- Dirección: Praza do Concello, nº 2, Bertamiráns.
- Teléfono: 981 88 30 02

- Horario de atención al público:
- De lunes a viernes, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
- Responsable municipal: Concejalía de Economía y Hacienda
Solapas principales
Departamento de Servicios Económicos
Noticias del departamento
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Economía e Facenda, solicitoulle á Deputación da Coruña a ampliación do prazo para solicitar o acollemento da veciñanza amesá ao sistema especial voluntario de pago fraccionado do IBI en dous prazos sen custo. A Deputación aceptou dita solicitude, polo que se amplía ata finais do mes de xuño a posibilidade de poder solicitar e acollerse a este sistema, e pospóñense os prazos dos pagos parciais podendo pagar a metade do recibo do IBI (primeiro pago) o 30 de xullo, e a outra metade (segundo pago) o 20 de outubro, sen ningún tipo de xuro nin custe adicional. Ademais, tamén se ampliarán os prazos previstos para a posta ao cobro en período voluntario en relación ao IBI, IVTM e IAE para este ano 2020.
A pesar de os prazos administrativos están suspendidos temporalmente debido ao Real Decreto 463/2020, a través do cal se declarou o estado de alarma, o departamento municipal de Contratación segue avanzando na tramitación de expedientes de licitación que estaban abertos. Deste xeito, avánzase na licitación de tres proxectos que se van desenvolver nas parroquias de Biduído e A Ameixenda coa apertura de ofertas. Estas obras, que teñen un orzamento total de 281.518,59 euros, están incluídas no POS+ adicional de 2019. Os proxectos atinxen á pavimentación do camiño que vai de Tarrío a Raíces; a pavimentación do acceso a Sura; e maila pavimentación dos viarios do núcleo de Raíces.
O salón de plenos da Casa do Concello acolleu esta mañá o acto de sinatura do acordo entre o goberno local (PSdeG - PSOE) e o grupo municipal do BNG para a aprobación do novo orzamento para o exercicio 2024, que foi presentado o pasado luns 19 de febreiro. Dito acordo asínase despois de varias xuntanzas levadas a cabo entre ambos grupos políticos e da análise das necesidades económicas e sociais do concello de Ames. Estes orzamentos debateranse en pleno extraordinario o vindeiro xoves, 22 de febreiro. O grupo municipal do BNG facilitará a aprobación do orzamento de 2024 cun voto de abstención. O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Ames.
Esta mañá o Goberno municipal presentou o orzamento consolidado para o exercicio 2026, que ascende á cifra de 43.334.228,98 euros, e que está composto polo orzamento municipal de 38.753.577,15 euros e mailo orzamento da EPEL Augas de Ames de 4.580.651,83 euros. Trátase do orzamento máis elevado da historia de Ames, o que supón un incremento do 18,89% con respecto ás contas do ano 2024. Isto é debido á consecución de fondos EDIL que fan un total en investimentos de 8.096.920,23 euros, o que supón case un 21% do total do orzamento, que xunto coa prestación de servizos (42,65%) supoñen un 63,54% do total. Este pasado mércores, 18 de febreiro, celebrouse a Comisión Informativa de Economía e Facenda e Especial de Contas e o vindeiro luns, 23 de febreiro, haberá un pleno extraordinario para debater e aprobar de xeito inicial, se procede, dito orzamento. O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Ames.
O Concello de Ames non cobrará as taxas de utilización da vía pública con mesas e cadeiras ao longo do primeiro semestre de 2021. O Goberno municipal acaba de facer público este novo compromiso que afectará directamente ao sector hostaleiro e algúns comercios do municipio. O Concello de Ames engade esta axuda á derrogación da ordenanza fiscal de instalación de postos no mercado de rúa para 2021 e a condonación de ambas taxas do ano 2020.
O pasado venres, 10 de xaneiro, desde a Concellería de Economía e Facenda enviouse o borrador do anteproxecto de Orzamentos 2020 do Concello de Ames ao representante de Ames Novo e membro integrante do grupo mixto, ao representante de Ciudadanos e tamén membro integrante do grupo mixto, e ao grupo municipal do Partido Popular e marcouse un prazo de 10 días para que se fixeran as propostas ou achegas por parte dos diferentes grupos.
O pasado mércores día 30 de decembro desde a Concellería de Economía e Facenda enviouse o borrador do Anteproxecto de Orzamentos 2021 do Concello de Ames aos representantes dos grupos da oposición, Partido Popular e Grupo Mixto integrado polo representante de Ames Novo e Cidadáns. Abriuse un prazo de 19 días para que os diferentes grupos fagan as súas achegas. Este prazo rematará o lúns 18 de xaneiro de 2021.
O pasado xoves, 10 de febreiro, dende a Concellería de Economía e Facenda enviouse o borrador do anteproxecto de Orzamentos 2022 do Concello de Ames aos representantes dos grupos da oposición: Partido Popular e Grupo Mixto integrado polos concelleiros de Ames Novo e Ciudadanos. Deste xeito, abriuse un prazo de 11 días para que os diferentes grupos fixeran as súas achegas rematando dito prazo o luns 21 de febreiro de 2022. O Concello xa recibiu as propostas do Partido Popular que están a ser obxecto de estudo.
Hoxe ás 20.00 horas preséntase no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, as modificacións realizadas para mellorar a aplicación de Orzamentos Abertos que recolle a información da xestión orzamentaria municipal. Dita aplicación foi creada en 2017 para que a veciñanza amesá teña acceso, de xeito facilmente comprensible e manexable, a toda a información económica do Concello, orzamento municipal, detalle de ingresos e gastos por áreas, pago a provedores, etc. Trátase dunha iniciativa da Concellaría de Economía e Facenda. Esta nova ferramenta informática basease nos principios de transparencia, eficiencia, participación e consulta.
Esta mañá o goberno municipal presentou o novo orzamento para o exercicio 2020, que ascende a cifra de 27.370.000 euros, incrementando en 1.370.000 euros (5,29%) respecto do presuposto de 2019. Trátase do maior orzamento municipal que presentou o Concello de Ames. Recolle un forte compromiso nos capítulos de investimentos, desenvolvemento dos servizos básicos, e blinda as áreas de educación e servizos sociais. Este luns, 17 de febreiro, celebrouse a Comisión Informativa de Economía e Facenda e Especial de Contas, na que se emitiu ditame favorable, coa finalidade de debater a aprobación inicial de dito Orzamento municipal nun pleno extraordinario que se celebrará o próximo xoves 20 de febreiro. É o cuarto orzamento consecutivo que aprobará, se procede, a Corporación municipal do Concello de Ames dende abril de 2017.
- ‹ anterior
- 4 de 6
- siguiente ›




