Pestanas principais

> Audicións da EMMA: guitarra

Mércores, 8 febreiro, 2023
Ás 17:00 horas

O alumnado da Escola Municipal de Música celebrará entre o vindeiro mércores, día 8, e o martes 14 de febreiro, unha serie de cinco audicións nas que mostrarán os coñecementos adquiridos durante o primeiro trimestre de clases. Deste xeito, o alumnado poderá compartir unhas xornadas festivas con compañeiros, amizades e familiares, previas aos concertos de Entroido. As audicións serán inauguradas polos alumnos de guitarra o mércores 8, ás 17:00 horas, na aula 10.