Pestanas principais

Departamento de Cultura

    • Enderezo: Casa da Cultura do Milladoiro. Travesia do Porto, s/n, O Milladoiro. 15895 Ames.
    • Teléfono:  662 37 74 44
    • Responsable municipal: Concellaría de Cultura
    • Responsable técnico: María José Vázquez Bermúdez, Técnica de Animación Sociocultural.
Outros Datos: 
  • Funciones:
    • Xestionar as actividades e eventos que desde o Departamento de Cultura se poñen en marcha, responsabilizándose do seu adecuado desenvolvemento.
    • Informar e asesorar aos grupos e entidades culturais do concello, así como ao público en xeral, valorar as demandas dos cidadás e incentivar a participación.
    • Xestionar os programas culturais que oferta a Deputación, Rede Cultural, Xunta de Galicia, AGADIC e Cultura no Camiño. Solicitude,desenvolvemento, xustificación.
    • Tramitar as axudas económicas correspondentes á área de cultura, tanto as que se solicitan desde o Concello, coma as que se convocan desde a Concellaría de Educación e Cultura de apoio as entidades culturais e comisións de festas.
    • Coordinar e xestionar as Escolas Culturais Municipais.

Novas do departamento

“Bernarda”, de Malasombra Producións, será a última obra da programación cultural de outono da Concellaría de Cultura de Ames, que trouxo ao concello seis espectáculos teatrais durante este trimestre, con tres sesións para o público infantil e outras tantas para o adulto. Gañadora de catro premios María Casares e nominada aos Premios Max, a representación terá lugar este venres 19 de novembro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. As entradas xa poden adquirirse na billeteira electrónica do Concello de Ames. Esta obra está dentro do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames

A programación do Concello de Ames para esta última quincena de febreiro, e os meses de marzo, abril e maio, inclúe máis de 60 actividades diferentes. Entre elas, eventos culturais, deportivos, literarios, saudables, de normalización lingüística, especialmente dirixidos á mocidade ou relacionados coa natureza.

A programación de teatro do Concello de Ames para o primeiro semestre de 2020 arranca con Curva España do Grupo Chévere. A Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá está función de teatro contemporáneo este venres, 31 de xaneiro, ás 21.00 horas. Na billeteira electrónica do concello xa non quedan entradas dispoñibles para a venda online, sen embargo, aínda se poden mercar entradas na Casa da Cultura unha hora antes do comezo da función. Resérvase o 10% das entradas para vendar o propio día do espectáculo.

A programación do Ames Cultural rematou a pasada fin de semana do 8 e 9 de maio coa obra ICTUS (anatomía de “A derradeira leición” de Castelao), que foi representada na Casa da Cultura de Bertamiráns. A programación de artes escénicas do Concello de Ames para o primeiro semestre do ano 2026 contou con doce espectáculos de teatro, danza e circo. Todos os espectáculos foron representados por compañías galegas. En dita programación participaron un total de 2.221 espectadores. A maior parte dos espectáculos contaron co aforo completo.

“Tabú”, de Colectivo Glovo, chega este venres, 21 de abril, ao auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. O espectáculo, que dará comezo ás 20:30 horas, versará sobre a historia das mulleres integrantes de dous equipos de fútbol pioneiros a comezos do século XX, e enmárcase dentro do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames. As entradas xa se poden adquirir a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames.

Continúa a programación de teatro do Concello de Ames para o primeiro semestre de 2020 co espectáculo “O Electo” da compañía Contraproducións S.L. A Casa da Cultura do Milladoiro acolle este venres, 7 de febreiro, ás 21.00 horas, esta peza teatral que está destinada a un público adulto. Na billeteira electrónica do concello xa non quedan entradas dispoñibles para a venda online, sen embargo, aínda se poden mercar entradas na Casa da Cultura unha hora antes do comezo da función. Resérvase o 10% das entradas para vendar o propio día do espectáculo.

Este mércores, 8 de xullo, o concello de Ames acollerá a xornada inaugural do Festival Internacional de Danza e Movemento “Abanea”, organizado pola asociación IS.MO Cultura, e que conta co apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. Do 8 ao 12 de xullo, o festival reunirá 11 compañías e artistas nacionais e internacionais en cinco concellos galegos e incorpora como principal novidade ABANEA CANLE, unha nova liña documental que ampliará a memoria do proxecto. Premendo nesta ligazón podes consultar a programación completa do Abanea 2026.

Os “Seráns de Tapia” volveron completar aforo. O programa dirixiuse este xoves 22 de xullo aos mozos e mozas do Concello de Ames cun concerto programado pola concellaría de Mocidade. As Broken Peach conseguiron coa súa música e a súa estética situar ao público en diferentes épocas e ambientes.

O Concello de Ames colabora, no marco da programación do “Ames en Festas 2025”, na organización dunha festa infantil gratuíta para a rapazada, que se desenvolverá en dúas xornadas. Unha delas será o martes 5 de agosto, no derradeiro día das festas da Madalena, na área recreativa do Milladoiro (onda o paseo da Igualdade), mentres que a segunda xornada terá lugar o sábado 9, durante as festas da Peregrina, no parque do Ameneiral en Bertamiráns. 

O Concello de Ames colabora, no marco da programación do “Ames en Festas 2026”, na organización dunha festa infantil gratuíta para a rapazada, que se desenvolverá en dúas xornadas. Unha delas será o luns 3 de agosto, no segundo día das festas da Madalena, no paseo da Igualdade (ao lado do pavillón), mentres que a segunda xornada terá lugar o sábado 8, durante as festas da Peregrina, no parque do Ameneiral en Bertamiráns.

Eventos del departamento

Coincidindo co mes da ciencia en galego nas bibliotecas, ofrecerase á mocidade de Ames o obradoiro “Excelentes mulleres científicas”. 

Está dirixido a rapaces e rapazas de 3º a 6º de primaria. 

Desenvolverase o venres, 19 de novembro, ás 17:30 horas na biblioteca do Milladoiro

As inscricións poden facerse entre o 8 e o 17 de novembro.

A  Asociación de Nais e Pais “As Brañas”, do CEP Ventín, organiza o sábado 29 de outubro, a partir das 17:30 horas, dous obradoiros de Samaín abertos a todos os nenos e nenas que queiran participar. Os talleres celebraranse tamén na Casa da Cultura do Milladoiro. Elaboraranse distintas personaxes típicas destas datas do ano e haberá un "pintacaras terrorífico".

Hoxe, luns, 4 de xaneiro de 2021, os Reis Magos reciben aos nenos e s nenas nos Pavillóns Polideportivos de Bertamiráns e do Milladoiro. 

O anfiteatro do Milladoiro acolle este domingo, a partir das 22:30, a actuación de Os Tocayos e DJ Federrato.

A actuación encádrase n o programa AmesON, a través do cal o Concello traballa para dinamizar os sectores cultural e comercial de Ames.

O Pazo da Peregrina acolle hoxe, xoves 4 de novembro, ás 20:30 horas, a presentación do libro “Os libros que hai en min” de Emma Pedreira, editado pola editorial “Cuarto de inverno”.

A presentación do evento correrá a cargo da concelleira de Cultura, Natividade González.

A autora estará acompañada polo editor David Cortizo e pola xornalista e escritora, Nazaret López.

A entrada é libre até completar aforo.

As bibliotecas amesás acollen en xuño unha serie de presentacións de libros. A primeira delas será “Cuestión social: protocolo, boas maneiras e imaxe”, da escritora e experta en protocolo social Margarita Murillo. Será este mércores 8 de xuño, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, ás 20:00 horas. A autora estará acompañada de Fernando Rodríguez de la Torre, director de Con C Comunicación e Briefing Galego, e docente de marketing na Universidade de Santiago de Compostela.

As bibliotecas amesás acollen en xuño unha serie de presentacións de libros. A segunda será “Retratos en branco e negro”, da escritora, actriz e contacontos Charo Pita. Será este xoves 9 de xuño, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, ás 20:00 horas. No acto, a autora contará coa presenza do escritor Eduardo Rojas; da profesora, autora e investigadora, Loli Vilavedra, e da directora comercial da editorial Galaxia, Tati Mancebo, nun acto presentado pola concelleira de Cultura, Natividade González.

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle do 13 ao 20 de outubro a exposición fotográfica “100 Lugares Máxicos do Camiño”. A mostra recolle algunhas das instantáneas incluídas no libro homónimo, que será presentado o próximo luns 17 de outubro no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, ás 20:00 horas, coa presenza do autor, o fotógrafo Adolfo Enríquez; Cecilia Pereira, comisaria do Xacobeo 2021-2022, e a concelleira de Cultura de Ames, Natividade González.

O mércores 23 de novembro, ás 20:00 horas, proxectarase na Casa da Cultura de Bertamiráns o documental “10 de marzo”, que narra o proceso de creación do convenio do estaleiro Bazán de Ferrol no ano 1972, abordando a penetración das comisións obreiras e do partido comunista nas negociacións e a resistencia contra a autoridade dos traballadores no marco da ditadura franquista, feitos que supuxeron un punto de inflexión para a sociedade galega. Os convites xa poden retirarse de balde na billeteira electrónica do Concello de Ames.

A praza de Chavián acolle hoxe, ás 22:oo horas o concerto do grupo de rock alternativo “Batossai”. O concerto e debalde e o aforo limitado por mor da normativa de seguridade que impón a loita contra a pandemia.  

O evento encádrase dentro da programación da concellaría de Cultura e forma parte das actividades organizadas no municipio a través do patrocinio da Rede Cultural da Deputación de A Coruña.

O concerto é de balde e o aforo limitado para manter a distancia e as medidas de seguridade e hixiene que impón a loita contra a pandemia do COVID19.