Pestanas principais

Departamento de Cultura

    • Enderezo: Casa da Cultura do Milladoiro. Travesia do Porto, s/n, O Milladoiro. 15895 Ames.
    • Teléfono:  662 37 74 44
    • Responsable municipal: Concellaría de Cultura
    • Responsable técnico: María José Vázquez Bermúdez, Técnica de Animación Sociocultural.
Outros Datos: 
  • Funciones:
    • Xestionar as actividades e eventos que desde o Departamento de Cultura se poñen en marcha, responsabilizándose do seu adecuado desenvolvemento.
    • Informar e asesorar aos grupos e entidades culturais do concello, así como ao público en xeral, valorar as demandas dos cidadás e incentivar a participación.
    • Xestionar os programas culturais que oferta a Deputación, Rede Cultural, Xunta de Galicia, AGADIC e Cultura no Camiño. Solicitude,desenvolvemento, xustificación.
    • Tramitar as axudas económicas correspondentes á área de cultura, tanto as que se solicitan desde o Concello, coma as que se convocan desde a Concellaría de Educación e Cultura de apoio as entidades culturais e comisións de festas.
    • Coordinar e xestionar as Escolas Culturais Municipais.

Novas do departamento

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle do 2 ao 12 de xuño a exposición fotográfica “Pinceladas”, do veciño de Ames José Luis Gigirey. A mostra inclúe unha serie de fotografías de natureza, coas que o autor busca reivindicar a beleza do cotiá e valores como a paciencia, a dedicación e a experiencia para obter instantáneas que marquen.

A novena edición do festival Millarock tivo lugar o pasado venres, 2 de agosto, no Milladoiro. Ao longo da noite, pasaron polo escenario os grupos Cuarta Xusta, Zënzar, Nao e Dios ke te crew. Houbo unha boa afluencia de público. Membros da Plataforma Casalonga limpa de residuos estiveron no festival. Os músicos dos grupos que actuaron no Millarock saíron ao escenario con camisetas de dita plataforma, reivindicando que a vella canteira de Casalonga non se converta nun vertedoiro.

A obra de teatro As Gardiás dará o sinal de partida á programación do Ames Cultural para este primeiro semestre do ano 2026. A Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá este espectáculo de 90 minutos sobre o dereito a decidir como xestionar a propia vellez o próximo venres 23 de xaneiro ás 20.30 horas. Esta representación forma parte do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames. As entradas xa se poden adquirir na Billeteira electrónica do Concello de Ames.

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle este venres, 4 de novembro, a representación da obra de teatro “As alumnas”, producida por Culturactiva. Dirixida a un público adulto, trata sobre a figura da pedagoga galega María Barbeito, e sobre o retroceso na educación das mulleres durante o franquismo. Será ás 20:30 horas. A obra enmárcase dentro do convenio asinado entre o Concello de Ames e Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC). As entradas pódense retirar na billeteira electrónica do Concello de Ames.

Este venres, 26 de marzo, ás 18.00 horas, os nenos e nenas de Ames poderán desfrutar da obra teatral “Don Gaiferos” na Casa da Cultura do Milladoiro. A peza, que chega da man da compañía Os Monicreques de Kukas, mestura actores, monicreques e músicos que incorporan cancións do folclore galego ao romance popularizado. Xa se poden mercar as entradas na Billeteira electrónica. A entrada xeral ten un prezo de 4 euros, mentres que as entradas con prezo reducido custan 2 euros. Ademais, ata o luns 29 de marzo poderase visitar a exposición "Don Gaiferos polos camiños cara Compostela" na Casa da Cultura do Milladoiro.

Este venres, 16 de abril, volve o teatro infantil ao auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. O espectáculo de teatro infantil xestual "Redondo" representarase, da man da compañía Caramuxo Teatro, en dous pases, un ás 17.00 horas e outro ás 18.00 horas. Está dirixido a nenos e nenas de entre 6 meses e 3 anos de idade. O evento levarase a cabo en dous grupos de reducidos no escenario. Xa se poden mercar as entradas na Billeteira electrónica. A entrada xeral ten un prezo de 4 euros, mentres que as entradas con prezo reducido custan 2 euros.

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle este venres, 3 de marzo, a representación da obra de teatro “Ninja”, un espectáculo dirixido ao público infantil de man da compañía Ghazafelhos Teatro. Será ás 18:00 horas, e ten unha duración aproximada de cincuenta minutos. Esta representación forma parte do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames. As entradas xa se poden adquirir a través da Billeteira electrónica do Concello. Premendo nesta ligazón pódese consultar a programación cultural de Ames ao completo para o primeiro semestre de 2023.

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle este venres, 20 de xaneiro, a representación da obra de teatro “N.E.V.E.R.M.O.R.E”, da compañía Chévere. Dirixida a un público adulto, trata sobre a catástrofe do Prestige, observada vinte anos despois do tráxico suceso. Será ás 20:30 horas, e ten unha duración aproximada duns 105  minutos. Esta representación forma parte do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames. As entradas xa se poden adquirir na Billeteira electrónica do Concello de Ames. A programación cultural de Ames para o primeiro semestre de 2023 poder consultarse ao completo premendo na seguinte ligazón.

O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolle este venres, 14 de febreiro, ás 21.00 horas, a estrea do espectáculo “As Virxes Salvaxes”, da compañía Teatro do Noroeste. Cunha duración de 90 minutos, esta peza teatral está destinada a un público adulto. As entradas xa se encontran esgotadas na billeteira electrónica, pero resérvase o 10% do total á venda na billeteira presencial unha hora antes da función.

A peza teatral “Continente María”, de Ainé Producións e A Quinta do Cuadrante, chega este venres, 24 de marzo, á Casa da Cultura de Bertamiráns. A obra, dirixida a un público adulto, pretende homenaxear a figura de María Casares, achegándoa ao público, e dar a coñecer a condición dos artistas nun mundo en continuo cambio. Será ás 20:30 horas, e ten unha duración aproximada de 70 minutos. Esta representación, que ten lugar con motivo da conmemoración do Día Mundial do Teatro, celebrado o 27 de marzo, forma parte do convenio de colaboración entre a Axencia Galega da Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames. As entradas xa se poden adquirir na Billeteira electrónica de Ames. A programación cultural de Ames para o primeiro semestre de 2023 pode consultarse ao completo premendo nesta ligazón.

Eventos del departamento

A Casa da Cultura de Bertamiráns recibe hoxe a partir das 21: da noite ao mago Jeff Toussaint co seu espectáculo “O Hipnotista”.

A función está recomendada para maiores de 12 anos.

Preme aquí para mercar as entradas

O aforo é limitado para manter a distancia e as medidas de seguridade e hixiene que impón a loita contra a Covid-19.

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle hoxe, 22 de outubro, a “Gala Máxica Galega”.
Haberá dúas sesións: unha ás 17:00 horas e outra ás 19:30 horas.

O espectáculo está dirixido a todos os públicos.

As entradas están á venda en a billeteira do Concello de Ames.

Redúcese o aforo  para manter as medidas hixiénico sanitarias de loita conta a COVID19.

A Casa de Cultura de Bertamiráns acolle a partir das 17:00 horas, a Gala Infantil de Maxia na que o Mago Paco presentará o espectáculo “Hocus Pocus”.

A función está dirixida a publico familiar a parir de 3 anos.

As entradas están á venda en a billeteira do Concello de Ames.

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle hoxe a Gala Máxica Internacional.
Haberá dúas sesións:
1ª sesións: 17:00 horas.
2ª sesión: 20: horas.

O espectáculo está dirixido a todos os públicos.

O aforo é limitado para manter a distancia e as medidas de seguridade e hixiene que impón a loita contra a Covid-19.

Preme aquí para mercar as entradas.

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle hoxe a Gala Máxica Internacional.

Haberá dúas sesións:

1ª sesións: 17:00 horas.

2ª sesión: 20:00 horas.

 O espectáculo está dirixido a todos os públicos.

O aforo é limitado para manter a distancia e as medidas de seguridade e hixiene que impón a loita contra a Covid-19.

 Preme aquí para mercar as entradas.

O luns 20 de febreiro, a partir das 17.00 horas, celebrase unha gran festa de Entroido na praza de Chavián, en Bertamiráns. A festa comezará coa animación de rúa a cargo da Charanga Os Celtas. Ademais haberá unha exhibición de baile a cargo de Danzaya, representarase o espectáculo Entroido co Señor Patajullo e a Banda Barabullo, actuará a coral do programa Amessan; e haberá un recital de coplas de Entroido.

O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns vai acoller o próximo xoves 27 de outubro a representación de “Aquí non paga ninguén”, do Grupo de Teatro Municipal de Ames. A obra conta a historia das veciñas dun edificio, que asaltan o supermercado do barrio fartas da súa situación económica e que tratarán de evitar con mentiras rematar no cárcere. Será a partir das 20:30 horas, con convites de balde que xa se poden retirar na Billeteira electrónica do Concello de Ames.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, organiza unha nova edición do festival MILLA rock, que se vai celebrar este venres, 30 de xuño, a partir das 21.00 horas no aparcadoiro da Travesía do Porto, que está situado en fronte á EEI do Milladoiro. O evento conta coa colaboración da Deputación da Coruña e da Xunta de Galicia. Ás 21.00 horas, Fillas de Cassandra abrirán o festival; ás 22.15 horas sairán ao escenario Las Ninyas del Corro; ás 23.30h será a quenda da Banda da Loba; e ás 00.45 horas pechará o festival Eladio y los Seres Queridos. A actuación de cada un dos grupos terá unha duración aproximada dunha hora.  A entrada será libre e de balde. Haberá servizo de autobús: ida e volta dende Bertamiráns (Pazo da Peregrina) e volta a Santiago de Compostela (rúa da Rosa).

O actor Luís Zahera presenta este venres 13 de maio na Casa da Cultura de Bertamiráns o seu espectáculo “Chungo”, un monólogo no que repasa a súa traxectoria profesional en chave humorística, explicando como foi crecendo a súa imaxe de “malo” de película. As entradas para o evento, que terá lugar ás 21:00 horas, xa están esgotadas.

A Concellaría de Cultura informa sobre as mostras de fin de curso da Escola Municipal de Teatro de Ames.