Pestanas principais

>III Festa do Comercio de Ames

Mércores, 13 maio, 2026
Ás 17.30 horas

A Xuntanza de Empresarios de Ames, en colaboración do Concello de Ames e a Xunta de Galicia, organizan a Festa do Comercio 2026 que se vai a realizar o 13 de maio en Bertamiráns e O Milladoiro. Nesta terceira edición haberá pipocas de millo polas rúas, talleres, concursos e concertos co obxectivo de dinamizar as rúas e animar a veciñanza a mercar no comercio local de Ames.

Esta é unha xornada que ten como obxectivo dinamizar o comercio e hostalaría locais, potenciando a economía de proximidade. Deste xeito, Bertamiráns e O Milladoiro gozarán de diferentes talleres, sorteos e concertos durante esta Festa do Comercio 2026. No caso de Bertamiráns (cómpre recordar que forma parte do recoñecemento Centro Comercial Aberto), unha das actividades máis destacadas é o taller de batucada que se impartirá na Praza da Maía, e que posteriormente rematará cunha gran batucada da man dos veciños e veciñas de Bugallido. Para poder participar, deberase presentar o recibo de compra nalgún dos establecementos asociados

Tamén haberá concertos: Chiña, ás 20.00 horas, na Praza da Maía, e o Dúo Infinito, ás 20.30, na Praza de Manuel Murguía, amenizarán esta xornada de festa. Non obstante, o prato forte será o gran sorteo especial de 500 euros con compras nos establecementos de XEA de Bertamiráns ao final da xornada. Para poder participar, deberase consumir nos locais asociados. No caso do Milladoiro, haberá sorteos en cada un dos establecementos comerciais.