Solapas principales

Do 16 ao 26 de xuño abre o prazo para renovar praza na Escola Municipal de Teatro

Domingo, 15 de junio de 2025

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, abre este luns día 16 de xuño o prazo para a renovación de praza na Escola Municipal de Teatro de Ames. Dito prazo está dirixido ás persoas inscritas no curso anterior. O prazo de renovación de praza estará aberto ata o 26 de xuño. Posteriormente, do 1 ao 11 de xullo abrirá un segundo prazo para novas inscricións nos grupos que queden prazas libres. Tanto para renovar praza como para inscribirse por primeira vez haberá que cubrir o impreso normalizado e presentalo no Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Ames ou na Sede electrónica do Concello. Tamén se poderá presentar no Rexistro presencial nas oficinas de Bertamiráns e do Milladoiro. Para dispor de máis información pódese consultar o folleto informativo da Escola municipal de teatro.

A Concellaría de Cultura do Concello de Ames puxo en funcionamento en 2021 a Escola Municipal de Teatro. Chegado o mes de xuño está a piques de rematar o curso 2024-2025 e abre o prazo de inscrición cara ao vindeiro curso. Deste xeito, este luns 16 de xuño, abre o prazo para a renovación de praza na Escola Municipal de Teatro de Ames.

Dito prazo está dirixido ás persoas inscritas no curso anterior. O prazo de renovación de praza estará aberto ata o 26 de xuño. Posteriormente, do 1 ao 11 de xullo abrirá un segundo prazo para novas inscricións nos grupos que queden prazas libres.

Para renovar praza haberá que cubrir o impreso normalizado e presentalo no Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Ames ou na Sede electrónica do Concello. Tamén se poderá presentar no Rexistro presencial nas oficinas de Bertamiráns e do Milladoiro.

Os impresos para facer efectivo o pagamento (autoliquidación) enviaranse ao correo electrónico que consta nas bases de datos da Oficina de Recadación para tal efecto. Estes documentos indicarán os prazos nos que debe realizarse o aboamento. No caso de dispor de certificado dixital ou DNI electrónico poderá descargar o documento de pago e aboar o importe a través do enlace da Oficina Virtual Tributaria.

Excepcionalmente poderase solicitar o impreso de pagamento de xeito presencial na oficina de Recadación do Milladoiro, na rúa da Viorneira, número 6; ou na oficina de Recadación de Bertamiráns, na praza da Horta de Abaixo, número 6. Tamén se pode solicitar en horario de tarde os luns e mércores, de 16:15h a 18:30 horas. No caso de non recibilo poden solicitalo a través do correo electrónico ames@canaltributos.com ou chamando ao número de teléfono 981 884 896. De non facer efectivo o pagamento nos prazos establecidos, tramitarase a baixa inmediata no servizo. O día 30 de xuño publicarase unha listaxe coas prazas libres.

Inscrición en grupos con prazas libres
Posteriormente, abrirase un segundo prazo, do 1 ao 11 de xullo, para novas inscricións nos grupos que queden prazas libres. Neste caso as prazas adxudicaranse por orde de entrada da ficha de inscrición no Rexistro. O proceso de inscrición será o mesmo que para renovar praza. Haberá que cubrir o impreso normalizado e presentalo no Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Ames ou na Sede electrónica do Concello. Tamén se poderá presentar no Rexistro presencial nas oficinas de Bertamiráns e do Milladoiro.

Logo da comprobación por parte do departamento de Cultura da existencia de praza vacante, enviarase á persoa interesada a confirmación de praza e a folla de autoliquidación para que proceda a facer efectivo o pagamento seguindo o mesmo procedemento que se indica anteriormente, no primeiro prazo de inscrición. As solicitudes que non obteñan praza pasarán a formar parte da lista de agarda por se houbese algunha baixa ao longo do curso.

Inscricións ao longo do curso
No suposto de inscricións que se formalicen unha vez comezado o curso, o importe da cota será o resultante de multiplicar a tarifa mensual (incluído o mes da propia inscrición), polo número de meses que restan para rematar o curso.

As baixas deberanse tramitar por escrito e poderá devolverse a cota correspondente en supostos de baixa por forza maior (enfermidade acreditada). Se o alumno/a non acode á clase durante un mes consecutivo e non xustifica por escrito a dita ausencia, poderá darse de baixa de oficio e ofrecerlle a praza a outra persoa.

As clases comezarán o 16 de setembro en Bertamiráns e o 17 de setembro no Milladoiro e rematarán a última semana de xuño de 2026. Para formar grupo será necesario que se cubran a metade máis unha do máximo de prazas ofertadas. Para dispor de máis información pódese chamara ao números de teléfono 981 535 940 // 662 377 444 ou enviar un correo electrónico ao enderezo cultura@concellodeames.gal.

Estrea do grupo municipal de teatro
O grupo municipal de teatro integrado por adultos, estreou o 6 de xuño no Milladoiro a obra “Soño dunha noite de San Xoán”, e o 13 de xuño ofreceron un novo pase na Casa da Cultura de Bertamiráns. Con esta obra o grupo municipal de teatro de Ames representou unha das pezas máis emblemáticas de Shakespeare e do teatro universal.

O elenco está formado por Eduardo Castelo, Carmela Pardal, Ilduara García, Gene Martínez, Maite Fajardo, Marisa Peña, Cris Botrán, Anna Reig, Iván Tourís, Emilia Mayo, Pablo Núñez, Esteban Paz, Tatiana Duro, Mirella Vázquez e Marichelo Cajide. A peza está baixo a dirección de Diego Rey.

Clausura dos grupos de rapaces e rapazas
Por outra banda, os vindeiros días 17 e 18 de xuño, terá lugar a clausura dos grupos de rapaces e rapazas da Escola Municipal de Teatro, onde cada unha das agrupacións representará a derradeira peza de teatro deste curso. 

O martes 17 de xuño realizarase na Casa da Cultura de Bertamiráns. Nesta xornada actuarán o grupo infantil (6º infantil, 1º e 2º de primaria), que presentarán a peza “A mellor sopa do mundo”, ás 17.30 horas; o grupo infantil (de 3º a 6º de primaria) porá en escena a obra “Necesito vacacións”, ás 20.00 horas; e o grupo xuvenil (de educación secundaria) representará a peza “Mortos da risa”, ás 20.30 horas.

Doutra banda, o mércores 18 de xuño, as representacións terán lugar na Casa da Cultura do Milladoiro. Nesta xornada actuará ás 17.30 horas o grupo infantil (6º de infantil, 1º e 2º de primaria) representando “O lobo e os porquiños”; ás 20.00 horas será a quenda do grupo infantil (de 3º a 6º de primaria) con “Os contos perdidos”; e ás 20.30 horas actuará o grupo xuvenil (de educación secundaria) representando a peza “Teatrofobias”.

Novas relacionadas: 

El Correo Gallego: "O teatro volve a Ames: abre o prazo para renovar ou solicitar praza na Escola Municipal para o vindeiro curso"

Diario de Santiago: "Do 16 ao 26 de xuño abre o prazo para renovar praza na Escola Municipal de Teatro de Ames"

Do 16 ao 26 de xuño abre o prazo para renovar praza na Escola Municipal de Teatro

Multimedia

  • Do 16 ao 26 de xuño abre o prazo para renovar praza na Escola Municipal de Teatro
  • Do 16 ao 26 de xuño abre o prazo para renovar praza na Escola Municipal de Teatro