Actualidad
O Pleno do Concello de Ames, na sesión extraordinaria celebrada o 22 de febreiro de 2024, aprobou de xeito inicial o Orzamento Xeral do Concello para o exercicio 2024. Ao non presentarse alegacións quedou aprobado con carácter definitivo o 22 de marzo de 2024, trala publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña. O orzamento municipal de 2024 ascende á cifra de 32.568.424,74 euros. Trátase dun orzamento que segue a mesma liña de orzamentos de anos anteriores, onde se blindan áreas como a educación, os servizos sociais e os servizos básicos.
A Corporación municipal aprobou de xeito inicial o orzamento municipal de Ames para o exercicio 2024, nunha sesión plenaria extraordinaria que se desenvolveu este xoves, 22 de febreiro. Agora, dende a súa publicación no BOP, o documento orzamentario estará en exposición pública durante 15 días hábiles. Trátase do oitavo orzamento que se aproba de xeito consecutivo dende o ano 2017. O orzamento xeral de 2024 ascende á cifra de 32.568.424,74 euros. Trátase dun orzamento que segue a mesma liña de orzamentos de anos anteriores, onde se blindan áreas como a educación, os servizos sociais e os servizos básicos. A principal área de gasto pasa a ser educación co 22,30% do total do orzamento. Esta área medra respecto a 2023 un 3,56%. A segunda área con maior gasto é benestar comunitario co 16,80%, e na terceira posición está servizos sociais e promoción social, que representa o 9,80% do orzamento total. Premendo nesta ligazón podes ver o vídeo do pleno extraordinario sobre o orzamento de 2024.
O salón de plenos da Casa do Concello acolleu esta mañá o acto de sinatura do acordo entre o goberno local (PSdeG - PSOE) e o grupo municipal do BNG para a aprobación do novo orzamento para o exercicio 2024, que foi presentado o pasado luns 19 de febreiro. Dito acordo asínase despois de varias xuntanzas levadas a cabo entre ambos grupos políticos e da análise das necesidades económicas e sociais do concello de Ames. Estes orzamentos debateranse en pleno extraordinario o vindeiro xoves, 22 de febreiro. O grupo municipal do BNG facilitará a aprobación do orzamento de 2024 cun voto de abstención. O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Ames.
Esta mañá o Goberno municipal presentou o novo orzamento para o exercicio 2024, que ascende á cifra de 32.568.424,74 euros. Trátase do oitavo orzamento que se presenta de xeito consecutivo dende o ano 2017. Segundo o Goberno local trátase dun orzamento que segue a mesma liña de orzamentos de anos anteriores, onde se blindan áreas como a educación, os servizos sociais e os servizos básicos. A principal área de gasto pasa a ser educación co 22,30% do total do orzamento. Esta área medra respecto a 2023 un 3,56%. A segunda área con maior gasto é benestar comunitario co 16,80%, e na terceira posición está servizos sociais e promoción social, que representa o 9,80% do orzamento total. O pasado venres, 16 de febreiro, celebrouse a Comisión Informativa de Economía e Facenda e Especial de Contas e este xoves, 22 de febreiro, haberá un pleno extraordinario para debater e aprobar de xeito inicial, se procede, dito orzamento.
A Concellaría de Economía e Facenda vén de publicar o Calendario Fiscal de 2023 e de actualizar na web municipal a información tributaria recollida na súa páxina de transparencia, que inclúe información sobre a calendarización dos pagos de impostos, taxas e prezos públicos, así como as medidas de flexibilización e fraccionamento dos impostos municipais, incluíndo como novidade o acceso á información sobre as distintas bonificacións e execcións recollidas nas ordenanzas do Concello de Ames para os distintos impostos, taxas e prezos públicos.
Esta mañá o Goberno municipal presentou o novo orzamento para o exercicio 2023, que ascende á cifra de 29.725.000 euros. Trátase do sétimo orzamento que se presenta de xeito consecutivo e nesta ocasión antes de comezar o ano 2023. Segundo o Goberno local trátase dun orzamento que medra e se consolida reforzando os servizos, blindando as áreas de servizos básicos, educativos e sociais, e ampliando o crédito en todas as áreas de gasto. A principal área de gasto segue a ser Servizos Básicos con 6.047.000 euros (20,34%), seguida de educación con 5.569.000 euros (18,74%) e servizos sociais e promoción social cun crédito asignado de 3.137.000 euros (10,55%). O pasado venres, 16 de decembro, celebrouse a Comisión Informativa de Economía e Facenda e Especial de Contas e este mércores, 21 de decembro, haberá un pleno extraordinario para debater e aprobar de xeito inicial, se procede, dito orzamento.
O pasado mércores, 27 de xullo, ás 13:00 horas, celebrouse a convocatoria extraordinaria da Comisión informativa permanente de Economía e Facenda e Especial de Contas co único punto de “Exame e informe da Conta Xeral 2021”, na que se ditaminou favorablemente a Conta Xeral 2021. O Concello de Ames pechou o exercicio 2021 cun resultado orzamentario axustado de 1.750.000 euros e un remanente de tesourería de 9.366.000 euros, acadando unhas cifras de execución máximas no tocante aos gastos de 27.039.000 euros de obrigas recoñecidas, na que destaca unha cifra de execución de investimentos (capítulo 6) do Concello por importe de 3.245.000 euros e unhas cifras de ingresos que acadaron os 28.355.000 euros.
A Concellaría de Economía e Facenda vén de publicar o Calendario Fiscal 2022 e de actualizar na Web municipal os datos das medidas de flexibilización e fraccionamento de impostos municipais. A veciñanza amesá poderá acollerse as medidas de flexibilización de impostos, que inclúen o sistema especial de pagamento voluntario dos recibos en dous prazos, sen xuros, ademais do Plan de Pago individualizado de impostos en 10 mensualidades para os impostos municipais xestionados pola Deputación da Coruña (IBI, IAE, vehículos, vaos e terrazas). Neste senso, recórdase que xa se pode solicitar o pagamento voluntario en dous prazos para o IBI, o IAE e os tributos de vaos e terrazas. Para obter máis información pódese contactar ao enderezo atencion.tributaria@dacoruna.gal, ou ben chamar ao número de teléfono gratuíto 900 132 204. Preme aquí para consultar a información tributaria do Concello de Ames.
A Corporación municipal aprobou de xeito inicial o orzamento municipal de Ames para o exercicio 2022, nunha sesión plenaria extraordinaria que se desenvolveu este mércores, 9 de marzo. Agora, dende a súa publicación no BOP, o documento orzamentario estará en exposición pública durante 15 días hábiles. É o sexto orzamento consecutivo que aproba a Corporación municipal do Concello de Ames dende abril de 2017. O orzamento de 2022 ascende á cifra de 28.707.012 euros. Trátase dun orzamento no que se aposta polos servizos básicos que segue a ser á area de maior gasto con 6.335.568,54 euros (22,07%), seguida de educación con 5.242.367,79 euros (18,26%) e servizos sociais e promoción social cun crédito asignado de 2.556.653,37 euros (9%).
Esta mañá o Goberno municipal presentou o novo orzamento para o exercicio 2022, que ascende á cifra de 28.707.012 euros, continuando un ano máis co compromiso no investimento e desenvolvemento de programas municipais, así como co reforzo e ampliación dos distintos servizos prestados pola Administración local. Trátase dun orzamento no que se aposta polos servizos básicos que segue a ser á area de maior gasto con 6.335.568,54 euros (22,07%), seguida de educación con 5.242.367,79 euros (18,26%) e servizos sociais e promoción social cun crédito asignado de 2.556.653,37 euros (9%). Este venres, 4 de marzo, celebrarase a Comisión Informativa de Economía e Facenda e Especial de Contas. O obxectivo é debater a aprobación de dito orzamento nun pleno extraordinario o día 9 de marzo. É o sexto orzamento consecutivo que aprobará, se procede, a Corporación municipal do Concello de Ames dende abril de 2017. Para ampliar información sobre o orzamento de 2022 pódese acceder a esta presentación.
- 1 de 6
- siguiente ›