Solapas principales

Departamento de Cultura

    • Dirección: Casa da Cultura do Milladoiro. Travesia do Porto, s/n, O Milladoiro. 15895 Ames.
    • Teléfono:  662 37 74 44
    • Responsable municipal: Concejalía de Cultura
    • Responsable técnico: María José Vázquez Bermúdez, Técnica Animación Sociocultural
Otros Datos: 
  • Programación AmesON agosto 2020
  • Programación AmesOn fin de semá agosto 2020
  • Programación escolas culturais 2020-2021
  • Funciones:
    • Gestionar las actividades y eventos que desde el Departamento de Cultura se ponen en marcha, responsabilizándose de su adecuado desarrollo.
    • Informar y asesorar a los grupos y entidades culturales del ayuntamiento, así como al público en general, valorar las demandas de los ciudadanas e incentivar la participación
    • Gestionar los programas culturales que oferta la Diputación, Red Cultural, Xunta de Galicia, AGADIC y Cultura en el Camino. Solicitud,desarrollo, justificación.
    • Tramitar las ayudas económicas corresponsales al área de cultura, tanto las que se solicitan desde el Ayuntamiento, como las que se convocan desde la Concejalía de Educación y Cultura de apoyo las entidades culturales y comisiones de fiestas.
    • Coordinar y gestionar las Escuelas Culturales Municipales.

Noticias del departamento

As engurras da cara. O acento da súa voz rachada. A mirada fixa e segura dos seus ollos. E, sobre todo, a seguridade de seguir sendo a mesma, aquela muller labrega que lle deu por escribir un libro. A bo seguro que todos os asistentes á conmemoración do Día de Galicia viron en Filomena Fraga a Galicia de antes, sentiron a Galicia de agora e imaxinaron a Galicia de mañá. Unha Galicia moderna pero coa súa identidade rural. Unha Galicia que non pode esquecer o que foi para seguir medrando. Unha Galicia encarnada na figura de Filomena Fraga, a quen o alcalde de Ames, José Miñones, entregou a medalla do Concello no día no que a poesía e a palabra converteron ao Pazo da Peregrina de Bertamiráns no mellor escenario para conmemorar o día da patria galega.

Este mércores, 16 de xullo, o concello de Ames acollerá a xornada inaugural do Festival Internacional de Danza e Movemento “Abanea”, organizado pola asociación IS.MO Cultura. Do 16 ao 20 e xullo desenvolveranse diversas actividades arredor da danza e do movemento, co obxectivo de impulsar esta disciplina entre a veciñanza. O acto de apertura do festival será ás 13.30 hora na praza da Maía, en Bertamiráns. Haberá pezas de danza breves a cargo de Martín Blanco e Andrea Castro. Previamente, ás 12.30 horas farase un podcast en directo, conducido por Carlota Mosquera. Pola tarde, desenvolverase un foro sobre distribución nacional e internacional da danza de Galicia; un obradoiro de danza aberto; e un happening danza-clown. A programación en Ames pecharase ás 20.00 horas no Pazo da Peregrina cunha programación de catro espectáculos. Premendo nesta ligazón podes consultar a programación completa do Abanea 2025.

A programación de actividades para o público infantil de Ames continúa en outubro co espectáculo de danza Mimesis, da compañía Zig Zag Teatro. Trátase dun espectáculo dirixido ás familias con nenas e nenos de 0 a 3 anos, no que se construirá un espazo para ser habitado e compartido polos intérpretes e as persoas asistentes. Será o vindeiro venres 7 de outubro na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 18:00 horas. Os convites, de balde, xa se poden retirar na Billeteira electrónica do Concello de Ames.

O Vicepresidente e deputado de Plans Provinciais e Turismo, Xosé Regueira, xunto co deputado de Contratación e Patrimonio, Xosé Luís Penas, reuníronse no Concello de Ames co alcalde e co primeiro tenente de alcalde, Blas García e David Santomil, e coa concelleira de Cultura, Natividade González, nunha xuntanza en que abordaron as distintas vías de colaboración institucional para logo visitar a Casa da Cultura do Milladoiro, un dos dous centros socioculturais do concello que serán obxecto de importantes actuacións con financiamento do Plan Único provincial. Pódese ver o vídeo da visita premendo nesta ligazón.

O alumnado da Escola Municipal de Música de Ames, a EMMA, celebra dende o 7 ao 15 de xuño, cinco audicións previas ao seu concerto de fin de curso, que terá lugar o 16 de xuño na praza de Chavián. Os estudantes de guitarra, percusión, saxo, piano, canto e frauta mostrarán o aprendido ao longo do curso a familiares e amizades. As audicións desenvolveranse sempre en horario de tarde, na aula 10 da propia EMMA.

O alumnado de violín da Escola Municipal de Música participará este mércores, 10 de maio, ás 18.30 horas, nunha audición co obxectivo de compartir o que aprenderon ao longo deste curso. Interpretarán pezas de estilos musicais moi variados. Ademais aproveitase para lembrar que está aberto o prazo para que o alumnado da Escola Municipal de Música poida renovar a súa praza de cara ao vindeiro curso 2023-2024. A solicitude poderase realizar ata este xoves 11 de maio, a través da Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben de xeito presencial nas Oficinas de asistencia en materia de rexistro, situadas na Casa do Concello (Bertamiráns) e na Oficina municipal do Milladoiro. Premendo nesta ligazón podes descargar o impreso de solicitude de renovación de praza.

A Escola Municipal de Música de Ames (EMMA) vén de presentar un novo encontro coas escolas de música de Brión, Negreira e O Grove. A xuntanza terá lugar o venres 28 de abril, ás 19:00 horas, no aparcadoiro da Casa da Cultura do Milladoiro. Trátase da segunda edición deste encontro, que xa se celebrou o pasado ano e que acadou gran éxito entre a veciñanza amesá. No acto de presentación participaron a profesora de canto moderno e directora da EMMA, Pilar Martínez; o profesor de percusión e batería que dirixe os combos xuvenís e de adultos, Amaury Quintero; e a profesora de violín Aga Mainska.

Que é Galicia e quen somos como galegos? A referencia aos fundamentos que nos identifican non faltaron nos discursos cos que os grupos políticos que compoñen a Corporación municipal celebraron onte o día de Galicia en Ames. Tampouco faltaron a poesía e as referencias ao idioma e á situación difícil que estamos pasando a través da lembranza ás vítimas e ás familias afectadas pola COVID19. Pero a de onte foi fundamentalmente unha celebración tinxida de sentimento. A entrega da medalla do Concello a Maximino Viaño, congregou no pazo a familiares e amigos. Falou o alcalde, José Miñones, falaron as súas netas Lorena e Liliana,  falou o seu compañeiro no espazo da Radio Municipal “Memoria de Ames”, Xesús Carrera “Beiro” e a súa grande amiga, a escritora Filomena Fraga, con quen compartiu micro durante anos en Ames Radio. Foi unha tarde de emocións e de cariño. Ana Rivas e Cristian Leggiero puxeron a banda sonora con clásicos do repertorio galego e guiaron aos asistentes na interpretación do Himno Galego co que se pechou o acto.

A Aula 10 do Centro multifuncional de Aldea Nova acolleu este venres, 15 de novembro, o acto de celebración do vinte aniversario da Escola Municipal de Música de Ames. Durante o transcurso do acto presentouse a nova imaxe corporativa da EMMA, que foi deseñada pola deseñadora gráfica, Doli Folgar. Houbo diferentes actuacións a cargo do alumnado de linguaxe musical, agrupación de guitarras e Anxo Villanueva, grupos de violíns, frautas, piano, combo de voces e guitarras. Con motivo do vinte aniversario estase traballando nunha programación específica que se publicará proximamente.

Este venres, 21 de xuño, remata o curso lectivo 2018/19. En Ames esta despedida das aulas ven acompañada polo tradicional concerto de fin de curso do alumnado da Escola Municipal de Música de Ames, que este ano conta cun repertorio no que ten cabida un amplo abano de formatos e estilos. Esta actuación ten lugar a partir das 19.30 horas na Casa da Cultura de Bertamiráns, e está aberta a toda a veciñanza.

Eventos del departamento

O actor Luís Zahera presenta este venres 13 de maio na Casa da Cultura de Bertamiráns o seu espectáculo “Chungo”, un monólogo no que repasa a súa traxectoria profesional en chave humorística, explicando como foi crecendo a súa imaxe de “malo” de película. As entradas para o evento, que terá lugar ás 21:00 horas, xa están esgotadas.

A Concellaría de Cultura informa sobre as mostras de fin de curso da Escola Municipal de Teatro de Ames.

A Concellaría de Cultura informa sobre as mostras de fin de curso da Escola Municipal de Teatro de Ames.

Continúa en setembro o programa Música nas parroquias, co concerto da agrupación Airiños do Paseo de Colón nas Festas Patronais de Lens, o domingo 4.

Continúa en setembro o programa Música nas parroquias, co concerto da agrupación Airiños do Paseo de Colón nas Festas da Merced de Lapido, o sábado 24.

Volve o programa de Música nas parroquias coa actuación do grupo Airiños do Paseo de Colón no campo da festa de Biduído.

Continúa durante o mes de agosto o programa Música nas parroquias. Desta volta, faino o  sábado 6 coa actuación de As Maianas no campo da festa de Tapia.

Durante o mes de xuño, haberá dous concerto de corais que se enmarcan no programa de Música nas parroquias. O domingo, 26 de xuño, actuará a Coral Antonio Santomil no campo da festa de Ortoño.

Durante o mes de xuño haberá dous concertos de corais que se enmarcan no programa de Música nas parroquias. O venres, 24 de xuño, actuará a Coral Lojo Batalla no campo da festa de Ortoño.

O campo da festa de Agrón será escenario dunha nova actuación dentro do programa Música nas parroquias. Desta volta, coa actuación da Coral Lojo Batalla.