Pestanas principais

>Habana Group na praza da Maía

Domingo, 6 setembro, 2020
Ás 20:00 horas

A praza da Maía acolle hoxe, a partir das 20:00 horas, unha nova sesión de “Música na noite”, nesta ocasión a cargo de Habana Group. O concerto é de balde e o aforo limitado para manter a distancia e as medidas de seguridade e hixiene que impón a loita contra a Covid-19.

A iniciativa forma parte do programa AmesON, encadrado no Plan Reactiva Ames, co que o Concello pretende dinamizar os sectores cultural e comercial de Ames. Compoñentes de varias orquestras galegas que residen no noso concello xúntanse para interpretar música cubana tradicional. Unha boa ocasión para bailar a ritmo de clásicos que todos e todas temos na memoria.