Pestanas principais

Departamento de Normalización Lingüística

    • Enderezo: Pazo da Peregrina. Avenida de Azcárraga, nº 5, Bertamiráns. 15220 Ames.
    • Teléfono:  662 37 72 15
    • Horario de atención ao público: de 9:00 - 14:00 h
    • Responsable municipal: Concellaría de Normalización Lingüística
    • Responsable técnica: Rosa Moreiras Cuñarro, técnica de normalización lingüística
    • Obxectivo principal do servizo:
      • Incrementar o uso e o prestixio da lingua galega en todos os ámbitos municipais.

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames recibe unha subvención anual para gastos de persoal da Deputación da Coruña e outra da Xunta de Galicia.

Outros Datos: 
  • Funcións:
    • Asesorar e colaborar coa planificación lingüística do Concello de Ames
    • Promover actuacións para aumentar o uso do galego no ámbito municipal, de acordo coa normativa vixente, e entre a veciñanza
    • Contribuír á formación lingüística da veciñanza e do persoal municipal
    • Mellorar a calidade lingüística e comunicativa do Concello de Ames
    • Informar e asesorar sobre dereitos lingüísticos da veciñanza e deberes lingüísticos municipais
    • Asesorar sobre cuestións lingüísticas á veciñanza e ao persoal municipal

Novas do departamento

O pasado sábado, 3 de xuño, celebrouse na Casa da Cultura de Bertamiráns a final da décimo primeira edición do Club de Debate Alingua. Nesta última sesión competiron seis equipos, formados por rapazada de secundaria e bacharelato de distintos institutos de Dodro, Negreira, Santa Comba, Ferrol e Ames. O alumnado debateu sobre o tema “A mocidade renuncia ao galego?”, defendendo e argumentando posicións a favor e en contra, para tratar de conseguir a máxima valoración do xurado. En representación do concello amesán participaron un equipo do IES do Milladoiro, “Xente que fala”; e outro do IES de Ames, “Ames a palabra”. O primeiro deles, “Xente que fala”, foi o gañador desta edición, logrando facerse co posto por segundo ano consecutivo, con 324 puntos. 

Para conmemorar o Día das Letras Galegas deste ano, o alumnado do instituto de Bertamiráns participou no concurso “Letras 2021” co proxecto “Abecedáriome”. Trátase dun traballo no que se recollen aspectos da vida, a obra e a época na que viviu Xela Arias. Á entrega de premios, celebrada no centro educativo, acudiron o alcalde de Ames, Blas García; a concelleira de Normalización Lingüística, Escarlata Pampín; a directora do IES, M.ª Soledad Lestón; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor. A exposición galardoada estivo exposta na Casa de Cultura de Bertamiráns durante o mes de maio.

O IES do Milladoiro é o novo equipo campión do Club de Debate Alingua. Os anfitrións conseguiron o título este sábado no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Os vixentes campións e gañadores das dúas anteriores edicións, o IES Terra de Xallas, soben tamén ao podio, mais desta volta no segundo chanzo.

Enreguéifate, puro magnetismo! é o lema da oitava edición que deu comezo no pasado mes de outubro cun obradoiro de formación para profesorado. Agora, no mes de decembro impartiranse os obradoiros de improvisación oral nos centros escolares de Ames dende o martes 10 de decembro. Ata o 19 de decembro, participarán nesta iniciativa o IES Plurilingüe de Ames, o IES do Milladoiro, o CEIP A Maía, o CEIP de Ventín e o CEIP Agro do Muíño. Serán un total de trece obradoiros, dirixidos a alumnado de 5º e 6º de primaria e do primeiro ciclo ESO, impartidos por Lupe Blanco e Josinho da Teixeira.

A Casa da Cultura do Milladoiro acollerá este sábado, 8 de xuño, a gala de entrega de premios do XXI Certame Literario do Concello de Ames, a partir das 12:00 horas. O acto estará presentado pola xornalista e escritora, Nazaret López. Haberá actuacións a cargo do alumnado da Escola Municipal de Música de Ames: agrupación de violín (iniciación), grupo combo folk e alumnado de música e movemento. A entrada será libre e gratuíta.

O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acolleu esta tarde o acto central da programación do Mes das Letras Galegas en Ames. Foi un acto literario – musical no que se entregaron os premios do XIX Certame Literario Concello de Ames de narrativa e de poesía. A parte musical correu a cargo do grupo que participou no Obradoiro de Acollemento Lingüístico. En Galego co teu Acento!, impartido en Bertamiráns, e dos grupos de guitarra e linguaxe musical da EMMA. O acto estivo conducido pola actriz e presentadora Marián Bañobre de Ibuprofeno Teatro.

O Consello da Xunta aprobou o novo Nomenclátor Galicia que en Ames implica a modificación dos topónimos de unha parroquia, de dúas advocacións e de nove lugares, ademais da incorporación de  cinco nomes de lugar.

Música de diferentes estilos, xogos, contos, teatro, baile, xogo libre, obradoiros, maxia, cine, arrolos, creatividade, imaxinación, natureza... O Concello de Ames presenta unha ampla e variada programación con Apego para os meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2025. O obxectivo central de todas estas actividades é achegarlles recursos e propostas creativas ás familias para facilitarlles a transmisión da lingua e favorecer unha crianza positiva e con moito apego polo noso. Pódese consultar o programa completo e a información detallada sobre cada unha das actividades premendo nesta ligazón.

Youtubeiras, proxecto organizado polos servizos de normalización lingüística de doce concellos (entre os que se atopa Ames), das tres universidades galegas e da Deputación da Coruña co obxectivo de fomentar a creación en galego no Youtube con temáticas e formatos diversos, así como de promover e visibilizar os diferentes perfís de persoas xeradoras de contidos na Rede, celebrará este sábado, ás 20.00 horas, no Pazo da Cultura de Carballo a gala de entrega dos Premios Youtubeiras 2022. Un total de 22 propostas finalistas aspiran a gañar este concurso nalgunha das súas oito categorías: canle, youtubeira/o, youtubeira/o revelación, vídeo, calidade lingüística, pioneiro, rede e o premio do público. O certame repartirá 7.500 euros en premios entre as persoas gañadoras, que tamén recibirán un diploma acreditativo e unha medalla simbólica deseñada para a ocasión por Nahuel Pérez.

O Apego de Ames prepara unha nova edición da súa foliada, na que os músicos Sonsoles Penadique e Virxilio da Silva presentarán o espectáculo “Café Dorothé”. Na foliada darán a coñecer as cancións tradicionais galegas recollidas polos investigadores Dorothé Schubarth e Antón Santamarina no “Cancioneiro popular galego”, para bailar, cantar e xogar en familia. Será o venres 20 de maio no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, a partir das 18:00 horas. As inscricións para a actividade, de balde e dirixida ao público familiar, poderán realizarse dende hoxe ata o 19 de maio, enviando un correo ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal no que se indiquen nome e apelidos das persoas asistentes, teléfono de contacto e idade das crianzas.

Eventos del departamento

Language Planning e unha comedia áceda da compañía “Os Quinquilláns”, baseada nos relatos de “Made in Galicia” de Sechu Sende.

A representación terá lugar na Casa da Cultura de Milladoiro o venres, 8 de outubro ás 20:30 horas.

A obra chega a Ames a través do programa “Fala Redes” da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galiciua.

A función é de balde e os convites poden adquirirse xa na billeteira municipal.