Pestanas principais

Departamento de Cultura

    • Enderezo: Casa da Cultura do Milladoiro. Travesia do Porto, s/n, O Milladoiro. 15895 Ames.
    • Teléfono:  662 37 74 44
    • Responsable municipal: Concellaría de Cultura
    • Responsable técnico: María José Vázquez Bermúdez, Técnica de Animación Sociocultural.
Outros Datos: 
  • Funciones:
    • Xestionar as actividades e eventos que desde o Departamento de Cultura se poñen en marcha, responsabilizándose do seu adecuado desenvolvemento.
    • Informar e asesorar aos grupos e entidades culturais do concello, así como ao público en xeral, valorar as demandas dos cidadás e incentivar a participación.
    • Xestionar os programas culturais que oferta a Deputación, Rede Cultural, Xunta de Galicia, AGADIC e Cultura no Camiño. Solicitude,desenvolvemento, xustificación.
    • Tramitar as axudas económicas correspondentes á área de cultura, tanto as que se solicitan desde o Concello, coma as que se convocan desde a Concellaría de Educación e Cultura de apoio as entidades culturais e comisións de festas.
    • Coordinar e xestionar as Escolas Culturais Municipais.

Novas do departamento

A asociación de veciños e veciñas O Reguiño, de Raíces e Casanova, puxo en marcha unha nova iniciativa para este Entroido. Consistiu nun concurso de disfraces, no que se valoraría se eran reciclados,  onde todas as familias puideron participar a través da aplicación de Whatsapp. Os/as participantes tiveron que enviar as súas fotos a través de dita aplicación. Ademais, os nenos e nenas destes lugares da parroquia de Buduído recibiron doces que repartiron dende a asociación.

A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación (Aula AmTIC) do Concello de Ames, localizada no Milladoiro, organiza para este mes de xullo novos cursos. Desta volta, desenvolveranse catro formacións dirixidas para menores, cunha ampla variedade de contidos (debuxo, xogos, programación, etc.) para que os máis pequenos da casa non deixen de aprender durante o período estival pero dun xeito divertido e entretido para eles a través da tecnoloxía. As persoas interesadas en realizar calquera dos cursos, deben facer a súa inscrición chamando a través do número de teléfono 674 59 48 43, escribindo un correo electrónico a informatica.milladoiro@gmail.com coa correspondente solicitude cuberta e asinada ou de xeito presencial na propia aula AmTIC do Milladoiro. 

A Aula da Rede de Centros para a modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia (Rede CeMIT) do Concello de Ames retoma en setembro a súa actividade, volvendo a abrir as súas instalacións en horario habitual. A súa oferta formativa para o último cuadrimestre do 2023 inclúe oito cursos (cinco para adultos e tres para a rapazada. As inscricións poden facerse de xeito telemático, escribindo ao enderezo cemit.ames@xunta.gal ou premendo nesta ligazón; ou ben chamando ao número de teléfono 682 373 753 ou acudindo ao primeiro andar da Casa da Cultura de Bertamiráns.

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia (Rede CeMIT) do Concello de Ames, programou novos cursos que comezarán a impartirse a partir do 19 de abril. Esta aula formativa, situada na Casa da Cultura de Bertamiráns, ten como obxectivo facilitar o acceso dos veciños e veciñas de Ames aos diferentes cursos que imparte, ademais de dispor dun horario de Aula Aberta para que os interesados e interesadas poidan pasar a rexistrarte nas actividades, solicitar axuda ou outra clase de información, e usar os ordenadores.

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Ames programou novos cursos telemáticos para os meses de xaneiro, febreiro e marzo dirixido a adultos. Esta aula formativa, situada na Casa da Cultura de Bertamiráns, ten como obxectivo facilitar o acceso dos veciños e veciñas de Ames aos diferentes cursos que oferta, ademais de dispor dun horario de Aula Aberta para que os interesados e interesadas poidan pasar a rexistrarte nas actividades, solicitar axuda ou outra clase de información, e usar os ordenadores.

A Devesa da Rogueira, xoia ecolóxica da Serra do Caurel, é o obxectivo da excursión ambiental que programa a Aula da Natureza para o sábado, 16 de outubro. Os autobuses sairán de Bertamiráns ás 8:30 horas e do Milladoiro ás 8:45. Os/as participantes deberán levar a comida da casa, ademais de calzado e roupa cómoda. A ruta é de dificultade media alta e dura 5 horas. Os interesados/as poden inscribirse no enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal

Unha nova edición da Festa do chourizo ao viño, organizada pola Asociación Gastronómica, Recreativa e Cultural do Chourizo ao viño da parroquia de Ortoño, terá lugar o vindeiro domingo 14 de xullo. Un ano máis realizarase a degustación de orella cocida e de chourizos ao viño con cachelos. Nesta ocasión, ademais, amenizará o xantar a banda de gaitas e de baile rexional Os Castros. Ademais, realizarase un campionato de chave por parellas e haberá inchables gratuítos para os nenos e nenas. A xornada rematará coa actuación do grupo “Banda Bacana”, financiada polo Concello de Ames a través do programa Cultura no Camiño 2024.

Burbullas familiares, recollida de identificacións para control posterior, máscaras e respecto absoluto a todas as medidas de seguridade que marca a loita contra a Covid-19. Preto de 300 persoas asistiron onte na praza de Chavián de Bertamiráns ao concerto da Banda da Loba co que se pechaban en Ames as actividades do mes das Letras Galegas. Entre o público, moitas familias e unha gran cantidade de mozos e de mozas. O concerto durou máis dunha hora. Unha boa parte dos temas que interpretou a banda rendía homenaxe a Xela Arias.

A Banda da Loba dará un concerto que completa a programación do mes das Letras Galegas en Ames. O espectáculo de música “Fábrica de Luz” é un homenaxe a Xela Arias, escritora á que se adica o Día das Letras Galegas deste ano. A actuación, de balde, será na praza de Chavián, en Bertamiráns, este xoves 27 de maio ás 21.00 horas.

A escritora e veciña de Ames, Dru Parbel, presentará este sábado, 28 de setembro, ás 12.00 horas na Biblioteca de Bertamiráns, o libro de literatura infantil, Ben va al cole. Acompañada da concelleira de Cultura, Natividade González, a autora dará a coñecer este novo título, que ve a luz coa intención de ensinar e mostrarlles aos nenos e nenas, de forma amena, como coñecer e actuar fronte ao "bullying", tan actual nos colexios hoxe en día. Dende a Concellaría de Cultura apóstase pola posta en valor dos espazos culturais de Ames e anímase aos escritores e escritoras do concello a dar a coñecer as súas obras nos mesmos, favorecendo as sinerxias coa veciñanza e achegando a literatura a toda a poboación.

Eventos del departamento

O Ames Jazz volve un ano máis para celebrar a súa sexta edición, e repite formato. Por segunda vez na súa historia, o festival durará dous días, o venres 7 e o sábado 8 de xullo, e conta, ademais de cos habituais concertos, coa proxección de dous documentais que gardan relación co xénero musical.

A quinta edición do Ames Jazz ábrese coa proxección de "Thelonious Monk: Straight, No Chaser", unha biografía desta lenda do jazz que inclúe metraxe de concertos e entrevistas. Será no  Pazo da Peregrina de Bertamiráns, a partir das 20:00 horas.

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolle o primeiro dos concertos da quinta edición do Ames Jazz, ás 22:30 horas, con  Xacobe Martínez Antelo Quinteto. Unha formación totalmente renovada e na que buscará equilibrar o pasado, con todo o repertorio persoal deste contrabaixista compostelán, co presente e o futuro, no que prepara o lanzamento do seu próximo traballo discográfico.

O alumnado da Escola Municipal de Música celebrará entre o vindeiro mércores, día 8, e o martes 14 de febreiro, unha serie de cinco audicións nas que mostrarán os coñecementos adquiridos durante o primeiro trimestre de clases. Deste xeito, o alumnado poderá compartir unhas xornadas festivas con compañeiros, amizades e familiares, previas aos concertos de Entroido. O xoves 9, a partir das 18:00 horas, actuará na aula 10 os alumnos e alumnas de frauta e canto. 

O alumnado da Escola Municipal de Música celebrará entre o vindeiro mércores, día 8, e o martes 14 de febreiro, unha serie de cinco audicións nas que mostrarán os coñecementos adquiridos durante o primeiro trimestre de clases. Deste xeito, o alumnado poderá compartir unhas xornadas festivas con compañeiros, amizades e familiares, previas aos concertos de Entroido. As audicións serán inauguradas polos alumnos de guitarra o mércores 8, ás 17:00 horas, na aula 10. 

O alumnado da Escola Municipal de Música celebrará entre o vindeiro mércores, día 8, e o martes 14 de febreiro, unha serie de cinco audicións nas que mostrarán os coñecementos adquiridos durante o primeiro trimestre de clases. Deste xeito, o alumnado poderá compartir unhas xornadas festivas con compañeiros, amizades e familiares, previas aos concertos de Entroido. O luns 13, a partir das 18:30 horas, actuarán na aula 10 os alumnos e alumnas de percusión.

O alumnado da Escola Municipal de Música celebrará entre o vindeiro mércores, día 8, e o martes 14 de febreiro, unha serie de cinco audicións nas que mostrarán os coñecementos adquiridos durante o primeiro trimestre de clases. Deste xeito, o alumnado poderá compartir unhas xornadas festivas con compañeiros, amizades e familiares, previas aos concertos de Entroido. O martes 14 actuarán os alumnos e alumnas de saxo (a partir das 18:00 horas e na aula 10) e os de piano (a partir das 19:00 horas, na aula 7). 

A Aula AMTIC tamén se suma á programación de Nadal do Concello, organizando unha serie de talleres de creación de felicitacións de Nadal coa linguaxe de programación visual scratch. O luns 26 e o martes 27 de decembro terán lugar para rapaces e rapazas de entre 7 e 12 anos, de 11:00 a 12:30 horas. 

A Aula AMTIC tamén se suma á programación de Nadal do Concello, organizando unha serie de talleres de creación de felicitacións de Nadal coa linguaxe de programación visual scratch. O luns 26 e o martes 27 de decembro terán lugar para rapaces e rapazas de entre 7 e 12 anos, de 11:00 a 12:30 horas. 

A Aula AMTIC tamén se suma á programación de Nadal do Concello, organizando unha serie de talleres de creación de felicitacións de Nadal coa linguaxe de programación visual scratch. O mércores 28 e o xoves 29 de decembro terán lugar para rapaces e rapazas a partir de 13 anos, de 11:00 a 12:30 horas.