Solapas principales

O goberno municipal inicia os contactos para a aprobación do Orzamento Municipal 2021

Martes, 05 de enero de 2021

O pasado mércores día 30 de decembro desde a Concellería de Economía e Facenda enviouse o borrador do Anteproxecto de Orzamentos 2021 do Concello de Ames aos representantes dos grupos da oposición, Partido Popular e Grupo Mixto integrado polo representante de Ames Novo e Cidadáns. Abriuse un prazo de 19 días para que os diferentes grupos fagan as súas achegas. Este prazo rematará o lúns 18 de xaneiro de 2021.

O goberno de Ames levaba a traballar no Borrador de Orzamentos 2021 varios meses, sendo unha das súas prioridades aprobalo canto antes para poder afrontar este novo ano 2021 que virá tamén marcado pola crise sanitaria e económica provocada pola Covid-19. Este orzamento será o maior orzamento na historia de Ames que se achegará aos 29.000.000 € e que pretende dar resposta ás necesidades e demandas da cidadanía amesá coa mellora e ampliación de servizos e un aposta forte en investimentos, reforzando a contratación de persoal municipal para seguir coa implementación do Plan de Reactivación Económica aprobado no pasado ano e que seguirá vixente ao longo deste 2021, en definitiva uns orzamentos que continúan a senda de crecemento dos anteriores anos. 

Nesta primeira toma de contacto desde o Departamento Económico deuse traslado aos grupos da oposición da documentación detallada que inclúe o cadro de Gastos e Ingresos estimados para o 2021. Nela reflíctense as grandes liñas polas que aposta o goberno amesá, salientando o reforzo e ampliación na partida de servizos sociais, ampliación e mellora de servizos básicos e infraestruturas no rural e nos núcleos urbanos, implantación do Plan de mantemento dos núcleos do rural, reforzo e mellora dos servizos de conciliación e infraestruturas ligadas á área de educación, actuacións integral de alumeado no rural, mellora da seguridade viaria no rural, ampliación dos espazos deportivos, impulso das actuacións e investimentos ligados a Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible (DUSI), obras e investimentos incluído no Plan de Obras e Servizos (POS+2020) financiados pola Deputación da Coruña. Complementaranse ditas actuacións coas recollidas no Plan de Reactivación Económica iniciado no 2020 e que se desenvolverán durante este ano 2021 como programa de apoio económico e reactivación do comercio, a hostalería e o sector cultural, entre outros.

Á espera das achegas, o goberno segue a traballar no borrador de Orzamentos 2021, coa finalidade de poder ter o expediente rematado e para a aprobación neste vindeiro mes.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "El tripartito amiense envía el borrador del presupuesto a la oposición"

El Correo Gallego: "Piden aportacións para un orzamento amesán que rolda os 29 millóns"

Concello.