Pestanas principais

> Danza contemporánea: "Tabú"

Venres, 21 abril, 2023
Ás 20:30 horas

A programación cultural do Concello de Ames durante o primeiro semestre do ano remata co espectáculo de danza contemporánea "Tabú", que terá lugar no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns o venres 21 de abril, ás 20:30 horas. A actuación dura arredor de 60 minutos, e narra a historia de 12 mulleres, retratadas nunha fotografía datada de 1925 por Manuel Riesco. Trátase de xogadoras de fútbol do Arnoia de Allariz e do Celanova, que posan con actitude desafiante e seria, e recollido ao estilo belle époque, baixo o título "Equipo de fútbol feminino no campo vello de Vilanova". Quen eran esas mulleres? Que sucedeu nese partido? Atopámonos ante unhas pioneiras do que a principios do século XX era un tabú? Fronte a eses interrogantes, o espectáculo ofrece un mergullo nas curiosidades das travesías de vida feminizadas. As entradas para ver "Tabú" pódense adquirir na Billeteira electrónica do Concello.