Pestanas principais

O Distrito 13 17 abre o mes de marzo cun obradoiro de maquillaxe creativa

Luns, 02 de marzo de 2026

O Club Xuvenil de Ames, Distrito 13 17 dá a benvida ao mes de marzo cunha nova actividade. Deste vez, a sesión dedicarase á maquillaxe creativa, aproveitando o final da época de entroido. Será o vindeiro venres 6 de marzo, de 19.00 a 21.00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. Esta actividade enmárcase na programación de Distrito 13 17 para o mes de marzo, no que tamén se levará a cabo a xincana Ames Misterioso. Podes anotarte na seguinte ligazón. Para máis información, as persoas interesadas poden consultar en info@anacoseducativos.com ou no 694 216 484. Podes consultar toda a programación na seguinte ligazón.

Logo da boa acollida do proxecto na súa inauguración, no mes de febreiro, o Distrito 13 17 abre marzo cunha nova actividade: un obradoiro de maquillaxe creativa. O vindeiro venres 6 de marzo, de 19.00 a 21.00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns, realizarase un achegamento ás técnicas do mundo da maquillaxe de fantasía. 

Aproveitando o final da época de entroido, os rapaces e rapazas que participen neste obradoiro poderán desenvolver o seu sentido creativo á vez que se nutren das ferramentas básicas en canto á elaboración dunha boa maquillaxe creativa. Todo isto, nun espazo de confianza orientado a pasalo ben, coñecer xente, crear, participar e facer cousas diferentes. 

Todas aquelas persoas interesadas en participar nesta actividade poden inscribirse mediante este formulario dixital ou a través do código QR da cartelaría antes do xoves previo á actividade. Cabe destacar que cada actividade é independente das demais, polo que anotarse nunha non é vinculante co resto. Para calquera dúbida, as persoas interesadas poden consultar en info@anacoseducativos.com ou no 694 216 484.

Máis actividades no mes de marzo
A seguinte actividade do mes será o próximo 21 de marzo e levará por nome Ames Misterioso, unha xincana polas rúas do Milladoiro na que, organizadas por equipos, as persoas participantes terán que resolver probas, superar enigmas e conectar pistas para descubrir a verdade. Unha actividade dinámica, chea de misterio e emoción, onde o traballo en grupo será a clave para poder avanzar. 

Distrito 13 17
Distrito 13 17 é un espazo activo, unha alternativa para que a xuventude do concello entre os 13 e os 17 anos (2013-2008) se coñeza e estableza nexos de unión e relacións sas, e onde a mocidade sexa a verdadeira protagonista do seu lecer. Cada encontro será unha oportunidade para expresarse, compartir, aprender e construír grupo, sempre nun ambiente seguro, respectuoso e participativo.

O Distrito 13 17 abre o mes de marzo cun obradoiro de maquillaxe creativa