Pestanas principais

> Encontros literarios: Elba Pedrosa

Xoves, 15 decembro, 2022
Ás 20:00 horas

O público das bibliotecas de Ames poderá volver disfrutar dunha nova cita dos encontros literarios o xoves 15. Participará a autora Elba Pedrosa, que presenta o seu novo libro de relatos,  "Agora que cala a noite". Será ás 20:00 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, e a entrada é libre ata completar aforo. 

Elba Pedrosa (Santa Cruz de Tenerife, 1973) é licenciada en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid, e ten vinte anos de experiencia no sector da publicidade e da comunicación. Empezou a súa andadura polo mundo literario no ano 2015, e na actualidade conta diversas obras publicadas, tanto en galego como en castelán, como "O que non sabías" ou "Despertando la creatividad".

"Agora que cala a noite" é un libro de relatos sobre "voces de mulleres que berran, que se expresan, que se queixan e que se liberan. Voces que lle plantan cara á violencia machista en todas as súas facetas e que reclaman protagonizar as súas propias vidas".