Solapas principales

O Ames Cultural continúa este venres coa obra As formas do amor

Jueves, 29 de enero de 2026

A programación do Ames Cultural, promovida pola Concellaría de Cultura, terá este venres 30 de xaneiro a súa segunda entrega coa obra teatral As formas do amor, ás 20.30 horas na Casa da Cultura do Milladoiro. O Ames Cultural deste primeiro semestre de 2026 comezou a semana pasada coa peza As Gardiás, e traerá teatro, danza e circo a Ames ata o mes de maio. As entradas para cada un dos espectáculos pódense adquirir xa na Billeteira electrónica do Concello de Ames. Podes consultar a programación completa na seguinte ligazón.

As formas do amor, da compañía Verdeveras Expresións Artísticas será a segunda obra teatral da programación do Ames Cultural para o primeiro semestre de 2026. A Casa da Cultura do Milladoiro acollerá este venres 30, ás 20.30 horas, este espectáculo que xira arredor do amor, as emocións e os reencontros.

Logo da boa acollida de As Gardiás, a pasada semana, chega esta peza na que un home e unha muller, que foron parella, volven atoparse despois de moitos anos. Un amor inesquecible, dos que marcan un antes e un despois, e que logo de tanto tempo separados, quizais sexa o momento xusto para volverse reencontrar. 

As formas do amor está dirixida por Gena Baamonde, escrita por María Ángeles Iglesias e protagonizada por Sergio Zearreta e a propia María Ángeles Iglesias. Unha historia que fala e reflexiona sobre a concepción e o relato dominante sobre o amor. Unha historia que induce a saír do teatro con moi boa sensación no corpo, con gusto, alegría e esperanza. 

Venda de entradas
As entradas poden adquirirse na Billeteira electrónica do Concello de Ames, e teñen un prezo de 5 euros (a xeral) ou 2,5 euros (a prezo reducido). Poderán beneficiarse deste desconto do 50% os estudantes con carné de estudante, as persoas maiores de 60 anos e os menores de 12, as familias numerosas, os mozos e mozas con carné xove e as persoas demandantes de emprego. Non obstante, ante a alta demanda, o aforo está practicamente completo.

Tamén se poderá mercar a entrada na propia Casa da Cultura de Bertamiráns, a partir dunha hora antes de que dea comezo o espectáculo, en caso de que non completase aínda o aforo. A venda pechará con estrita puntualidade cinco minutos antes da hora prevista de comezo do espectáculo.

Máis teatro en febreiro
No mes de febreiro, o Ames Cultural ofrece na súa programación dúas obras teatrais: Iribarne, da compañía Butacazero, representarase o vindeiro 8 de febreiro, ás 18.00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns; e o 27 e 28 haberá unha dobre estrea de Bio construción, de Ibuprofeno Teatro, na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 20.30 horas.

O Ames Cultural continúa este venres coa obra As formas do amor
Descargas: 

Multimedia

  • O Ames Cultural continúa este venres coa obra As formas do amor