Solapas principales

Departamento de Cultura

    • Dirección: Casa da Cultura do Milladoiro. Travesia do Porto, s/n, O Milladoiro. 15895 Ames.
    • Teléfono:  662 37 74 44
    • Responsable municipal: Concejalía de Cultura
    • Responsable técnico: María José Vázquez Bermúdez, Técnica Animación Sociocultural
Otros Datos: 
  • Programación AmesON agosto 2020
  • Programación AmesOn fin de semá agosto 2020
  • Programación escolas culturais 2020-2021
  • Funciones:
    • Gestionar las actividades y eventos que desde el Departamento de Cultura se ponen en marcha, responsabilizándose de su adecuado desarrollo.
    • Informar y asesorar a los grupos y entidades culturales del ayuntamiento, así como al público en general, valorar las demandas de los ciudadanas e incentivar la participación
    • Gestionar los programas culturales que oferta la Diputación, Red Cultural, Xunta de Galicia, AGADIC y Cultura en el Camino. Solicitud,desarrollo, justificación.
    • Tramitar las ayudas económicas corresponsales al área de cultura, tanto las que se solicitan desde el Ayuntamiento, como las que se convocan desde la Concejalía de Educación y Cultura de apoyo las entidades culturales y comisiones de fiestas.
    • Coordinar y gestionar las Escuelas Culturales Municipales.

Noticias del departamento

A edición deste ano do programa de Encontros Literarios continúa este mércores, 29 de novembro, coa presentación do libro “Patria de Maeloc” do escritor da Mariña Luciano de Monfadal (Luciano Ares  Díaz). O acto, presentado polo alcalde de Ames, Blas García, será ás 20.00 horas no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Esta é a primeira obra de Luciano do Monfadal. A entrada será libre ata completar aforo.

Mañá, xoves 16 de febreiro, ás 20:00 horas, terá lugar no Pazo da Peregrina de Bertamiráns un novo encontro literario, organizado polo departamento de Bibliotecas de Ames. Desta volta, Martiño Santos Canosa e Xosé Gontá Sobrino presentarán a obra “A nación dos mil viños”, de Edicións Laiovento. A encargada de presentar o evento será a concelleira de Cultura, Natividade González. 

Este xoves, 1 de agosto, a área recreativa de Tapia acolle a cuarta xornada dos Seráns de Ames. Esta iniciativa, que se desenvolve durante os meses de xullo e agosto, acolle nesta ocasión dúas actividades. Ás 17.30 horas impartirase a sesión de xogos “Xogos do Paporrubio”; e ás 19:30 horas representarase o espectáculo de monicreques “Varietés do Animalario”. Premendo nesta ligazón podes consultar o cartel ao completo dos “Seráns de Ames”.

Este xoves, 10 de xullo, a partir das 20.00 horas, o campo da festa de Ortoño acollerá o espectáculo “Lembra Xabarín”, unha proposta musical incluída no programa “Seráns de Ames”, unha iniciativa que se desenvolve durante seis xoves dos meses de xullo e agosto e que traerá ao rural amesán diferentes actividades culturais. Pódese consultar na seguinte ligazón a programación completa dos Seráns de Ames 2025. 

O rock galego dáse cita este venres, 2 de agosto, no Milladoiro da man da novena edición do Millarock. Nesta ocasión, subiranse ao escenario os grupos Cuarta Xusta, Zënzar, Nao e Dios ke te crew. Os concertos comezarán ás 21.00 horas, co obxectivo de que as familias con nenas e nenos pequenos tamén teñan a posibilidade de achegarse ao concerto. Organizado polo Concello de Ames, este evento musical xurdiu co obxectivo de promocionar o rock galego e impulsar a grupos emerxentes da contorna de Ames. Nesta edición, o evento conta coa páxina de Facebook, a través da que se busca manter informados/as aos seguidores do Millarock, así como conectar aos amantes do rock coas distintas bandas que actuarán no festival.

O vindeiro 9 de abril, ás 19:00 horas, Fran Sieira compañía de danza impartirá na Casa da Cultura do Milladoiro a actividade “Bailar Ceibe”, un obradoiro práctico para achegar ao público as artes do movemento. Xa se cubriron todas as 20 prazas ofertadas.

A Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá, o luns 21 de decembro ás 18.00, o espectáculo de maxia de Dani Polo. Esta actividade, de balde e con prazas limitadas, está dirixida a familias con crianzas a partir de 3 anos e inclúese no programa Apego. O prazo de inscrición está aberto ata o venres 18 de decembro. As familias interesadas en participar deberán enviar un correo a normalización@concellodeames.gal.

A praia fluvial de Tapia acolle este xoves 21 a terceira parada da programación de verán “Seráns de Ames”, un programa que ao longo de todas as tardes de xullo e agosto levará diferentes actividades para todos os públicos ás parroquias de Bugallido e Tapia. Nesta terceira semana de propostas será a quenda das artes escénicas, co espectáculo de danza-circo “Ikigai” da compañía SU.MA, que terá lugar ás 19:30 horas. A actuación, organizada pola Concellaría de Cultura, forma parte do programa “Cultura no Camiño 2022” da Xunta de Galicia. Premendo nesta ligazón pódese consultar o cartaz dos “Seráns de Ames”.

O rock galego dáse cita este venres 30 de xullo no Milladoiro da man da décima edición do Millarock. Nesta ocasión, subiranse ao escenario os grupos Desequilibrio Mental, Terbutalina e Bala. Os concertos comezarán ás 9 da noite na rúa Travesía do Porto. Organizado pola concellaría de Cultura do Concello de Ames, este evento musical xurdiu co obxectivo de promocionar o rock galego e impulsar a grupos emerxentes da contorna de Ames. Os convites para asistir á festa do rock xa están esgotados.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, abre este luns día 16 de xuño o prazo para a renovación de praza na Escola Municipal de Teatro de Ames. Dito prazo está dirixido ás persoas inscritas no curso anterior. O prazo de renovación de praza estará aberto ata o 26 de xuño. Posteriormente, do 1 ao 11 de xullo abrirá un segundo prazo para novas inscricións nos grupos que queden prazas libres. Tanto para renovar praza como para inscribirse por primeira vez haberá que cubrir o impreso normalizado e presentalo no Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Ames ou na Sede electrónica do Concello. Tamén se poderá presentar no Rexistro presencial nas oficinas de Bertamiráns e do Milladoiro. Para dispor de máis información pódese consultar o folleto informativo da Escola municipal de teatro.

Eventos del departamento

O xoves 8 ás 20:00 horas, o campo da festa de Agrón acollerá o espectáculo de versións musicais de “A banda de Nash”, dentro do programa "Seráns de Ames".

As actividades dos "Seráns de Ames", comezarán o xoves 4 de xullo, ás 19:00 horas, coa lectura en Tapia do pregón inaugural da programación, que realizará a escritora e xornalista amesá Paula Señarís, e coa actuación deseguido do grupo As Maianas.

A programación dos "Seráns de Ames" remata o xoves 29 de agosto en Tapia, co monólogo de Manolo Boquete ás 19:00 horas.

O xoves 1 de agosto os "Seráns de Ames" trasládanse a Tapia,  coa sesión de xogos “Xogos do Paporrubio” ás 17:30 horas, e o espectáculo de títeres “Varietés do Animalario”, ás 19:30 horas.

Esta nova edición dos Seráns de Tapia chega cargada de poesía. A partir das 17:00 horas os versos de Lúa Mosquetera, Pompa e Boato, Nuria Vil e Sheila Patricia inundarán as ribeiras do Tambre.

 

O xoves 1 inaugúrase o programa "Seráns de Tapia" na Praia Fluvial de Tapia. As 19.30 horas comezarase co pregón inaugural con Manuel Otero Boquete. Ás 20.00 horas, realizarase un monólogo a man de Avelino González. A xornada pecharase ás 20.30 horas, cun concerto do grupo de gaitas de Biduído "Airiños do Paseo de Colón".

O xoves 26 de agosto, ás 17.00 horas, celebrarase o acto de clausura do Programa Seráns de Tapia, dirixido a todos os públicos. Eira Xandobeleira organizará uns xogos tradicionais. Por último, Trópico de Grelos levará a cabo un obradoiro de percusión e unha actuación musical. Entrada de balde ata completar aforo.

O 15 de xuño, ás 20:30 horas, terá lugar na Casa da Cultura de Bertamiráns o show de tango “Azúcar, pimienta y sal”. A velada, presentada por Isabel Blanco, contará coa actuación de cantantes, bailaríns e músicos referentes do mundo do tango.

O vindeiro venres, 5 de xuño, ás 20.00 horas, o auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá a Gala de Danza Oriental Shukran de Nadia Rilo. Neste 2026 celébrase a quinta edición de dita gala. Trátase dun espectáculo cheo de ritmo, danza, cultura e emoción. A entrada será de balde ata completar aforo.

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle esta peza teatral do Grupo Chévere ás 21.00 horas. Cunha duración de 90 minutos, está destinada a un público adulto. As entradas xa se encontran dispoñibles na billeteira electrónica do concello.