Pestanas principais

Departamento de Xuventude

    • Enderezo:
      • Luns, mércores e xoves na Casa do Concello. Praza do Concello, nº2 Bertamiráns. 15220 Ames
      • Martes e venres na Casa da Cultura de Milladoiro. Tavesía do Porto s/n Milladoiro. 15895 Ames
    • Teléfono: 616 08 32 29
    • Horario de atención ao público: 09:00 a 14:00 horas.
    • Responsable municipal:  Concellaría de Mocidade
    • Responsable técnico: Pilar Villaverde Cutrín, técnica de mocidade e información xuvenil.
Outros Datos: 
  • Funcións:
    • Orientar e asesorar á mocidade de Ames,  garantindo que toda a poboación xuvenil do concello teña acceso a unha información ampla, obxectiva e actualizada en relacion aos seus intereses e necesidades.
    • Organizar, xestionar e promover programas e actividades formativas no marco da educación non formal orientadas a facer efectivas a igualdade de oportunidades e o desenvolvemento integral da mocidade a nivel formativo, laboral, familiar, etc.
    • Abordar medidas de cara a mellorar a calidade de vida da poboación xuvenil en diferentes ámbitos como o lecer e tempo libre, saude, educación en valores (igualdade de  oportunidades, interculturalidade,  violencia  de xénero, discapacidade…).
    • Favorecer a participación activa da mocidade na vida social e comunitaria, a través da dinamización de grupos informais e asociacións xuvenis.
    • Dar resposta a cantas dúbidas ou inquedanzas xurdan na mocidade apoiando e dando forma ás súas propostas e iniciativas en calquera ámbito de actuación do seu interese (cultural, formativo, ocio,...).
  • Novas relacionadas
  • Axenda.
  • Normativa
    • Lei 6/2012, de 19 de xuño, de xuventude de Galicia (DOG nº 139 do 20 de xullo de 2012).
    • Lei 39/2015 do procedemento administrativo común das administracións públicas
    • Lei 7/2007 do Estatuto básico do empregado público
    • Lei 2/2015 da función pública de Galicia
    • Lei 7/1985 das bases do réxime local

 

Novas do departamento

A Concellaría de Mocidade volve a apostar pola formación da mocidade en comunicación en lingua de signos. Deste xeito, convoca un novo curso de lingua de signos (LSE) para a poboación moza. A formación impartirase de outubro a decembro na Casa da Cultura do Milladoiro. As persoas interesadas en inscribirse poden facelo enviando o impreso de inscrición debidamente cuberto e asinado ao enderezo electrónico xuventude@concellodeames.gal entre o 23 e 30 de setembro. Hai 20 prazas dispoñibles que se asignarán por orde de chegada. 

O departamento de Xuventude organiza para o mes de novembro unha nova actividade para a mocidade amesá e para familias e persoas en xeral con perfís profesionais educativos ou do tempo libre. Desta volta, organiza un curso de formación en comunicación non violenta denominado Falarnos Bonito, que se vai desenvolver o 30 de novembro, de 11.00 a 13.00 horas, no Pazo da Peregrina. Trátase dunha actividade de balde, pero para participar hai que inscribirse enviando ata o 27 de novembro o impreso de inscrición ao enderezo xuventude@concellodeames.gal.

O Concello de Ames, a través do departamento de Xuventude, organiza unha nova edición do programa de reforzo educativo dirixido ao alumnado de 1º e 2º da ESO dos institutos do Concello de Ames. Desta volta, as clases desenvolveranse os luns e mércores na Casa da Cultura do Milladoiro, e os martes e xoves na Casa da Cultura de Bertamiráns, en ambas localidades con horario de 16.30 a 19.45 horas.

O Club Xuvenil de Ames, Distrito 13 17 dá a benvida ao mes de marzo cunha nova actividade. Deste vez, a sesión dedicarase á maquillaxe creativa, aproveitando o final da época de entroido. Será o vindeiro venres 6 de marzo, de 19.00 a 21.00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. Esta actividade enmárcase na programación de Distrito 13 17 para o mes de marzo, no que tamén se levará a cabo a xincana Ames Misterioso. Podes anotarte na seguinte ligazón. Para máis información, as persoas interesadas poden consultar en info@anacoseducativos.com ou no 694 216 484. Podes consultar toda a programación na seguinte ligazón.

O proxecto xuvenil Distrito 13 17 organiza o vindeiro sábado, 25 de abril, un Escape Room no Milladoiro. A actividade, que ten un carácter lúdico, arrancará ás 19.00 horas. Podes anotarte na seguinte ligazón. Para máis información, as persoas interesadas poden contactar en info@anacoseducativos.com ou no 694 216 484. Podes consultar toda a programación na seguinte ligazón.

O proxecto xuvenil Distrito 13 17 organiza o vindeiro sábado, 23 de maio, unha FoliQuedada. A actividade, que ten un carácter lúdico e integrador, arrancará ás 19.00 horas no anexo do pavillón municipal do Milladoiro. Podes anotarte na seguinte ligazón. Para máis información, as persoas interesadas poden contactar en info@anacoseducativos.com ou no 694 216 484. Podes consultar toda a programación na seguinte ligazón.

O proxecto xuvenil Distrito 13 17 organiza o vindeiro sábado, 9 de maio, a sesión Cinemanía. A actividade, que ten un carácter lúdico, arrancará ás 19.00 horas no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Podes anotarte na seguinte ligazón. Para máis información, as persoas interesadas poden contactar en info@anacoseducativos.com ou no 694 216 484. Podes consultar toda a programación na seguinte ligazón.

O pasado 15 de xullo abriuse un novo prazo para que os grupos musicais de Ames que estivesen interesados puideran solicitar a reserva do local municipal A Factoría. Despois de preto de 6 meses xa solicitaron as instalacións máis dunha ducia de grupos que dispoñen de ata 3 horas diarias para ensaio. O horario de ensaio é de luns a domingo, en horario de 10.00 a 22.00 horas. Durante o período de Nadal, A Factoría estivo pechada ao público para executar varias mellora do local, co obxectivo de que sexa máis acolledor para os usuarios/as. Efectuáronse melloras en canto ao illamento e insonorización. Despois de executar ditas mellora o local volve abrir as súas portas este mércores 12 de xaneiro.

A Concellaría de Mocidade organiza unha xornada de deporte e cultura urbana no parque de Lapido, en Bertamiráns, aproveitando as recentes melloras realizadas no recinto grazas aos orzamentos participativos de Mocidade e ao investimento da Concellaría de Deportes. Habilitaranse diferentes módulos para realizar skate e parkour, e practicarase slackline e calistenia no seu circuíto de exercicios do parque, inaugurado en xuño de 2020 xunto a outro similar no Milladoiro. As actividades terán lugar o mércores 22 de decembro, o primeiro día de vacacións de Nadal para a mocidade, das 15:00 ás 19:00 horas. A entrada será libre ata completar aforos.

O parque do Ameneiral, en Bertamiráns, acollerá o vindeiro xoves, 7 de agosto, a partir das 20.00 horas, o I Festival Emerxente, unha iniciativa que nace co obxectivo de ofrecer aos artistas novos unha plataforma onde poder darse a coñecer e presentar os seus traballos. A cita, organizada polos departamentos de Cultura e Mocidade do Concello de Ames, forma parte do programa de Ames en Festas e contará coas actuacións de Helena Pazos, MR. T, Lepayitss e Komojo. 

Eventos del departamento

O Concello de Ames, a través da Concellería de Mocidade de Ames, organiza unha nova actividade do programa Trouleando cunha xornada de deporte de aventura, no río Ulla, o próximo sábado 25 de abril.O prazo de inscrición estará aberto dende o 9 e o 16 de abril. As persoas interesadas deben inscribirse enviando a ficha de inscrición debidamente cumprimentada ao enderezo electrónico xuventude@concellodeames.gal. Hai 50 prazas dispoñibles que se asignarán por orde de chegada. Pódese descargar a ficha de inscrición nesta ligazón.

O departamento de Mocidade organiza na Casa da Cultura do Milladoiro unha xornada sobre emprendemento e emprego xuvenil o mércores 16 de outubro, de 16:30 a 19:30 horas. A esta xornada poden acudir tanto mozos e mozas interesados/as nesta cuestión como público xeral. Para inscribirse é necesario enviar un correo electrónico ao enderezo xuventude@concellodeames.gal.

O Concello de Ames reúne nun único cartel toda a programación de actividades que se van celebrar durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro en Ames. Deste xeito, ata finais de setembro vanse a realizar numerosas actividades como concertos, seráns ou festas.

A Concellaría de Mocidade organizou o programa [con]sentido. Con el preténdese inculcar aos mozos e mozas de Ames unha sexualidade positiva e saudable. A Xornada de Educación Sexual será na Casa da Cultura do Milladoiro entre as 10 e as 14 horas.

A Concellaría de Mocidade vén de poñer en marcha o Club xuvenil de Ames. Trátase dunha nova iniciativa a través da que se trata de crear un grupo de ata 30 mozos e mozas de entre 13 e 18 anos, para que compartan experiencias e proxectos. O venres, 22 de marzo, ás 19.00 horas, haberá un encontro na Casa da Cultura do Milladoiro. O obxectivo de ir facendo grupo e que os mozos e mozas interesados se unan a este club xuvenil

A Concellaría de Mocidade vén de poñer en marcha o Club xuvenil de Ames. Trátase dunha nova iniciativa a través da que se trata de crear un grupo de ata 30 mozos e mozas de entre 13 e 18 anos, para que compartan experiencias e proxectos. O sábado, 23 de marzo, ás 11:00 horas, haberá un encontro no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. O obxectivo de ir facendo grupo e que os mozos e mozas interesados se unan a este club xuvenil

O anfiteatro do Milladoiro acolle hoxe o obradoiro de rimas en galego “CeibaRimas” que organiza a Dirección Xeral de Xuventude da Consellaría de Política Social da Xunta e Galicia en colaboración coa OMIX de Ames. Trátase dun proxecto de rap improvisado en galego que ten como obxectivo prioritario a normalización da lingua galega entre a mocidade.

Celebrase hoxe no Pazo da Peregrina entre as 10:00 e as 13:00 horas.
Os obradoiros están dirixidos a persoas mozas dende os 14 anos, e conta con prazas limitadas.
Para inscribirse débese enviar a ficha de inscrición cuberta a partir do 13 de outubro  con.sentido@agasex.org