- Enderezo: Praza do Concello, nº 2, Bertamiráns.
- Teléfono: 981 88 30 02
- Horario de atención ao público:
- De luns a venres, en horario das 9:00 ás 14:00 horas.
- Responsable municipal: Concellaría de Promoción Económica
Pestanas principais
Departamento de Promoción Económica e Emprego
Servizos e programas
Novas do departamento
Até o 26 de agosto as asociacións de empresarios e comerciantes de Ames teñen prazo para presentar a documentación que lles permita acceder ás subvencións que a concellaría de Promoción Económica ofrece ao sector no noso concello. Ademais, as xustificacións de gastos correspondentes á anualidade 2019 poderán ser presentadas até o 15 de setembro. A decisión desta ampliación de prazos tómase por mor da situación excepcional que estamos vivindo a raíz da pandemia da COVID19 e despois de ter mantido conversas coas asociacións de empresarios e posibles beneficiarios destas axudas.
Este luns, 18 de xaneiro, realizouse o sorteo da campaña “Ilumina o teu sorriso”, cuxo obxectivo é apoiar e fomentar as compras no comercio local. A gañadora, Ana Balsa Bello, veciña de Bertamiráns, resultou ser a premiada cun teléfono móbil de última xeración e un circuíto de Spa doados por Centro Dental Macía. No sorteo estiveron presentes representantes das tres asociacións de comerciantes e empresarios do municipio, do Concello de Ames, e do Centro Dental Macía.
A amesá Ana Rosa Lista foi unha das artesás que acudiu este ano á Mostra internacional "Renda Bilros", en Peniche (Portugal), que se celebrou do 17 ao 21 de xullo. Alí contou cun stand no que expuxo unha escolma do seu traballo. Desta volta, a artista amesá optou por expoñer a colección de Luis Seoane e aproveitou os catro días de mostra para amosar as súas habilidades cos palillos.
O parque do Ameneiral, en Bertamiráns, acolleu este pasado domingo, 11 de agosto, a fase final da cuarta edición do concurso “Canta con Ames”. As/os finalistas interpretaron dous temas completos de distinto estilo musical. Trala actuación das/os finalistas, o xurado decidiu que as/os gañadoras/es desta edición son Anaís Fernández, na categoría de persoas ata 17 anos; Paula Barreiro, na categoría maiores de 18 anos; e Silvia Veiga e Cecilia Pardo, na categoría dúos e tríos. A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, destacou a boa afluencia de público que tivo a final e tamén o éxito desta cuarta edición do certame. Premendo nesta ligazón podes acceder á galería de imaxes do evento.
O Concello de Ames, a través de dous decretos da Alcaldía, vén de aprobar a adxudicación das obras de eliminación de barreiras e mellora da accesibilidade en Bertamiráns e no Milladoiro. Este proxecto está incluído no Plan Impulsa Ames, que está cofinanciado co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). No caso de Bertamiráns, os traballos foron adxudicados á empresa Obras y Viales de Galicia SL (OVIGA SL) por un importe de 69.820 euros. Con respecto ao Milladoiro, as obras foron adxudicadas a Construcciones Iglesias Mera SL por un importe de 10.807,45 euros. O proxecto ten un orzamento total de 80.627,45 euros.
A Xunta de Goberno Local aprobou o pasado 5 de outubro a adxudicación do contrato de redacción do proxecto básico e de execución para a construción do Mercado municipal de abastos, por un importe de 33.036,77 euros (IVE incluído). O proxecto abordará a rehabilitación da Casa de Barbazán, situada en Bertamiráns, e a súa ampliación para acoller os espazos necesarios para crear unha praza de abastos e un espazo cuberto, aberto e flexible para empregar como mercado para os produtores locais e dos seus produtos de proximidade. Tamén se ordenará o espazo exterior, hoxe utilizado unicamente coma aparcamento, para poder acoller actividades de mercado ao aire libre ou outro tipo de eventos, buscando a máxima polivalencia para a utilización deste espazo. Premendo nesta ligazón podes ver un vídeo explicativo do anteproxecto do Mercado municipal de abastos.
Na Xunta de Goberno Local celebrada este xoves, 1 de setembro, aprobouse o expediente de licitación, mediante procedemento aberto simplificado da obra de construción do centro multifuncional de lecer, cultura e promoción económica dirixido á mocidade e persoas en risco de exclusión social no Milladoiro, que está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020.
A Xunta de Goberno Local aprobou a licitación do concurso de ideas, por un importe de 30.000 euros, para a creación dun centro de ocio, cultura e promoción económica no Milladoiro, a través de decreto da Alcaldía. Este acordo coincide coa declaración do estado de alarma por parte do Goberno do Estado, polo tanto está suspendido temporalmente o prazo de presentación de ofertas a dita licitación. Este proxecto está incluído no Plan Impulsa Ames que está financiado con fondos europeos FEDER. O centro construirase no Milladoiro, na avenida Muíño Vello, xunto ao parque empresarial e nas proximidades do instituto, a área de ocio, o albergue e a Igrexa do Milladoiro.
A Xunta de Goberno Local aprobou este pasado xoves, 20 de xullo, o expediente de contratación, mediante procedemento aberto simplificado, para a redacción do proxecto básico e de execución da construción do Mercado municipal de abastos de Ames, convocando a licitación. Dito contrato conta cun orzamento base de contratación de 33.036,77 euros. O proxecto abordará a rehabilitación da Casa de Barbazán, situada en Bertamiráns, e a súa ampliación para acoller os espazos necesarios para crear unha praza de abastos e un espazo cuberto, aberto e flexible para empregar como mercado para os produtores locais e dos seus produtos de proximidade. Tamén se ordenará o espazo exterior, hoxe utilizado unicamente coma aparcamento, para poder acoller actividades de mercado ao aire libre ou outro tipo de eventos, buscando a máxima polivalencia para a utilización deste espazo. Premendo nesta ligazón podes ver un vídeo explicativo do anteproxecto do Mercado municipal de abastos.
A Xunta de Goberno Local de Ames vén de aprobar, o pasado 27 de xullo, o expediente de contratación do Servizo de Xestión, coordinación, asesoramento, comunicación e difusión do Laboratorio para o impulso da nova produción audiovisual dende o Concello de Ames (Ames AV Lab). Dito servizo licitarase por importe de 59.416,65 euros. O Ames AV Lab é un laboratorio de aceleración de proxectos audiovisuais que busca impulsar a produción, fomentar o talento emerxente e dinamizar o importante tecido produtivo do sector audiovisual no concello.
- ‹ anterior
- 14 de 56
- seguinte ›
Trámites do departamento
Eventos del departamento
Kárting de bicicletas na Praza de Manuel Murguía do Milladoiro, destinado a nenas e nenos de 6 a 16 anos.
O obradoiro de “Adorno de fiestras” celebrarase no local Biosbardos, en Bertamiráns, de 10:00 a 12:00 horas. Para asistir a estas actividades, débese inscribirse previamente cubrindo este impreso para os nenos e nenas. Tamén se pode solicitar enviando un correo electrónico a promocioneconomica@concellodeames.gal.
O obradoiro de “Adorno de fiestras” celebrarase no local Retumban Risas, Milladoiro, de 17:00 a 19:00 horas. Para asistir a estas actividades, débese inscribirse previamente cubrindo este impreso para os nenos e nenas. Tamén se pode solicitar enviando un correo electrónico a promocioneconomica@concellodeames.gal.
O obradoiro de Candeas, dirixido a adultos, terá lugar no local Biosbardos, na Rúa do Rueiro de Bertamiráns de 10:00 a 12:00 horas. Para asistir a estas actividades, débese inscribirse previamente cubrindo este impreso para que os adultos fagan a inscrición. Tamén se pode solicitar enviando un correo electrónico a promocioneconomica@concellodeames.gal.
O obradoiro familiar de cotillón celebrarase no local Biosbardos, en Bertamiráns, de 17:00 a 19:00 horas . Para asistir a estas actividades, débese inscribirse previamente cubrindo este impreso para os nenos e nenas. Tamén se pode solicitar enviando un correo electrónico a promocioneconomica@concellodeames.gal.
Obradoiro destinado a razaces e rapazas de máis de 14 anos que terá lugar na carpa da Praza de Manuel Murguía do Milladoiro. As prazas son limitadas polo que é necesario inscribirse enviando un correo a promocioneconomica@concellodeames.gal. O prazo para facelo remata o 26 de decembro.
O obradoiro, destinado para rapazada de máis de 14 anos, desenvolverase na carpa da Praza de Chavián en Bertamiráns.
As prazas son limitadas polo que se require inscrición enviando un correo a promocioneconomica@concellodeames.gal, dispoñible ata o 18 de decembro.
Obradoiro destinado a un público adulto, que se desenvolverá na carpa da Praza de Manuel Murguía no Milladoiro. As prazas son limitadas polo que se require inscrición enviando un correo a promocioneconomica@concellodeames.gal, dispoñible ata o 18 de decembro.
O obradoiro, destinado a nenos e nenas de entre 7 e 12 anos, desenvolverase na carpa da Praza de Manuel Murguía do Milladoiro. A inscrición realizarase enviando un correo a promocioneconomica@concellodeames.gal, dispoñible ata o 18 de decembro.
O obradoiro terá lugar na carpa da Praza de Chavián, en Bertamiráns. É unha actividade destinada a todos os públicos. Para inscribirse na actividade é necesario enviar un correo electrónico a promocioneconomica@concellodeames.gal, dispoñible do 2 ao 18 de decembro.
- ‹ anterior
- 14 de 19
- seguinte ›