Pestanas principais

> Ames Jazz: Xacobe Martínez Antelo Quinteto

Venres, 1 xullo, 2022
ás 22:30 horas

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolle o primeiro dos concertos da quinta edición do Ames Jazz, ás 22:30 horas, con  Xacobe Martínez Antelo Quinteto. Unha formación totalmente renovada e na que buscará equilibrar o pasado, con todo o repertorio persoal deste contrabaixista compostelán, co presente e o futuro, no que prepara o lanzamento do seu próximo traballo discográfico.