ames e como peza de arranque do Plan Reactiva Ames, de reactivación económica e social do concello trala Covid-19. Listaxe completa das actividades do programa Ames On.
A comisión de festas de Bertamiráns, en colaboración co Concello de Ames e a Xuntanza de Empresarios de Ames, organiza a festa de Samaín de Bertamiráns este venres, 4 de novembro, co obxectivo de recadar fondos para a celebración das festas de Bertamiráns de 2023. Dita festa estaba prevista para o luns 31 e outubro, pero houbo que adiala debido ás inclemencias meteorolóxicas. Haberá un espectáculo infantil para nenos e nenas ás 18.00 horas, da man de Nelson Quinteiro, e actuará tamén o grupo Urakán, a partir das 20.30 horas. A festa será no aparcadoiro da Telleira. Entre as persoas que acudan á festa disfrazadas sortearase unha cesta para facer un cocido. Haberá servizo de cantina.
- ‹ anterior
- 27 de 55
- siguiente ›
Trámites del departamento
Eventos del departamento
A zona verde da travesía do Porto, no Milladoiro, e o parque do Ameneiral, en Bertamiráns, acollerán durante a primeira semana de setembro, por cuarto ano consecutivo, as xornadas “Volta ao cole co comercio”, que organiza a Concellaría de Promoción Económica e colaboración con XEA e coa participación do departamento de Mocidade. Esta iniciativa traerá dúas tardes de actividades para amenizar os preparativos da volta aos centros de ensino, fomentando á vez o comercio e a hostalaría nos dous principais núcleos de Ames.
A xornada de “Volta ao cole co comercio” do Milladoiro celebrarase finalmente este luns, 15 de setembro. Será a partir das 17.00 horas nas pistas deportivas do Milladoiro. A holi party incluída na programación da actividade realizarase no aparcamento da Casa da Cultura do Milladoiro, polo que estará prohibido estacionar no aparcadoiro desde as 14.00 ata as 22.00 horas do luns día 15.
O Concello de Ames reúne nun único cartel toda a programación de actividades que se van celebrar durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro en Ames. Deste xeito, ata finais de setembro vanse a realizar numerosas actividades como concertos, seráns ou festas.
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, organizou unha xuntanza para o vindeiro luns, 13 de outubro, co obxectivo de que o persoal das empresas amesás relacionadas coa hostalería e a restauración poidan coñecer o mercado de horta e artesanía e os produtos alimentarios e artesanais que nel se expoñen e venden todos os sábado na praza da Maía, en Bertamiráns. Dito encontro celebrarase ás 9.30 horas no salón de plenos da Casa do Concello. As persoas que estean interesadas en acudir poden confirmar a súa asistencia enviando un correo electrónico ao enderezo promocioneconomica@concellodeames.gal.
Música e moito humor. O actor, guionista, humorista e veciño de Ames, Pepo Suevos, a cantante Fátima Pego e o músico Josep Ruíz, compoñentes da orquestra "Panorama", soben xuntos ao escenario para amosarnos “Fase Festa”, unha especie de verbena en pequeno formato, adaptada aos tempos que nos toca vivir.
Ames acollerá a vindeira semana as visitas dos personaxes do mundo Disney para saudar e pasar tempo cos nenos e nenas. O día 29 chegarán á Casa dos Maiores de Bertamiráns (praza da Maía) e o 30 pasarán polo antigo centro de saúde do Milladoiro (na rúa Agro do Medio, número 8). Esta actividade enmárcase dentro da programación de Nadal 2025, que comezou o pasado 4 de decembro e se desenvolverá ata o próximo 10 de xaneiro de 2026.
Ames acollerá a vindeira semana as visitas dos personaxes do mundo Disney para saudar e pasar tempo cos nenos e nenas. O día 29 chegarán á Casa dos Maiores de Bertamiráns (praza da Maía) e o 30 pasarán polo antigo centro de saúde do Milladoiro (na rúa Agro do Medio, número 8). Esta actividade enmárcase dentro da programación de Nadal 2025, que comezou o pasado 4 de decembro e se desenvolverá ata o próximo 10 de xaneiro de 2026.
- ‹ anterior
- 14 de 14




