Pestanas principais

Alfombristas de Ames participan no IV Encontro Internacional de Arte efémera de Bueu

Venres, 26 de xullo de 2019

Arredor de 10 persoas de Ames, que no seu tempo libre se dedican a elaboración de alfombras florais, participan esta fin de semana no Encontro Internacional de Arte efémera, que se celebra en Bueu os días 26, 27 e 28 de xullo. Trátase dun evento de carácter internacional que reúne delegacións de alfombristas de 6 países diferentes (India, Malta, Portugal, Italia, Alemaña e España). Previamente, este xoves o alcalde e maila concelleira de Promoción Económica estiveron, xunto con varias/os alfombristas de Ames, cunha delegación de alfombristas que visitaron a capela de San Xoanciño de Pousada.

Arredor de 10 persoas de Ames, que no seu tempo libre se dedican a elaboración de alfombras florais, participarán por segundo ano consecutivo no Encontro Internacional de Arte efémera, que se celebra en Bueu os días 26, 27 e 28 de xullo. Trátase dun evento de carácter internacional que reúne delegacións de alfombristas de 6 países diferentes -India, Malta, Portugal (2), Italia (3), Alemaña e España- na confección de alfombras ao redor do tema común "O camiño das estrelas ao seu paso por Bueu", cada cal coa súa proposta artística e de acordo ás súas tradicións.

Os deseños enmarcaranse na forma dun ánfora romana atopada en Bueu e empregada naqueles tempos para levar os produtos da salazón desta zona da península ibérica a outros moitos puntos de Europa, simbolizando así a conexión de Bueu co mundo a través destas rutas comerciais e culturais. A noite do 26 de xullo todas as delegacións participantes despregarán a súa creatividade para ofrecer os mellores traballos de alfombristas. Estas obras de arte efémero estarán posteriormente expostas ao público os días 26 e 27, na praza Massó de Bueu.

A alfombra floral, que elaborarán as/os alfombristas de Ames, terá unhas dimensión de aproximadamente 8x5 metros. Na imaxe da alfombra poderase ver a fachada da capela de San Xoanciño de Pousada e maila ponte romana de Augapesada.  

Recepción a unha delegación de alfombristas de diferentes países
Por outra banda, este pasado xoves, 25 de xullo, varias das persoas amesás que se dedican a elaboran de alfombras florais recibiron na capala de San Xoanciño de Pousada a unha delegación de alfombristas de diferentes países como Italia, Malta, India, así como a unha representación de Cataluña e a varios integrantes da Asociación de alfombras de Bueu. En dita recepción participou o alcalde de Ames, José Miñones, a concelleira de Promoción Económica, Ana Paz, a presidenta das/os alfombristas de Ames, María José Bello, a presidenta da Comisión internacional de alfombristas, Vicenta Pallarés, e a presidenta da Asociación cultural de alfombristas de Bueu, Camen Santos.

As alfombristas de Ames estiveron trallando estes últimos días arreo, para poder entregar onte pola tarde unha parte da flor coa que van facer a alfombra no Encontro Internacional de Arte efémera de Bueu.

Ligazóns:

La Voz de Galicia: "Alfombristas de cinco países se dan cita en Bueu el domingo"

Recepción a unha delegación de alfombristas de diferentes países

Multimedia

  • Recepción a unha delegación de alfombristas de diferentes países
  • Recepción a unha delegación de alfombristas de diferentes países
  • Recepción a unha delegación de alfombristas de diferentes países
  • Deseño da alfombra floral que se vai elaborar en Bueu