Pestanas principais

Departamento de Promoción Económica e Emprego

Novas do departamento

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe, 28 de xaneiro, a modificación das bases da campaña de tarxetas bono Reactiva Ames. Deste xeito, modifícase o primeiro período da campaña Merc@mes. Inicialmente estaba previsto que se desenvolvese do 5 de febreiro ata o 31 de marzo, pero debido ás novas restricións aprobadas esta mesma semana pola Xunta para frear o nivel de contaxios pola Covid, decidiuse modificar as datas da primeira fase de dita campaña. Así, desenvolverase do 19 de febreiro ata o 19 de abril. A segunda fase será do 1 de setembro ata o 31 de outubro. Durante as dúas fases a clientela do comercio local poderá mercar dous tipos de bonos: un polo que se pagarán 30 euros e se obterán 50€ para gastar, e outro que custará 60 euros e terá un valor á hora de realizar as compras de 100€. A través desta iniciativa trátase de fomentar as compras no comercio local de Ames.

Dende este martes, día 6, ata finais do mes de agosto, as oficinas da Unión de Consumidores de Galicia, en Bertamiráns e no Milladoiro, estarán pechadas por descanso do persoal. O servizo de asesoramento enmárcase dentro do acordo que teñen asinado o Concello de Ames e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL). No mes de setembro volverase a ofrecer dito servizo no horario habitual: os martes no Milladoiro e os xoves en Bertamiráns. A oficina de Santiago estará aberta en horario de 10:00 horas a 15:00 horas durante este mes.

Tras cinco meses, dende xuño, situado na rúa do Sar, o mercado de rúa volve a ubicarse no centro de Bertamiráns. Deste xeito, este sábado 14 de novembro, os postos ambulantes ocuparán as rúas Ameneiral e Entrerríos, así como a praza do Concello para poder cumprir as medidas de distancia e seguridade que dita o regulamento da Xunta de Galicia na loita contra a pandemia da COVID-19.

Os concellos de Ames e de Brión poñen en marcha unha nova edición do Programa Integrado de Emprego. Dirixido a 100 mulleres desempregadas, a formación orientarase ao traballo nos sectores socio sanitario, comercial e de atención ao público, ocio e tempo libre, turismo, limpeza, hostalería e manexo de maquinaria. Ademais, as participantes recibirán formación transversal en novas tecnoloxías e idiomas, técnicas de busca de emprego, marca persoal, comunicación, habilidades sociais e intelixencia emocional e emprendemento. Tamén contarán con titorías persoais que as acompañarán á hora de buscar emprego. O Programa está financiado con 213.599,74 € pola Consellería de Emprego e Igualdade e cofinanciado polos concellos de Ames e Brión. Para participar ou solicitar máis información do proceso de inscrición e do funcionamento do programa hai que cubrir este formulario.

Tras o éxito acadado na edición anterior do programa InserAmes-Brión XI (período 2018-19), cunha porcentaxe de inserción laboral superior ao 60% das persoas participantes, os concellos de Ames e Brión acaban de poñer en marcha un novo programa que rematará en outubro do 2020. Na décimo segunda edición do InserAmes-Brión participan 100 persoas desempregadas, residentes nos concellos de Ames e Brión, que pertencen aos colectivos de menores de 30 anos e maiores de 45 anos.

O Concello de Ames colaborou con REAS Galicia na organización do VI Encontro aberto da Economía Social e Solidaria, que se desenvolveu o sábado, 22 de maio, no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Houbo charlas dirixidas a representantes de pequenas entidades co fin de potenciar a relación entre o tecido da economía social. O alcalde Ames, Blas García, asistiu á apertura da xornada, que se desenvolveu de 11.00 a 14.00 horas. Un total de 15 entidades e 35 persoas participaron en dito Encontro.

Calquera persoa, residente ou non, no concello de Ames, pode adquirir os bonos que se poñerán a venda a partir deste próximo luns, 1 de marzo, en Bertamiráns e no Milladoiro. As persoas que queiran mercar ditas tarxetas terán que presentar o seu DNI para acreditar que son maiores de 18 anos. Tamén se poderán mercar estes bonos nas carpas informativas que o Concello ten previsto instalar os días 5 de marzo, na rúa Travesa do Milladoiro, e o día 6, na praza da Maía de Bertamiráns. Existen dous tipos de bonos: un polo que se pagarán 30 euros e se obterán 50€ para gastar, e outro que custará 60 euros e terá un valor á hora de realizar as compras de 100€. A través desta campaña preténdese valorizar e impulsar as compras no comercio local. Preme nesta ligazón para consultar os establecementos adheridos a dita campaña.

Os Concellos de Ames e Brión están impartindo dende o pasado mes de outubro a quinta edición do obradoiro dual de emprego Renova no que participan 20 alumnos/as traballadores/as. Nesta edición impártense 12 meses de formación sobre o certificado de profesionalidade oficial de montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas de 420 horas de duración. Ademais, impártese un módulo do certificado de profesionalidade de montaxe de sistemas domóticos e inmóticos de 210 horas. Este certificado completo ten unha duración de 360 horas. Dita formación complementouse co curso de prevención de riscos laborais en alturas e mailo curso de plataformas elevadoras móbiles para persoas (PEMP).

Os Concellos de Ames e Brión están a desenvolver a sexta edición do obradoiro dual de emprego Renova, no que participan 20 alumnos/as traballadores/as. Nesta edición impártense 12 meses de formación sobre o certificado de profesionalidade oficial de montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas. Ademais, impártense as especialidades do catálogo SEPE: SSCI002 Operacións auxiliares de mantemento en piscinas de uso colectivo e fontes ornamentais e SSCI016PO Mantemento e conservación de piscinas. Dita formación complementouse co curso de prevención de riscos laborais en alturas e mailo curso de plataformas elevadoras móbiles para persoas (PEMP).

Os Concello de Ames e Brión están desenvolvendo o obradoiro dual de emprego ForestAmes-Brión no que participan 20 alumnos/as traballadores/as e un equipo de 5 persoas que forman o persoal administrativo e docente. Este obradoiro comezou o pasado 28 de decembro de 2020 e realizarase ata o 27 de setembro de 2021. Durante 9 meses os traballadores/as recibirán formación específica sobre o certificado de profesionalidade oficial de repoboacións forestais e tratamentos silvícolas, que conta con 410 horas de duración. Dentro do apartado de formación complementaria, o alumnado vén de participar nun curso sobre prevención de riscos laborais, de 60 horas de duración, impartido no centro de formación de Aldea Nova.

Eventos del departamento

A praza da Maía de Bertamiráns acolle esta tarde, ás 18:00 horas, o concerto de  Broken Peach.

O concerto enmárcase dentro do Programa Ameson que organiza a Concellaría de Promoción Económica coa intención de dar vida ás rúas de Ames no tempo de Nadal e, consecuentemente, promover as compras no comercio local.

A praza da Maía de Bertamiráns acolle hoxe, día 22 de decembro, ás 18:00 horas, a actuación de  Paco Nogueiras que presentará o seu novo espectáculo “Extra”.

O concerto está dirixido a público familiar.

A cantante e veciña de Ames, Sofía Rial, actuará o 20 de decembro, ás 18:00 horas, na praza de Manuel Murguía do Milladoiro.

A artista, que gañou o “Recantos do Luar” do ano 2020, aproveitará o concerto para dar a coñecer a súa banda.

A praza do Concello de Bertamiráns acolles hoxe, a partir das 18:00 horas, un concerto de Nadal a cargo da Escolanía da Catedral de Santiago.

O evento  encádrase dentro do Programa Ameson que organiza a Concellaría de Promoción Económica coa intención de dar vida ás rúas de Ames no tempo de Nadal e, consecuentemente, promover as compras no comercio local.

A cantante de Ames Thais Suki actúa hoxe, ás 18:00 horas, na praza de Manuel Murguía do Milladoiro.

O evento encádrase dentro do Programa Ameson que organiza a Concellaría de Promoción Económica coa intención de dar vida ás rúas de Ames no tempo de Nadal e, consecuentemente, promover as compras no comercio local.

O 23 de decembro, ás 18:00 horas, na praza de Manuel Murguía do Milladoiro, actuará o Grupo Lume, que lidera o veciño de Ames e antigo cantante da orquestra Compostela, Miguel Torres.

As actividades de Nadal do Concello de Ames darán comezo o sábado 10 de decembro, cun acto de acendido das luces de Nadal que se celebrará na Praza do Concello, en Bertamiráns, ás 18:00 horas. O acto contará cunha actuación dos rapaces e rapazas da Escola Municipal de Música de Ames (EMMA), e os asistentes poderán desfrutar dunha degustación de chocolate con churros.

O acto inaugural da programación de Nadal da Concellaría de Promoción Económica neste ano 2021 é o acendido das luces, que terá lugar o 8 de decembro ás 18:30 horas na Praza do Concello, en Bertamiráns. Durante a tarde, a veciñanza gozará da actuación musical da escola de música EMMA e dunha chocolatada con churros. O evento forma parte do programa "Nadal con Ames na Rúa".

Este sábado 12 de novembro, ás 17:00 horas, a cancha deportiva da praza de Chavián, en Bertamiráns, acollerá a actuación dun grupo de rapaces e rapazas barceloneses que levan proclamándose campións de España deste deporte durante once anos consecutivos e campións do mundo nas últimas nove edicións.

As actividades da programación de Nadal continúan este xoves, 22 de decembro, ás 20:00 horas, na praza da Maía, en Bertamiráns, co espectáculo “Isto é Rock” que forma parte do AmesOn de Nadal. Trátase dun espectáculo familiar sobre a historia do rock con música en vivo baseada no libro infantil “Isto é rock!” de Javier Becerra. No repertorio inclúense temas como “Waterloo” (Abba), “Satisfaction” (The Rolling Stones), “Piece Of My Heart” (Janis Joplin), “Blitzkrieg bop” (Ramones), “Bohemian Rapsody” / “We Will Rock You” (Queen) ou “Highway To Hell” (AC/DC), entre outros.