- Enderezo: Praza do Concello, nº 2, Bertamiráns.
- Teléfono: 981 88 30 02
- Horario de atención ao público:
- De luns a venres, en horario das 9:00 ás 14:00 horas.
- Responsable municipal: Concellaría de Promoción Económica
Pestanas principais
Departamento de Promoción Económica e Emprego
Servizos e programas
Novas do departamento
Na Xunta de Goberno Local celebrada este xoves, 26 de xaneiro de 2023, aprobouse o expediente de licitación, mediante procedemento aberto simplificado, do servizo para a execución e seguimento das accións do programa de inserción laboral para colectivos desfavorecidos do concello de Ames que estará cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020.
Na Xunta de Goberno Local celebrada o pasado 14 de xullo de 2022 aprobouse o expediente de licitación, mediante procedemento aberto simplificado do servizo para o desenvolvemento dunha plataforma web e móbil que permita promocionar o comercio local do concello de Ames, que estará cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020.
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o pasado 30 de decembro de 2021 o pagamento de 28.763,04 euros, correspondentes á liña de subvencións para a promoción do comercio local, exercicio 2021. A finalidade destas subvencións é a de favorecer a promoción e o desenvolvemento de actividades realizadas no seo das asociacións de comerciantes e profesionais do Concello de Ames, que estean legalmente constituídas e inscritas no rexistro municipal. Deste xeito, concédense estas axudas para a promoción comercial e para infraestruturas. As asociacións beneficiarias son Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), a Asociación de Empresarios do Parque Empresarial do Milladoiro e a Asociación de pequenos comerciantes Viorneira, Palmira Bulevar.
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o pagamento dos 36.137,06 euros correspondentes á liña de subvencións para a promoción do comercio local, exercicios 2017-2018. A finalidade destas subvencións é a de favorecer a promoción e o desenvolvemento de actividades realizadas no seo das asociacións de comerciantes e profesionais do Concello de Ames, que estean legalmente constituídas e inscritas no rexistro municipal, subvencionándose aquelas accións non incluídas dentro da campañas de Nadal, para o cal xa existe unha subvención propia. As asociacións beneficiarias son a Asociación de Comerciantes de Bertamiráns, a Asociación de Empresarios do Parque Empresarial do Milladoiro e a Asociación de comerciantes Palmira Bulevar.
Mañá, venres 12 de xullo comeza unha nova edición do concurso Canta con Ames coa primeira xornada de preselección. Este ano a participación incrementouse máis dun 30% con respecto a edición anterior, pasando de 24 a 32 participantes. Entre os/as concursantes hai persoas de Ames pero tamén doutros puntos de Galicia e España. Haberá tres categorías: persoas ata 17 anos, con 12 participantes; persoas a partir dos 18 anos, na que se inscribiron 15 artistas; e dúos e tríos (catro dúos e un trío). Haberá dúas xornadas de preselección, unha mañá no Milladoiro e outra o sábado 13 en Bertamiráns. A semifinal será no Milladoiro o 3 de agosto e a final celebrase en Bertamiráns o 11 de agosto. O concurso será presentado por Loly Gómez, e o xurado estará composto por Inés Suárez, Noelia Bellas e Lara López.
Ata o día 12 de xaneiro está aberto o prazo para solicitar praza no novo programa integrado de emprego dos Concellos de Ames e Brión (2023-2024). Esta edición o programa está aberto a 100 persoas desempregadas que se formarán nos sectores do comercio, almacén, ocio e tempo libre, turismo, idiomas e novas tecnoloxías. O pasado 16 de novembro rematou a edición 2022-2023, superando o obxectivo de inserción fixado inicialmente do 40% do total das persoas participantes chegando case ao 50%.
As Súas Maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar visitaron un ano máis as localidades de Bertamiráns e do Milladoiro, para poder estar con todas as nenas e nenos de Ames antes da noite de Reis. Co obxectivo de que as Súas Maxestades de Oriente puideran recibir a pequenos e adultos, o Concello habilitou os pavillóns polideportivos de ambos núcleos. Deste xeito, durante o martes 4 e mailo mércores 5 de xaneiro, en horario de mañá e tarde, arredor de 1.200 unidades familiares pasaron polos pavillóns para poder saudar e falar con Melchor, Gaspar e Baltasar. Ademais, 100 rapaces e rapazas, que non puideron acudir á Recepción real por mor dun confinamento por coronavirus, recibiron nos seus domicilios un pequeno agasallo e puideron falar cos Reis Magos a través de vídeo chamada. Pódense ver todas as imaxes da galería sobre a Recepción Real premedo neste enlace.
O local da asociación Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) acolleu este pasado xoves, 23 de xaneiro, o sorteo dos tres premios incluídos na sexta edición da campaña de promoción do comercio local “Ilumina o teu sorriso”. No sorteo participaron arredor de 40 persoas que enviaron como mínimo dúas fotografías realizadas en dous dos lugares seleccionados polas súas decoracións de Nadal: nas prazas do Concello e da Maía, en Bertamiráns, ou na praza da Madalena e no aparcamento do Supercor, no Milladoiro. As persoas premiadas foron Alejandro Germán Jofre, Laura Paz García e Manuel Balsa Ces, que recibirán tres vales de 250, 150 e 100 euros, para gastar en comercios amesáns adheridos a XEA.
O Roteiro Maker, unha furgoneta que organiza obradoiros itinerantes gratuítos relacionados coa ciencia e a tecnoloxía, visitou os colexios de Agro do Muíño, A Maía, Barouta e Ventín entre o 20 e o 23 de febreiro para conmemorar o Día da Muller e a Nena na Ciencia. Nesta iniciativa participaron arredor de 400 alumnos e alumnas de educación infantil e primaria. Con esta iniciativa o Concello de Ames busca dar a coñecer a figura das mulleres en diversas áreas científicas. A empresa Mirabelle Comunicación Audiovisual está elaborando un vídeo sobre esta iniciativa que servirá para difundir o Roteiro Maker na Red Innpulso.
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, informa da posta en marcha do programa Vives Emprende da organización Acción Contra a Fame, cunha serie de talleres formativos en liña e de balde. O obxectivo é ofrecer ás persoas desempregadas unha saída laboral no emprendemento, a través da formación, o asesoramento e o acceso a axudas directas e microcréditos. Neste senso, dende o próximo martes 19 ao xoves 28 de abril desenvolveranse seis talleres de xeito telemático, entre as 10:00 e as 13:00 horas. Para participar, cómpre inscribirse na páxina web vivesemprendeconomiasocial.org.
- ‹ anterior
- 15 de 56
- seguinte ›
Trámites do departamento
Eventos del departamento
O obradoiro de galletas para adultos celebrarase no local Dos Pasos, en Bertamiráns, de 17:00 a 19:00 horas. Para asistir a estas actividades, débese inscribirse previamente cubrindo este impreso para que os adultos fagan a inscrición. Tamén se pode solicitar enviando un correo electrónico a promocioneconomica@concellodeames.gal.
Entre o 16 e o 22 de setembro, os diferentes espazos de traballo que integran a Rede Provincial de Coworking da Deputación da Coruña, acollerán o evento Rede Coworking Fest, unha semana dedicada a promover a innovación, a colaboración e a cultura emprendedora a través dunha ampla variedade de actividades culturais e formativas. No espazo colaborativo A Proa, situado no parque empresarial do Milladoiro, vanse organizar dúas actividades: un encontro de emprendemento feminino o mércores 18 de setembro; e un obradoiro de mentalidade e vendas o 19 de setembro. Preme nesta ligazón para consultar a programación completa e inscríbete nas actividades.
En Bertamiráns está destinado a un público adulto, e desenvolverse pola mañá na carpa da Praza de Chavián. Mentres que no Milladoiro está destinado a un público infantil de 5 a 12 anos e desenvolverase pola tarde na carpa da Praza de Manuel Murguía.
O obradoiro, desenvolverase na carpa da Praza de Chavián de Bertamiráns pola mañá. Este está destinado a un público infantil, de 5 a 14 anos.
Mentres que pola tarde, o obradoiro desenvolverase na carpa da Praza de Manuel Murguía do Milladoiro, e está destinado a un público adulto.
O obradoiro, destinado a nenos e nenas de entre 5 a 14 anos, desenvolverase na carpa da Praza de Manuel Murguía no Milladoiro. As prazas son limitadas, polo que é necesario inscribirse enviando un correo a promocioneconomica@concellodeames.gal.
O obradoiro, destinado a nenos e nenas de entre 5 a 14 anos, desenvolverase na carpa da Praza de Chavián en Bertamiráns. As prazas son limitadas polo que é necesario inscribirse enviando un correo a promocioneconomica@concellodeames.gal, dispoñible ata o 18 de decembro.
O 26 de decembro a Casa dos Maiores de Bertamiráns organiza o obradoiro "Infantil e Maiores", no que os pequenos farán manualidades de Nadal cos seus avós e outros maiores do concello. O día 26 vaise adicar á elaboración de árbores de arxila. Haberá dúas sesións: ás 11:00 e ás 17:00 horas.
O 28 de decembro o Centro Social do Milladoiro organiza o obradoiro "Infantil e Maiores", no que os pequenos farán manualidades de Nadal cos seus avós e outros maiores do concello. O día 28 vaise adicar á elaboración de árbores de arxila. Haberá dúas sesións: ás 11:00 e ás 17:00 horas.
O 29 de decembro a Casa dos Maiores de Bertamiráns organiza o obradoiro "Infantil e Maiores", no que os pequenos farán manualidades de Nadal cos seus avós e outros maiores do concello. O día 29 vaise adicar á elaboración de casiñas de Nadal. Haberá dúas sesións: ás 11:00 e ás 17:00 horas.
O 27 de decembro o Centro Social do Milladoiro organiza o obradoiro "Infantil e Maiores", no que os pequenos farán manualidades de Nadal cos seus avós e outros maiores do concello. O día 22 vaise adicar á elaboración de casiñas de Nadal. Haberá dúas sesións: ás 11:00 e ás 17:00 horas.
- ‹ anterior
- 15 de 19
- seguinte ›