Solapas principales

Continúan os Encontros Literarios coa presentación de “Patria de Maeloc” de Luciano do Monfadal

Lunes, 27 de noviembre de 2023

A edición deste ano do programa de Encontros Literarios continúa este mércores, 29 de novembro, coa presentación do libro “Patria de Maeloc” do escritor da Mariña Luciano de Monfadal (Luciano Ares  Díaz). O acto, presentado polo alcalde de Ames, Blas García, será ás 20.00 horas no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Esta é a primeira obra de Luciano do Monfadal. A entrada será libre ata completar aforo.

O departamento de Bibliotecas municipais de Ames, dependente da Concellaría de Cultura, continúa coas presentacións de libros enmarcadas no programa Encontros Literarios. Estas presentacións, que buscan dar a coñecer novas autoras, autores e proxectos literarios á veciñanza amesá, contaron cunha ampla participación nas anteriores edicións de 2021 e 2022.

Este segundo encontro literario da nova tempada 2023-2024 terá como protagonista ao escritor da Mariña, residente en Ames desde fai oito anos, Luciano de Monfadal (Luciano Ares Díaz), que vai presentar a súa primeira obra “Patria de Maeloc”, editada por Toxos e Soutos. O acto, que terá lugar no Pazo da Peregrina de Bertamiráns ás 20:00 horas, estará presentado polo alcalde de Ames, Blas García.

Sinopse de “Patria de Maeloc”
Este libro é unha colectánea de varios poemas e contos. Os poemas veñen recollidos baixo o título “Patria de Maeloc”, mentres que os contos presentan temáticas e títulos diversos: “A historia da Quisca” fala da vida da última cadela do autor,“As aventuras de Thanos e Mac” é un conto imaxinado sobre dous cans reais, e “Os contos de Guedellas” son unha miscelánea de contos de cans que lembran a Cipión e Berganza, os cans de “El coloquio de los perros” (1609) de Miguel de Cervantes.

O obxectivo de Luciano de Monfadal é que a defensa da lingua galega estea presente en todo o que escribe: “A miña idea é defender a miña lingua, aquela que me ensinaron miña nai e miña avoa, naquel mundo de labregos no que me criei e que hoxe está practicamente desaparecido”.  

Sesións da nova tempada
O pasado 9 de novembro tivo lugar a primeira presentación, coa obra “Pecados veniais” de Nazaret López como protagonista. O próximo acto será o xoves 14 de decembro, cando Carlos Negro presentará “O tempo dos lagartos”, editado por Galaxia, para pechar o ano.ç

Novas relacionadas:

Ames Go: "Luciano do Monfadal presenta "Patria de Maeloc""

Continúan os Encontros Literarios coa presentación de “Patria de Maeloc” de Luciano do Monfadal

Multimedia

  • Continúan os Encontros Literarios coa presentación de “Patria de Maeloc” de Luciano do Monfadal