Pestanas principais

Departamento de Cultura

    • Enderezo: Casa da Cultura do Milladoiro. Travesia do Porto, s/n, O Milladoiro. 15895 Ames.
    • Teléfono:  662 37 74 44
    • Responsable municipal: Concellaría de Cultura
    • Responsable técnico: María José Vázquez Bermúdez, Técnica de Animación Sociocultural.
Outros Datos: 
  • Funciones:
    • Xestionar as actividades e eventos que desde o Departamento de Cultura se poñen en marcha, responsabilizándose do seu adecuado desenvolvemento.
    • Informar e asesorar aos grupos e entidades culturais do concello, así como ao público en xeral, valorar as demandas dos cidadás e incentivar a participación.
    • Xestionar os programas culturais que oferta a Deputación, Rede Cultural, Xunta de Galicia, AGADIC e Cultura no Camiño. Solicitude,desenvolvemento, xustificación.
    • Tramitar as axudas económicas correspondentes á área de cultura, tanto as que se solicitan desde o Concello, coma as que se convocan desde a Concellaría de Educación e Cultura de apoio as entidades culturais e comisións de festas.
    • Coordinar e xestionar as Escolas Culturais Municipais.

Novas do departamento

A Escola Municipal de Teatro, en colaboración co departamento de Cultura, organiza un curso de técnicas teatrais para falar en público. Será na Casa da Cultura do Milladoiro os días 26 e 27 de setembro en horario de 19:00 a 22:00 horas, e o día 28, en horario de 10:00 a 13:00 horas. Para esta actividade ofrécense un total de 15 prazas, que serán cubertas por orde de inscrición. As persoas interesadas en inscribirse poden facelo entre o 9 e o 18 de setembro enviando un correo ao enderezo electrónico cultura@concellodeames.gal

A Escola Municipal de Teatro de Ames celebra este mes de xuño as diversas actuacións de clausura para pechar este curso académico 2025-2026. Nelas, o alumnado representará varias obras adaptadas. Pola súa banda, o grupo municipal de teatro tamén pechará o curso este mes coa representación de “Mobilizad@s”, nos auditorios de ambas localidades. Os convites xa se poden adquirir a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames. No caso de que queden convites dispoñibles, poderán adquirirse o día da función correspondente nas Casas da Cultura de Bertamiráns ou Milladoiro. 

A Escola Municipal de Teatro de Ames realizou durante este mes de xuño as clausuras dos diferentes grupos que a compoñen. Ademais, o grupo municipal de teatro tamén pechou a súa actividade coa estrea da obra “Mobilizad@s”, con pases nos auditorios do Bertamiráns e O Milladoiro. Cómpre lembrar que as inscricións para renovar praza na Escola xa están abertas ata o vindeiro 23 de xuño. Posteriormente, do 29 de xuño ao 10 de xullo abrirá un segundo prazo para novas inscricións nos grupos que queden prazas libres. 

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle ata o próximo 20 de marzo a exposición fotográfica “Memoria histórica. Covas en imaxes 1900-1980”. Con ela preténdese lembrar momentos, costumes e espazos que forman parte do pasado común de Ames, das aldeas e do conxunto de veciños e veciñas da parroquia, tanto das que son de aquí como de todas as persoas que decidiron instalarse e facer en vida en Covas. Está organizada pola Asociación veciñal de Covas, en colaboración co Concello de Ames.

Debido ao éxito acadado a exposición fotográfica “Sexual Revolution 2.2”, de Juan Señorís, estará exposta no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, ata o 31 de xaneiro. Organizada pola Concellaría de Cultura do Concello de Ames, esta mostra fotográfica foi inaugurada o pasado 21 de novembro.

Este xoves 18 de agosto a praia fluvial de Tapia acolle a penúltima proposta do programa “Seráns de Ames”, unha iniciativa cultural que se vén desenvolvendo ao longo de todas as tardes de xullo e agosto nas parroquias de Tapia e Bugallido. Nesta ocasión, ata a área recreativa chega unha nova edición da Foliada con Apego, dinamizada polos músicos Pablo Díaz e Olga Kirk e na que a música tradicional, o canto e o baile para todas as idades serán os protagonistas principais. A actividade, na que colaboran as Concellarías de Cultura e de Normalización Lingüística, terá lugar a partir das 19:30 horas. Premendo nesta ligazón pódese consultar o cartaz dos “Seráns de Ames”.

A familia musical da EMMA reúnese esta tarde para celebrar o remate do curso cunha gala especial que terá lugar na Casa da Cultura de Bertamiráns. O evento incluirá actuacións do alumnado gravadas en vídeo e interpretacións en directo dos profesores e profesoras. Faranse dous pases, un ás 18:00 horas e outro ás 20:00 horas. Este último retransmitirase, vía streaming, a través da canle de youtube do concello de Ames. Aínda quedan algunhas entradas para asistir en directo. As persoas que desexen un convite, poden solicitalo no propio auditorio uns minutos antes de cada pase.  

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle este venres, 7 de febreiro, ás 18.00 horas, un concerto infantil de música rock. “Bravas. O rexurdir da luz!” é un concerto roqueiro que ten como protagonistas a mulleres que inspiran e dan luz ao mundo mentres viven unha chea de aventuras. Destinado a un público infantil a partir de 6 anos, as entradas xa se encontran dispoñibles na billeteira electrónica do concello.

O venres 29 de xaneiro, ás 20.30 horas, a veciñanza de Ames poderá desfrutar desta obra teatral no Milladoiro. A peza, da man da compañía Sarabela Teatro, mestura dous libros de Manuel Rivas: A lingua das bolboretas, a tráxica historia dun neno do rural galego e o seu mestre republicano na Guerra Civil, e A traxectoria do balón, un conto no que se inclúe o universo feminino. Xa se poden mercar as entradas na Billeteira electrónica. A entrada xeral ten un prezo de 4 euros, mentres que as entradas con prezo reducido custan 2 euros.

O Concello de Ames celebra o Día de Galicia cun acto institucional que neste 2022 recoñecerá á veciña amesá, María Victoria Otero Espinar, catedrática de Análise Matemático na Universidade de Santiago de Compostela e vicepresidenta primeira da Real Sociedade Matemática Española. O Concello fará entrega a Otero Espinar da medalla do Concello de Ames, nunha recepción oficial na que intervirán as voceiras e voceiros dos diferentes grupos políticos da Corporación municipal, así como amizades e familia da homenaxeada. O acto de celebración terá lugar o venres, 29 de xullo, no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, a partir das 20:30 horas, e contará coa música do grupo As Lens.

Eventos del departamento

Dende o 23 de xuño, e ata o luns 26, a parroquia de Ortoño celebra a festividade do seu patrón, San Xoán. As celebracións arrincarán cunha sardiñada e cunha gran queimada, e ao longo dos días sucederanse distintas misas e procesións, así como sesións vermú e verbenas. As festas contan coa colaboración da Deputación da Coruña e do Concello de Ames, e algunhas das actuacións encádranse dentro do programa “Música nas parroquias”, organizado polo departamento de Cultura.

Dende o xoves 23 e ata o domingo 26 de xuño, a parroquia de San Xoán de Ortoño celebra as festividades do seu patrón. No seu conxunto, durante os días de festa haberá unha serie de misas e procesións, así como verbenas e sesións vermú. Estas festas contan coa colaboración do Concello de Ames e da Concellaría de Cultura, a través do seu programa “Música nas parroquias”.

A parroquia de Ames celebra a súa festa relixiosa na honra ao seu patrón, Santo Tomé, os días 1 e 2 de xullo. Haberá pasarrúas, sesións vermú e verbenas. 

A parroquia de Agrón celebra este sábado 7 e domingo 8 de outubro as festividades na honra de San Andrés e a Virxe do Rosario. Durante a fin de semana haberá misas e procesións, así como verbenas e sesións vermú. Neste senso, o Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, colaboran coas festas a través do programa “Música nas parroquias”, coa actuación da banda municipal de Brión. Haberá carpa, servizo de cantina no campo da festa e aparcadoiro gratuíto.

A parroquia de Agrón celebra o sábado 7 e domingo 8 de outubro as festividades na honra de San Andrés e a Virxe do Rosario. Durante a fin de semana haberá misas e procesións, así como verbenas e sesións vermú. Neste senso, o Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, colaboran coas festas a través do programa “Música nas parroquias”, coa actuación da banda municipal de Brión. Haberá carpa, servizo de cantina no campo da festa e aparcadoiro gratuíto.

A parroquia de Agrón abre as súas festas na honra de San Lorenzo o xoves 10 de agosto. Ás 13:00 horas haberá unha misa solemne, e posteriormente sesión vermú a cargo da orquesta La Favorita, que repetirá na verbena que se celebrará pola noite xunto á disco móbil Chocolate. 

A parroquia de Agrón celebra o venres 11 a súa festa en honra do Santísimo Sacramento. Ás 13:00 horas celebrarase unha misa solemne, cantada pola coral Lojo Batalla de Tapia, e posteriormente celebrarase a sesión vermú co Trío Alborada. Pola noite, haberá verbena co Trío Alborada e a disco móbil CDC. 

A parroquia de Bugallido celebra o domingo, 16 de xullo, a festa do Carme. Colabora o Concello de Ames.

Dende este venres, 25 de agosto, e ata o domingo día 27 a parroquia da Ameixenda celebra as festividades na honra de Santa Mariña. Durante os vindeiros días haberá misas, verbenas e sesións vermú. Estas festas contan coa colaboración do Concello de Ames, a través do programa Música nas parroquias.

As casas da Cultura do Milladoiro e de Bertamiráns acollen durante tres días unhas xornadas cheas de maxia para tódolos públicos, con obradoiros, espectáculos e galas máxicas.