Pestanas principais

Sistema Nacional de Garantía Xuvenil

O Concello de Ames é beneficiario dunha axuda por resolución da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais o abeiro da orde do 13 de agosto de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito da comunidade autónoma de Galicia, a través da colaboración con entidades locais, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021 – 2027, para a contratación dun/dunha Auxiliar Administrativo/a. O período de contratación é do 15/12/25 ata o 14/09/26 (9 meses).

O Concello de Ames solicitou e foille concendida unha axuda para á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil por un período de 9 meses, no ámbito da comunidade autónoma de Galicia, a través da colaboración con entidades locais, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021 - 2027

O posto para o que se solicitou e foi concedida a axuda é de Auxiliar Administrativa, adscrita á Concellería de Promoción Económica, Emprendemento e Atención e Participación Veciñal.

Segundo establece no preámbulo a Orde 13 de agosto de 2025 da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, “esta convocatoria de subvencións pretende apoiar a integración das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no mercado laboral a través dun Programa de colaboración con entidades locais e con organismos intermedios sen ánimo de lucro, dirixido a mellorar a empregabilidade e a inserción profesional das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil”.

Dado o perfil poboacional do Concello de Ames, cunha media de idade das máis novas de Galicia, é fundamental colaborar no desenvolvemento de accións de fomento de emprego, en particular, na mellora das posibilidades de inserción laboral das persoas mozas que non estudan nin traballan mediante a realización dun “traballo efectivo que lles procure unha práctica profesional necesaria para a súa integración sustentable no mercado de traballo”.

É por iso que se solicitou a subvención para o posto referido.

As tarefas principais que desenvolve a persoa contratada están relacionadas con:
Apoio en tarefas administrativas, Redacción de documentos coa supervisión do persoal técnico, Xestión de documentación, Arquivo, Atención ao público, Atención telefónica, Tarefas de apoio ao persoal técnico, etc. O período de contratación é do 15/12/25 ata o 14/09/26 (9 meses).