Pestanas principais

A exposición fotográfica “Sexual Revolution 2.2”, de Juan Señorís, estará exposta no Pazo da Peregrina ata o 31 de xaneiro

Martes, 07 de xaneiro de 2020

Debido ao éxito acadado a exposición fotográfica “Sexual Revolution 2.2”, de Juan Señorís, estará exposta no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, ata o 31 de xaneiro. Organizada pola Concellaría de Cultura do Concello de Ames, esta mostra fotográfica foi inaugurada o pasado 21 de novembro.

“Sexual Revolution 2.2” é unha exposición fotográfica que esconde o seu contido en diversos paralelismos co seu nome. Primeiramente, porque se trata dunha exposición de fotografías de flores de plantas silvestres, as cales son os seus órganos sexuais. Outra delas é que as siglas do nome da exposición coinciden coas dos apelidos do propio autor da exposición: Juan Señorís Rodríguez. E xa por último, que se tratan de 22 fotografías, e de aí o por que do “2.2”.

Trátase dunha exposición fotográfica que xurdiu polo interese do autor en que a maioría das plantas silvestres son comestibles. “Comecei a facerlle fotos para identificalas e así saber se eran comestibles ou non e algunhas saíron de moi boa calidade” relata Juan Señorís. E engade que “moitos amigos, sobre todo aqueles que traballan con plantas, animáronme a publicalas, e de aí naceu a exposición”, explica Juan Señorís.

As fotografías estarán dispoñibles no Pazo da Peregrina de Bertamiráns para todo aquel que se encontre interesado nelas ata o 31 de xaneiro. Ademais, estarán acompañadas de diversos poemas de famosos artistas sobre a natureza e as súas peculiaridades, que se encontrarán a disposición de todos os asistentes para que os acompañen durante toda a exposición.

 

Novas relacionadas:

Lindeiros:  "“Sexual Revolution 2.2” en Ames ata finais de mes"

Compostela 24 horas: "A exposición “Sexual Revolution 2.2” estará exposta no Pazo da Peregrina ata o 31 de xaneiro"

Exposición fotográfica Sexual Revolution 2.2

Multimedia

  • Exposición fotográfica Sexual Revolution 2.2
  • Exposición fotográfica Sexual Revolution 2.2