Actualidade

A Xunta de Goberno Local ordinaria, celebrada este xoves, 13 de agosto, aprobou o expediente de licitación, mediante procedemento aberto, tramitación anticipada, das obras de construción do mercado municipal de Ames en Bertamiráns. O contrato terá un orzamento de 3.293.003,90 euros (IVE incluído) e está cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2021-2027 a través do Plan Edil “CONECTA AMES”, a Xunta de Galicia a través da Consellería de Emprego e a Deputación da Coruña.

A Xunta de Goberno Local aprobou o pasado xoves, 2 de xullo, a concesión de axudas relativas á promoción do comercio local do exercicio 2026. O obxectivo destas subvencións é a de favorecer a promoción e o desenvolvemento de actividades realizadas no seo das asociacións de comerciantes e profesionais do concello de Ames, que estean legalmente constituídas e inscritas no rexistro municipal. Deste xeito, concédense tanto axudas para a promoción comercial como para infraestruturas. As asociacións beneficiarias son a Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) e a Asociación de Empresarios do Parque Empresarial do Milladoiro, entre as que se repartirán un total de 30.810,83 euros.

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, destacou hoxe en Televés Corporación “a aposta estratéxica” do Goberno pola industria tecnolóxica galega cos fondos do Plan de Recuperación. Fíxoo durante unha visita esta mañá ás instalacións de Televés Corporación en Santiago de Compostela, onde estivo acompañado polo CEO da compañía, Gonzalo Redondo; e polo alcalde de Ames, Blas García.

O Concello de Ames participará un ano máis no encontro “Innpulso Emprende 2026”, organizado pola Red de Ciudades de la Ciencia y la Innovación (Red Innpulso), entidade dependente do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades (MICIU). Ames forma parte desta rede dende o ano 2018. O evento celebrarase os días 29 e 30 de setembro na cidade de Terrassa. O proxecto que representará ao noso municipio nesta edición será presentado por persoal da empresa tecnolóxica situada no Milladoiro, Binarial. Esta entidade traballa no desenvolvemento de robótica aplicada á industria.

A Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) presenta a campaña «Pechamos», unha iniciativa coa que pretende sensibilizar a cidadanía sobre o papel fundamental que desempeña o comercio local na vida diaria de Ames. A acción desenvólvese hoxe, 30 de xuño, coincidindo coa antesala das rebaixas de verán, unha das épocas de maior actividade para o sector.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica e Emprego, creou a Guía de Empresas de Ames, un proxecto que ten o obxectivo de ofrecer a empresarios e usuarios amesáns unha base de datos das empresas e do comercio local. Baixo o slogan “Localizar unha empresa en Ames agora é fácil” a Administración local achega o comercio local e hostalaría á veciñanza mediante esta plataforma dixital, que permite localizar empresas, comercios e locais de hostalería de maneira sinxela dende a rede. A dito aplicativo pódese acceder a través dun dos banners que están na cabeceira da web municipal e no apartado Atención cidadá, información e participación.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica e Emprego, creou a Guía de Empresas de Ames, un proxecto que parte co obxectivo de ofrecer a empresarios e usuarios amesáns unha base de datos das empresas e do comercio local. Baixo o slogan “Tes que estar!” a Administración local busca achegar o comercio local á veciñanza mediante esta plataforma dixital, que permite localizar empresas, comercios e locais de hostalería de maneira sinxela dende a rede. O aplicativo será público e accesible a través da web do Concello. Na actualidade, está aberto o prazo para altas de novos establecementos e corrección de posibles erros.

O alcalde de Ames, Blas García, e a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, participaron esta mañá na visita institucional á rodaxe do filme Un deus que non baila (anteriormente titulada Serenade), que foi un dos sete proxectos premiados con 10.000 euros cada un dentro do Ames AV LAB, para as actividades de definición e desenvolvemento inicial. Esta longametraxe conta coa dirección do amesán, Pedro Díaz, e con María Vázquez e Bruna Cusí nos papeis protagonistas.

A Asociación Xuntanza de Empresarios presentou este luns, 1 de xuño, no parque do Ameneiral, a súa nova campaña de concienciación social baixo o lema Éche un falar miudiño. Respecta os teus veciñ@s. Charla baixiño, unha iniciativa destinada a promover o respecto aos niveis de ruído permitidos e a reforzar a convivencia entre a actividade hostaleira, a veciñanza e as persoas usuarias dos establecementos. A iniciativa busca implicar á hostalaría, á veciñanza e ás persoas consumidoras na promoción dun ocio respectuoso e compatible coa convivencia.

O Concello de Ames participará un ano máis no encontro “Innpulso Emprende 2026”, organizado pola Red de Ciudades de la Ciencia y la Innovación (Red Innpulso), entidade dependente do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades (MICIU). Ames forma parte desta rede dende o ano 2018. O evento celebrarase os días 29 e 30 de setembro na cidade de Terrassa. Premendo nesta ligazón podes consultar as bases completas da convocatoria.
- 1 de 66
- seguinte ›




