Pestanas principais

O Distrito 13 17 volve no mes de maio con Cinemanía

Luns, 04 de maio de 2026

O proxecto xuvenil Distrito 13 17 organiza o vindeiro sábado, 9 de maio, a sesión Cinemanía. A actividade, que ten un carácter lúdico, arrancará ás 19.00 horas no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Podes anotarte na seguinte ligazón. Para máis información, as persoas interesadas poden contactar en info@anacoseducativos.com ou no 694 216 484. Podes consultar toda a programación na seguinte ligazón.

O Club Xuvenil de Ames, Distrito 13 17, regresa o próximo sábado 9 de maio coa actividade Cinemanía no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Dende as 19.00 e ata as 21.00 horas, os rapaces e rapazas participantes visionarán unha película e posteriormente desenvolverán dinámicas de reflexión e distensión arredor do filme. 

Deste xeito, as persoas asistentes a esta actividade poderán gozar dun espazo tranquilo no que ver, comentar e compartir impresións, combinando momentos de pensamento crítico con outros máis relaxados. Todo, arredor do cinema. 

Todas aquelas persoas interesadas en participar nesta actividade poden inscribirse mediante este formulario dixital ou a través do código QR da cartelaría antes do xoves previo á actividade. Cabe destacar que cada actividade é independente das demais, polo que anotarse nunha non é vinculante co resto. Para calquera dúbida, as persoas interesadas poden contactar en info@anacoseducativos.com ou no 694 216 484. 

Máis actividades en maio
A seguinte quedada do mes, será o sábado 23 de maio, cunha FoliQuedada na que haberá xogos, retos e moita música para gozar en equipo, perder a vergoña e pasalo en grande. Ademais, este mes o Distrito 13 17 a preparar unha convivencia para toda a mocidade, que terá lugar en xuño, os días 19 e 20. No formulario de inscrición haberá un apartado para facer chegar o interese en participar, e así poder organizar a saída. Antes da actividade realizarase unha reunión informativa para explicar todos os detalles e resolver dúbidas.

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "Cinema, reflexión e convivencia para a mocidade en Ames"

O Distrito 13 17 volve no mes de maio con Cinemanía

Multimedia

  • O Distrito 13 17 volve no mes de maio con Cinemanía