Pestanas principais

Axudas para o desenvolvemento de enerxías renovables, concretamente o autoconsumo e o almacenamento eléctrico no sector residencial, as administracións públicas e o terceiro sector

Programas de incentivos 4 e 5 do Plan de recuperación, transformación e resilencia.

O Concello de Ames é beneficiario dunha axuda por importe de 56.100 euros para realizar unha instalación fotovoltaica na ETAP de Lens. Esta subvención foi concedida polo Inega por resolución do procedemento IN422K-8158 o día 13 de setembro de 2023. Dita instalación, que conta cunha potencia de 74,800 kW, está sendo executada polo Concello de Ames.

Esta axuda enmárcase dentro  dos  programas de incentivos 4 e 5 do Plan de recuperación, transformación e resilencia, para o desenvolvemento de enerxías renovables, concretamente o autoconsumo e o almacenamento eléctrico no sector residencial, as administracións públicas e o terceiro sector.

A axuda finánciase no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia Europeo, ao amparo do instrumento temporal NextGeneration EU. Correspóndelle ao Inega a competencia para instruír o procedemento administrativo de concesión de dita subvención.

A tipoloxía do proxecto que executa o Concello de Ames é unha instalación fotovoltaica sen almacenamento na ETAP de Lens que dispón dun investimento (IVE incluído) de 77.005,02 euros.