Pestanas principais

Departamento de Cultura

    • Enderezo: Casa da Cultura do Milladoiro. Travesia do Porto, s/n, O Milladoiro. 15895 Ames.
    • Teléfono:  662 37 74 44
    • Responsable municipal: Concellaría de Cultura
    • Responsable técnico: María José Vázquez Bermúdez, Técnica de Animación Sociocultural.
Outros Datos: 
  • Funciones:
    • Xestionar as actividades e eventos que desde o Departamento de Cultura se poñen en marcha, responsabilizándose do seu adecuado desenvolvemento.
    • Informar e asesorar aos grupos e entidades culturais do concello, así como ao público en xeral, valorar as demandas dos cidadás e incentivar a participación.
    • Xestionar os programas culturais que oferta a Deputación, Rede Cultural, Xunta de Galicia, AGADIC e Cultura no Camiño. Solicitude,desenvolvemento, xustificación.
    • Tramitar as axudas económicas correspondentes á área de cultura, tanto as que se solicitan desde o Concello, coma as que se convocan desde a Concellaría de Educación e Cultura de apoio as entidades culturais e comisións de festas.
    • Coordinar e xestionar as Escolas Culturais Municipais.

Novas do departamento

Co obxectivo de introducir posibles melloras na programación que organiza a Concellaría de Cultura, unha nova enquisa interpela á veciñanza sobre a valoración da organización dos eventos de artes escénicas. Ademais, a enquisa deixa aberta a opción de facer algún comentario adicional ou algunha suxestión que axude a mellorar dita programación. A enquisa publicouse hoxe na web municipal e estará aberta durante varias semanas. Para participar na enquisa podes premer nesta ligazón. Habilitouse un banner na cabeceira da páxina web que estará dispoñible mentres a enquisa estea activa.

A concelleira de Cultura, acompañada do concelleiro de Educación e da concelleira de Mocidade, vén de manter unha xuntanza coa nova directiva da asociación cultural A Maía, que desenvolve as súas actividades na parroquia de Bugallido. Dito encontro serviu para coñecer aos novos membros da directiva e intercambiar información sobre as necesidades de mellora do local da antiga escola unitaria de Bugallido e tamén sobre a posibilidade de organizar novas actividades culturais na parroquia. Ademais, falouse de futuros proxectos de colaboración entre a Administración local e dita asociación.

A concelleira de Cultura, Natividade González, realizou este xoves, 11 de febreiro, unha visita á Escola de Música de Brión co obxectivo de coñecer outros métodos de traballo, funcionamento e instalacións, que se poderían incluír na Escola Municipal de Música de Ames (EMMA). Natividade González foi recibida pola concelleira de Cultura do Concello de Brión, Sandy Cebral. Nesta visita tamén participaron a técnica que coordina a EMMA, Almudena Caamaño, o director da Escola de música de Brión, Carlos Pintor Iglesias, e mailo director da Banda de música de Brión, Jorge Rey Barca. Proximamente, está previsto visitar as escola de música de Negreira e Ribadeo, entre outras.

Os centros sociais das parroquias de Agrón, Trasmonte, Bugallido, Biduído, Augapesada, Covas, Tapia, Ameixenda e Ortoño acollen as clases de alfabetización dixital que se desenvolven para dar resposta a unha das demandas dos Orzamentos Participativos do ano 2020.  90 persoas participan nestes cursos que organiza a concellaría de Cultura en colaboración coa concellaría de Economía e Facenda. A concelleira de Cultura, Natividade González, asistiu ás primeiras clases en Agrón e Trasmonte.

Este sábado, 11 de maio, a Coral Polifónica de Bugallido desprazarase ata a localidade portuguesa de Maia, preto de Porto, para participar nun concerto de agrupacións corais organizado polo Conservatorio de Música desa cidade.

As engurras da cara. O acento da súa voz rachada. A mirada fixa e segura dos seus ollos. E, sobre todo, a seguridade de seguir sendo a mesma, aquela muller labrega que lle deu por escribir un libro. A bo seguro que todos os asistentes á conmemoración do Día de Galicia viron en Filomena Fraga a Galicia de antes, sentiron a Galicia de agora e imaxinaron a Galicia de mañá. Unha Galicia moderna pero coa súa identidade rural. Unha Galicia que non pode esquecer o que foi para seguir medrando. Unha Galicia encarnada na figura de Filomena Fraga, a quen o alcalde de Ames, José Miñones, entregou a medalla do Concello no día no que a poesía e a palabra converteron ao Pazo da Peregrina de Bertamiráns no mellor escenario para conmemorar o día da patria galega.

Este mércores, 16 de xullo, o concello de Ames acollerá a xornada inaugural do Festival Internacional de Danza e Movemento “Abanea”, organizado pola asociación IS.MO Cultura. Do 16 ao 20 e xullo desenvolveranse diversas actividades arredor da danza e do movemento, co obxectivo de impulsar esta disciplina entre a veciñanza. O acto de apertura do festival será ás 13.30 hora na praza da Maía, en Bertamiráns. Haberá pezas de danza breves a cargo de Martín Blanco e Andrea Castro. Previamente, ás 12.30 horas farase un podcast en directo, conducido por Carlota Mosquera. Pola tarde, desenvolverase un foro sobre distribución nacional e internacional da danza de Galicia; un obradoiro de danza aberto; e un happening danza-clown. A programación en Ames pecharase ás 20.00 horas no Pazo da Peregrina cunha programación de catro espectáculos. Premendo nesta ligazón podes consultar a programación completa do Abanea 2025.

A programación de actividades para o público infantil de Ames continúa en outubro co espectáculo de danza Mimesis, da compañía Zig Zag Teatro. Trátase dun espectáculo dirixido ás familias con nenas e nenos de 0 a 3 anos, no que se construirá un espazo para ser habitado e compartido polos intérpretes e as persoas asistentes. Será o vindeiro venres 7 de outubro na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 18:00 horas. Os convites, de balde, xa se poden retirar na Billeteira electrónica do Concello de Ames.

O Vicepresidente e deputado de Plans Provinciais e Turismo, Xosé Regueira, xunto co deputado de Contratación e Patrimonio, Xosé Luís Penas, reuníronse no Concello de Ames co alcalde e co primeiro tenente de alcalde, Blas García e David Santomil, e coa concelleira de Cultura, Natividade González, nunha xuntanza en que abordaron as distintas vías de colaboración institucional para logo visitar a Casa da Cultura do Milladoiro, un dos dous centros socioculturais do concello que serán obxecto de importantes actuacións con financiamento do Plan Único provincial. Pódese ver o vídeo da visita premendo nesta ligazón.

O alumnado da Escola Municipal de Música de Ames, a EMMA, celebra dende o 7 ao 15 de xuño, cinco audicións previas ao seu concerto de fin de curso, que terá lugar o 16 de xuño na praza de Chavián. Os estudantes de guitarra, percusión, saxo, piano, canto e frauta mostrarán o aprendido ao longo do curso a familiares e amizades. As audicións desenvolveranse sempre en horario de tarde, na aula 10 da propia EMMA.

Eventos del departamento

A programación cultural do Concello de Ames durante o primeiro semestre do ano remata co espectáculo de danza contemporánea "Tabú", que terá lugar no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns o venres 21 de abril, ás 20:30 horas. A actuación dura arredor de 60 minutos, e narra a historia de 12 mulleres, retratadas nunha fotografía datada de 1925 por Manuel Riesco. Trátase de xogadoras de fútbol do Arnoia de Allariz e do Celanova, que posan con actitude desafiante e seria, e recollido ao estilo belle époque, baixo o título "Equipo de fútbol feminino no campo vello de Vilanova". Quen eran esas mulleres? Que sucedeu nese partido? Atopámonos ante unhas pioneiras do que a principios do século XX era un tabú? Fronte a eses interrogantes, o espectáculo ofrece un mergullo nas curiosidades das travesías de vida feminizadas. As entradas para ver "Tabú" pódense adquirir na Billeteira electrónica do Concello. 

A danza será a protagonista no mes de abril da programación cultural de Ames, con dous espectáculos na Casa da Cultura do Milladoiro. A segunda proposta deste xénero será o venres 22 de abril ás 20:30 horas, con “Bailar agora”, un espectáculo de danza contemporánea da compañía Marta Alonso Tejada Traspediante. “Bailar agora” é un impulso por situarnos no tempo actual das cousas, con plena consciencia sobre o aquí e o agora do que facemos e de como vivimos. As entradas poden adquirirse xa na Billeteira electrónica do Concello de Ames.

A danza será a protagonista no mes de abril da programación cultural de Ames, con dous espectáculos na Casa da Cultura do Milladoiro. O primeiro será “DeMente”, o venres 1 de abril, con dúas sesións ás 17:30 e ás 20:30 horas. Será unha sesión de danza tradicional da compañía Fran Sieira, que tratará de mostrar o estigma que sofren e sufriron as persoas que padecen trastornos mentais, dende os amoreamentos carcerarios ata a a exteriorización dos nosos días. As entradas xa están dispoñibles na Billeteira electrónica do Concello de Ames.

A programación de actividades para o público infantil de Ames continúa en outubro co espectáculo de danza Mimesis, da compañía Zig Zag Teatro. Trátase dun espectáculo dirixido ás familias con nenas e nenos de 0 a 3 anos, no que se construirá un espazo para ser habitado e compartido polos intérpretes e as persoas asistentes. Será o vindeiro venres 7 de outubro na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 18:00 horas. Os convites, de balde, xa se poden retirar na Billeteira electrónica do Concello de Ames.

O sábado 18 de febreiro haberá un desfile de Entroido no Milladoiro. Dito desfile partirá ás 17.00 horas dende a Casa da Cultura do Milladoiro e rematará na praza de Manuel Murguía. O percorrido do desfile anunciarase na web municipal. O desfile contará con animación en rúa a cargo das Pompeiras (farán pompas de xabón, enchendo as rúas de ledicia multicolor, onde os nenos e nenas poderán xogar con elas) e dos Dinos Bailongos (os Dinos levarán consigo un estandarte feito de globos co que interactúan co público). O desfile pecharase coa entrega de premios e coa actuación da banda Brassica Rapa.

A Praza da Madalena do Milladoiro acolle hoxe venres, 17 de xullo, ás 22:00 horas, a actuación de Zeus RB e Diego Barbazán.
O aforo é de 100 persoas.
Será obrigatorio o uso de máscaras e o respecto á distancia de seguridade.

A actuación forma parte do programa AmesON, encadrado no Plan Reactiva Ames, co que o Concello pretende dinamizar os sectores cultural e comercial de Ames.

O alumnado de violín da Escola Municipal de Música participará este mércores, 10 de maio, ás 18.30 horas, nunha audición co obxectivo de compartir o que aprenderon ao longo deste curso. Interpretarán pezas de estilos musicais moi variados.

Co obxectivo de reunir a persoas de distintos municipios para que intercambien impresións e gustos musicais, o día 28 de abril haberá un encontro de escolas de música no aparcadoiro da Casa da Cultura do Milladoiro, ás 19:00 horas. Na cita, organizada pola EMMA, está previsto que participen as escolas musicais de Brión, de Negreira e do Grove. Actuarán arredor de 100 alumnos e alumnas das catro escolas. Haberá unha agrupación de violín, unha banda e combos de diferentes estilos. En total, o concerto durará arredor duns 90 minutos, e cada escola participante non excederá dos 20 minutos de actuación.

A Concellaría de Cultura organiza no mes das letras un concerto–encontro das agrupacións de música e baile tradicional de Ames. Será o sábado 21 de maio, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. Participan as asociacións culturais Os Castros, Airiños do Paseo do Colón, As Maianas e Retranqueiros. Os convites xa están dispoñibles na billeteira electrónica do Concello de Ames.

O público das bibliotecas de Ames poderá volver disfrutar dunha nova cita dos encontros literarios o xoves 15. Participará a autora Elba Pedrosa, que presenta o seu novo libro de relatos,  "Agora que cala a noite". Será ás 20:00 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, e a entrada é libre ata completar aforo.