Solapas principales

Departamento de Cultura

    • Dirección: Casa da Cultura do Milladoiro. Travesia do Porto, s/n, O Milladoiro. 15895 Ames.
    • Teléfono:  662 37 74 44
    • Responsable municipal: Concejalía de Cultura
    • Responsable técnico: María José Vázquez Bermúdez, Técnica Animación Sociocultural
Otros Datos: 
  • Programación AmesON agosto 2020
  • Programación AmesOn fin de semá agosto 2020
  • Programación escolas culturais 2020-2021
  • Funciones:
    • Gestionar las actividades y eventos que desde el Departamento de Cultura se ponen en marcha, responsabilizándose de su adecuado desarrollo.
    • Informar y asesorar a los grupos y entidades culturales del ayuntamiento, así como al público en general, valorar las demandas de los ciudadanas e incentivar la participación
    • Gestionar los programas culturales que oferta la Diputación, Red Cultural, Xunta de Galicia, AGADIC y Cultura en el Camino. Solicitud,desarrollo, justificación.
    • Tramitar las ayudas económicas corresponsales al área de cultura, tanto las que se solicitan desde el Ayuntamiento, como las que se convocan desde la Concejalía de Educación y Cultura de apoyo las entidades culturales y comisiones de fiestas.
    • Coordinar y gestionar las Escuelas Culturales Municipales.

Noticias del departamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ames aprobou o pasado 7 de marzo as convocatorias de subvencións para a promoción de festas populares e actividades levadas a cabo polas asociacións culturais no exercicio 2024. O prazo para solicitar estas axudas, que suman unhas contías de 30.000 euros para as actividades culturais e de 25.000 euros para as festas, estará aberto entre o 15 de marzo e mailo 15 de abril. Premendo nestas ligazóns pódese obter máis información sobre a convocatoria para as festas populares e para as actividades levadas a cabo por asociacións culturais.

Este venres, 19 de xullo, o concello de Ames acollerá unha das xornadas do Festival Internacional de Danza e Movemento “Abanea”, organizado pola asociación ISMO Cultura. Así, ao longo desta xornada desenvolveranse no Pazo da Peregrina diversas actividades arredor da danza e do movemento, co obxectivo de impulsar esta disciplina entre a veciñanza. Haberá encontros para os profesionais da danza, os obradoiros “Danza en Familia” e “A danza como lugar de recreo”, e actuacións a cargo de Suevia Rojo, Paulina Espinosa, Mariana Oliveira, Angel Durán e Mounqup. A artista amesá vinculada ao apoio bienal, Suevia Rojo, estreará “Pensar a contratempo”.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, abre o próximo luns día 19 de xuño o prazo para a renovación de praza na Escola Municipal de Teatro de Ames. Dito prazo está dirixido ás persoas inscritas no curso anterior. O prazo de renovación de praza estará aberto ata o 30 de xuño. Posteriormente, do 6 ao 15 de xullo abrirá un segundo prazo para novas inscricións nos grupos que queden prazas libres. Tanto para renovar praza como para inscribirse por primeira vez haberá que cubrir o impreso normalizado e presentalo no  Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Ames ou na Sede electrónica do Concello. Tamén se poderá presentar no Rexistro presencial nas oficinas de Bertamiráns e do Milladoiro. Para dispor de máis información pódese consultar o folleto informativo da Escola municipal de teatro.

O alumnado da Escola Municipal de Música celebrará entre o vindeiro mércores, día 8, e o martes 14 de febreiro, unha serie de cinco audicións nas que mostrarán os coñecementos adquiridos durante o primeiro trimestre de clases. Deste xeito, o alumnado de guitarra, frauta, canto, percusión, saxo e piano poderá compartir unhas xornadas festivas con compañeiros, amizades e familiares, previas aos concertos de Entroido. As audicións terán lugar nas propias instalacións da EMMA, en Aldea Nova, a partir das 17:00 horas.

A Escola Municipal de Música de Ames, a EMMA, celebra dende o 8 ata o 16 de xuño cinco audicións previas ao seu concerto de fin de curso, que terá lugar o 17 de xuño no aparcadoiro da Casa da Cultura do Milladoiro. Alumnas e alumnos de guitarra, frauta, percusión, violín e canto demostrarán o aprendido ao longo do curso a familiares, amizades e compañeiras, nunhas audicións que se desenvolverán polas tardes no corredor central da propia escola de música.

O alumando da Escola Municipal de Música de Ames (EMMA) participará no concerto de entroido que se celebrará o próximo venres, 21 de febreiro, ás 19.30 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. Este concerto mostrará parte do traballo realizado ao longo destes meses de clases, a través de distintos formatos, desde pezas individuais ou dúos, ata agrupacións grandes. O repertorio incluirá moi diversos estilos, onde haberá espazo para a música clásica, tradicional e moderna.

A Escola Municipal de Teatro de Ames prepara as súas mostras de fin de curso, nas que o alumnado representará ante o público varias obras adaptadas. As funcións darán comezo este mércores, 14 de xuño, e alongaranse ata o vindeiro mércores, día 21. Participarán os grupos con idades de entre 3 e 6 anos, entre 7 e 11 e os maiores de 12 anos. A dirección da escola corre a cargo da compañía Talía Teatro, con Marta Ríos e Diego Rey como encargados de impartir a formación.

A Escola Municipal de Teatro de Ames vén de celebrar esta semana dúas mostras de fin de curso, na  o que o seu alumnado puido gozar dunha serie de actividades e de representar varias obras adaptadas ante un amplo público, formado especialmente por familias e amizades dunha futura xeración de actores e actrices. Cómpre lembrar que as inscricións para renovar praza na Escola xa están abertas ata o 28 de xuño, mentres que os novos usuarios e usuarias poderán realizar a matrícula a partir do 4 de xullo.

A programación do Ames Cultural, promovida pola Concellaría de Cultura, terá este venres 30 de xaneiro a súa segunda entrega coa obra teatral As formas do amor, ás 20.30 horas na Casa da Cultura do Milladoiro. O Ames Cultural deste primeiro semestre de 2026 comezou a semana pasada coa peza As Gardiás, e traerá teatro, danza e circo a Ames ata o mes de maio. As entradas para cada un dos espectáculos pódense adquirir xa na Billeteira electrónica do Concello de Ames. Podes consultar a programación completa na seguinte ligazón.

A programación do Ames Cultural continúa este venres, 10 de abril, co espectáculo de danza “Alén”, ás 20.30 horas na Casa da Cultura do Milladoiro. Esta representación do Colectivo Glovo, e creada por Hugo Pires Pereira e Esther Latorre, forma parte do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames. As entradas están dispoñibles na Billeteira electrónica do Concello de Ames. Podes consultar a programación completa do Ames Cultural premendo nesta ligazón.

Eventos del departamento

A carballeira de San Xoán de Ortoño acolle un ano máis a tradicional festa do chourizo ao viño este domingo, 14 de xullo. A xornada comezará ás 13.00h coa degustación do chourizo ao viño con cachelos e a orella de porco cocida, e está amenizada pola banda de gaitas Os Retranqueiros e a Tuna de Dereito de Santiago. Pola tarde ten lugar o Campionato de Chave por parellas, así como a actuación do dúo Eva e Camilo e o concerto folk de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre.