Pestanas principais

> Audicións da EMMA: percusión

Luns, 13 febreiro, 2023
Ás 18:30 horas

O alumnado da Escola Municipal de Música celebrará entre o vindeiro mércores, día 8, e o martes 14 de febreiro, unha serie de cinco audicións nas que mostrarán os coñecementos adquiridos durante o primeiro trimestre de clases. Deste xeito, o alumnado poderá compartir unhas xornadas festivas con compañeiros, amizades e familiares, previas aos concertos de Entroido. O luns 13, a partir das 18:30 horas, actuarán na aula 10 os alumnos e alumnas de percusión.